Barreiros
Desde o Concello indican que “todas as previsións quedaron curtas e o voso interese pola ruta xeolóxica deste sábado obríganos a organizar outra na vindeira fin de semana”.
E lembran que “o día 30 de marzo abriuse o prazo para a inscrición na actividade deste sábado e antes das 10.00 da mañá xa estaban cubertas as prazas comezando a haber lista de agarda, a cal ao longo destes días se foi incrementando”.
A nova ruta será o 11 de abril “co fin de darlles a posibilidade ás persoas que forman parte da elevada lista de agarda que temos para a deste fin de semana de coñecer este interesante tramo do noso litoral dende a perspectiva xeolóxica. En caso de cancelacións contactarase, por orde de inscrición, coas persoas que non obtiveron praza en ningunha das dúas rutas”.
Desde o Concello barreirense subliñan...
A Asociación de Hostelería de Barreiros acaba de editar un folleto turístico en formatos papel e dixital para promover os atractivos turísticos do municipio e do entorno.
Trátase dunha publicación de catro corpos, plegable que presenta Barreiros como destino turístico -dentro do xeodestino A Mariña Lucense- comunicando os valores que o diferencian, como a súa historia, a súa costa paradisíaca ou un interior rico e diverso atravesado polo Camiño de Santiago do Norte e con espazos tan emblemáticos dentro de A Mariña, como son a Fervenza do Santo Estevo do Ermo, o círculo lítico A Roda ou o monte Comado.
O ano pasado, a asociación elaborou tamén un cartel en cartón pluma que permitía acceder -a través de códigos QR- ás webs dos establecementos asociados e a outros elementos de interese como ás páxinas de reservas da...
leer másA Área de Turismo do Concello de Barreiros deseñou un novo percorrido turístico-cultural autoguiado pola parroquia de San Cosme chamado “O Barreiros dos nosos antergos”, en castelán “El Barreiros de antaño”.
Durante este percorrido, deseñado a modo de visita guiada, expoñerase o vínculo entre o patrimonio etnográfico máis propio de Galicia e o posterior legado daqueles que emprenderon a aventura de facer as Américas. Compleméntase con descricións audio guiadas e relatos sobre a nosa historia.
Como puntos de interese inclúe casas indianas, patrimonio etnográfico, capelas e casas labregas. Sae da Oficina de Turismo e percorre os núcleos de San Cosme, Vilar, Áspera, Viladaíde, San Bartolo e Remior; retornando de novo a San Cosme.
Conta cunha lonxitude aproximada de 10Km e pódese facer a pé...
leer másO vindeiro sábado, 3 de abril, ás 16.00 horas dará comezoa ruta xeolóxica polas praias do Concello, entre Fontela-Balea e Arealonga, que organiza o Concello. Terá unha duración aproximada de 3 horas (sen contar o regreso). Estará guiada polo xeólogo Francisco Canosa.
As prazas serán limitadas.Imprescindible inscrición previa enviando un correo electrónico a turismo@concellodebarreiros.gal con: nome, apelidos e DNI de tódolos participantes xunto co teléfono de contacto e o concello de procedencia.
O prazo de inscrición remata o día 2 de abril ás 14.00 horas. Esta é unha actividade gratuíta
A realización da actividade e/ou o número final de participantes queda supeditada ás condicións meteorolóxicas e ás correspondentes actualizacións...
leer másDesde o venres, 26 de marzo, ao 3 de a abrila Oficina de Turismo estará aberta en horario de maña é tarde no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro.
Apostando polo potencial turístico co que conta o Concello de Barreiros, no mes de xaneiro formalizouse a contratación dunha nova técnica de Turismo que está a traballar na actualización e elaboración de material así como dando apoio á hostalaría e comercio local para adecuar os espazos á normativa Covid.
O horario de atención ao público en Semana Santa será desde o 26 de marzo ata o 3 de abril:
Mañás: de 10.00h a 13.30h.
Tardes: de 16.00h a 19.00h.
Domingo 28 e luns 29 pechada.
Pódese contactar coa técnica de turismo no correo turismo@concellodebarreiros.gal, no...
leer másLa Asociación Mar e Monte de Barreiros organiza mañana sábado, 13 de marzo, un roteiro a la Fonte da Formosiña.
La salida será a las 10:00 horas del Café Bar Moderno, de San Cosme. Se trata de una ruta circular, apta para todos los públicos, de 9 kilómetros aproximadamente. Habrá una comida opcional en el Restaurante Xoiña, de Foz.
Las personas interesadas pueden ponerse en contacto a través del correo electrónico barreirosmaremonte@gmail.com, el facebook de la asociación o el whatsapp 622 758 079.
La organización señala que las rutas circulares Recorriendo Barreiros son una buena oportunidad para conocer o redescubrir el municipio. Todos los sábados se harán etapas de unos 8 o 10 kilómetros. Serán un total de 10 o 12 jornadas, dependiendo...
leer másO Concello de Barreiros programa a actuación de Caxoto Contacontos, dentro de Educando en Familia, para este sábado, 13 de marzo, ás 18:30 horas, no centro sociocultural de San Cosme.
Para anotarse, por control de aforo, hai que chamar ao 982 124 002, ata este venres en horario de 9:30 a 14:30 horas. Asignarase un número que se corresponderá co asento a ocupar no salón de actos. A organización lembra que é obrigatorio o uso de máscara. Dispoñerase de xel hidroalcohólico e manteranse as distancias de seguridade.
Barreiros acollerá no primeiro fin de semana de maio a terceira edición do Campus TrinatExperience, que incluirá un acuatlón, rutas en bicicleta e a actividade estrela denominada Triatlón de Barreiros.
O Campus, organizado polo Club Trinat e apoiado desde o Concello de Barreiros incluirá ademais outras actividades complementarias que se presentan como unha oportunidade para a promoción da zona, como a práctica de surf, sendeirismo ou actividades que poderán estar abertas á poboación en xeral.
Na presentación do evento -na que participaron a alcaldesa, Ana Ermida; o concelleiro de Dinamización, Dani García; a técnica deportiva, Lara Martínez e o coordinador do Campus, Raúl Pérez- destacouse o carácter diferenciador desta actividade, xa que se presenta “como unha oportunidade para calquera persoa de adentrarse na...
leer másO Concello de Barreiros editou un calendario de 2021, que está dedicado ao Entroido. Os veciñ@s poden recoller o seu exemplar nas oficinas municipais.
Desde o Concello explican que “no 25 aniversario dos nosos xigantes e cabezudos quixemos que o protagonismo do 2021 fora para o Entroido. Porque si, temos a seguridade de que, igual non no ano que entra, pero volveremos celebrar o Entroido e as rúas volverán á vida. E mentres tanto poderemos deleitarnos lembrando aquelas celebracións”.
Xa está aquí, MaisKmsBarreiros, un evento deportivo virtual que se celebrará entre os días 21 e 31 de decembro e que vai sacar o maior potencial solidario das persoas nestes tempos de pandemia tan difíciles que estamos a vivir.
Como? O evento reta a todas as persoas inscritas a percorrer un total de 6000kms (entre todas as persoas que participen) camiñando, correndo ou andando en bicicleta, destinando a recadación íntegra das súas inscricións a prol das necesidades de emerxencia social da poboación do Concello de Barreiros (alimentación, roupeiro,material escolar, etc).
E ademais, se o reto se conseguise, no sorteo que se realizará ao final do evento entregaranse cheques regalos cun valor total de 3000 euros que destinará o Concello de Barreiros, para comprar ou consumir nos establecementos locais asociados a esta...
leer más