Profesionalidade
15/04/2015
Academia A Mariña, centro acreditado no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar, recibiu con data de 8 de abril deste ano a resolución de autorización para a impartición de accións formativas non financiadas por fondos públicos, conducentes a obtención de certificados de profesionalidade.
Segundo explica o director do centro, Ramón Hermida, “coa mirada posta no mercado laboral e valorando que, a partir do día 31 de decembro de 2015, será obrigatorio estar acreditado na cualificación profesional de “Atención Sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais”, para poder traballar nestes organismos, Academia A Mariña oferta 3 certificados baixo a denominación referenciada, para ser impartidos en meses...
leer más