O Concello de Cervo abriu a piscina de Río Cobo este luns, 22 de xullo, e a instalación permanecerá aberta de luns a domingo, en horario de 15:00 a 21:00 horas, ata o día 31 de agosto.
Coa apertura da piscina de Río Cobo, o Concello de Cervo “incrementa a súa oferta de ocio nesta tempada estival con múltiples alternativas para desfrutar de Cervo e de todo canto pode ofrecer á veciñanza e ás persoas que nos visiten”.