O Concello de Cervo prepara xunto á Federación Galega de Atletismo e Xunta de Galicia o I Desafío Concello de Cervo para o vindeiro día 14 de agosto, mércores.
A Federación Galega de Atletismo anuncia que “desde as 17.00 e ata 20:00 horas poderemos disfrutar dunha gran xornada atlética, na que entre outras estrelas xa ten confirmada a súa asistencia Adrián Ben. As inscricións serán de balde e realizaranse a través da web https://sdp.rfea.es/ ata o venres 9 de agosto ás 22:00 horas. Poderán participar atletas con licenza federativa en vigor na data de celebración da proba. Non se establecerá limitación no número de participantes, agás que así o estime a organización da proba, sendo tódalas probas absolutas. Nas probas Elite só poderán participar atletas con licenza Nacional en vigor. A organización realizará una selección de atletas por marcas en ditas probas”.