O desfile contará con novidades xa que cambia o percorrido, comezando na praza do Concello ás 21 horas e finalizando no Centro Social, con 3 puntos de exhibición marcados pola organización. Repartiranse 1000 euros en premios entre as distintas categorías.
Actividades infantís previas ó desfile
Os máis pequenos gozarán de dúas actividades. O domingo 27 a festa infantil de disfraces no pavillón municipal no que participaran animando a festa Os Macanudos, Habelas Hainas e os xigantes e cabezudos, para os que será a primeira saída despois da súa restauración nos pasados meses. O luns 28 será a quenda do obradoiro de máscaras para o cal será preciso anotarse previamente.
Os cabezudos, protagonistas con novas caras.
Na mañá do domingo 27 será a presentación da restauración dos xigantes e cabezudos na que estará presente, entre outros o artista encargado da restauración, Kukas Monicreques, e que será o pistoletazo de saída para os distintos eventos do entroido nos que serán protagonistas.
A programación:
Domingo 27
- Presentación restauración Xigantes e Cabezudos
Praza do Concello (12 horas)
- Festa infantil de disfraces
Pavillón municipal (18 horas)
Amenizada por: Macanudos, Habelas Hainas e os xigantes e cabezudos
Luns 28
- Obradoiro de máscaras de entroido
Centro sociocultural (10:30 horas)
Venres 4
- Desfile
Saída praza do concello (21 horas)
A información das actividades así como para inscricións estará dispoñible nos vindeiros días na web municipal www.concellodebarreiros.gal