Proxecto

Etiquetas:
09/06/2023

O Concello de Ribadeo, a través do obradoiro de emprego Vilas Coidadoras, e particularmente a especialidade de Dinamización, Programación e Desenvolvemento de Accións Culturais, vai poñer en marcha nas próximas semanas un proxecto solidario co obxectivo principal de tecer redes sociais coas persoas maiores da residencia municipal a través da lectura. 

O concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, explicou que “buscamos voluntarios de 16 anos en diante  que queiran participar neste proxecto que se realizará todos os días da semana de 17:00 a 19:30 horas, podendo elixir eles o tempo e os días que queiran dedicar a esta actividade”. 

O edil ribadense contou que “desde o obradoiro xestionarase e coordinarase ao grupo de voluntarios que dará aos usuarios deste centro un servizo de lectura distinto e máis...

leer más