Barreiros

Etiquetas:
24/08/2021

Volta o Cine na Rúa coa película "Eroski Paraíso" que se proxectará en Vilamar este sábado, 28 de agosto, ás 22:00 horas.

Sinopse: Eroski Paraíso é unha comedia documental que explora a memoria colectiva, a deriva vital e a transformación das relacións dentro dunha pequena comunidade, a partir de historias reais recollidas sobre a sala de festas O Paraíso, que funcionou en Muros, un pequeño pobo da costa galega, entre 1972 e 1990, e que ao cabo dos anos foi convertida nun supermercado Eroski. Un feito que, cambiando os nomes, repetiuse en infinidade de lugares de toda España, onde os cines, salas de festas e outros espazos de socialización fóronse transformando en espazos de consumo. Unha metáfora viva da transformación social ocorrida nos últimos 35 anos.

A proxección será no Campo da Festa de Vilamar ás dez da...

leer más
Etiquetas:
17/08/2021

Este domingo, 22 de agosto, chega a Barreiros o VIII Festival Bal y Gay co concerto do grupo Hércules Brass Quinteto de metais.

Hércules Brass Quinteto de metais nace na Coruña no ano 2012 e está formado por novos profesionais de vento metal cunha longa experiencia tocando xuntos, principalmente na Orquestra Nova da Sinfónica de Galicia e na Joven Orquesta Nacional de España (JONDE).

A cita será o domingo, 22 de agosto, na Capela de San Bartolo ás 13 horas. Entrada libre ata completar aforo.

A actividade desenvolverase atendendo ás medidas sanitarias, polo que as persoas que asistan deben facelo exclusivamente polo lugar habilitado, previa identificación e permanecer nos asentos asignados. Non estará permitido o consumo de comida ou bebida no recinto. Uso obrigatorio de máscara durante...

leer más
Etiquetas:
12/08/2021

O cine volve a Barreiros e desta vez faino con unha película para público familiar. “Peter Rabbit chega este sábado para facernos pasar un serán do máis divertido”, sinalan desde o Concello. Será no Canteiro en Benquerencia ás dez da noite

A actividade desenvolverase atendendo ás medidas sanitarias, polo que as persoas que asistan deben facelo exclusivamente polo lugar habilitado, previa identificación e permanecer nos asentos asignados. 

Non estará permitido o consumo de comida ou bebida no recinto. Uso obrigatorio de máscara durante toda a proxección.

 

Etiquetas:
23/07/2021

O concelleiro de dinamización, Dani García, e a concelleira de educación e igualdade, Montse Porteiro, presentaron o Barreiros ConVidate que achegará música e cine a distintos puntos do concello durante os meses de xullo e agosto. 

“As actividades están pensadas para realizar ao aire libre e encher as prazas e os espazos públicos das distintas parroquias de cultura, achegando así a música e o cine aos distintos puntos do municipio e contribuíndo a que as persoas se despracen e coñezan Barreiros, ao tempo que se fomentan as relacións sociais”; explicou Dani García. 

O edil explica que tamén se programarán outras actividades, fóra deste programa que achegarán máis espectáculos a outras parroquias e lugares que poidan non estar incluídas nesta ocasión. 

A programación comeza este mesmo...

leer más
Etiquetas:
17/07/2021

O Programa de Emprego para as Persoas Mozas Vencellos da Memoria, que se está a desenvolver nos concellos de Ribadeo e Barreiros -unha operación cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Social Europeo (FSE)- inaugurou este venres a exposición Viaxe no Tempo na praza do Concello de Barreiros. Colabora a Vicepresidencia da Deputación de Lugo a través da Rede Museística Provincial de Lugo.

Viaxe no Tempo foi deseñado, creado e organizado pola especialidade de Produción Fotográfica do Programa de Emprego para as Persoas Mozas Vencellos da Memoria que está composta por: Joaquín Dorado, Lucía Expósito, Cristina García, Sara García, Cristian Prado, Araceli Rasilla, Noemí Rubio e Mónica Santos.

A inauguración contou coa presenza da xerente da Rede Museística Provincial de Lugo (Vicepresidencia da Deputación de...

leer más
Etiquetas:
01/07/2021

Barreiros pon en marcha un novo punto de información turística situado na Praia de Coto.
Estará aberto durante xullo e agosto en horario de 17.30h a 20.00h de martes a venres e os sábados de 11.00h a 13.30h e de 17.30h a 20.00h. 

A oficina de turismo do Centro Sociocultural seguirá prestando servizo de martes a venres polas mañás, de 11.00h a 13.30h. 

Deste xeito, o Concello pretende achegar este servizo aos usuarios/as que acoden a Barreiros principalmente para gozar do litoral, polo que a actual oficina, situada en San Cosme, lles queda un pouco a desmán. 

As súas extensas praias de area branca e fina son o seu principal recurso turístico, mais Barreiros conta con outros atractivos tanto de carácter natural coma cultural, polo que esta Oficina de Turismo contribuirá a divulgar a...

leer más
Etiquetas:
28/06/2021

O Concello de Barreiros anuncia que, ademais dos roteiros en kaiak recentemente anunciados, tamén organizará rutas ambientais guiadas a pé por un tramo da marxe da Ría do Masma. Serán os días 16 e 30 de xullo e 13 e 27 de agosto. 

Serán gratuítas para os/as participantes e discorrerán polo trazado do Camiño Natural do Cantábrico dende a praia de Altar ata a ponte do tren situada pouco despois da Lagoa dos Patos completando unha distancia aproximada de 8 quilómetros (ida e volta) a realizar nunhas tres horas.

Durante o percorrido, acompañado por un/unha guía especializado/a, poñerase o foco na importancia deste ecosistema cunha ampla diversidade de tipos de hábitats e de especies de flora e fauna propios destes humidais. Tendo en conta que esta ría constitúe un dos puntos estratéxicos de Galicia para a observación...

leer más
Etiquetas:
24/06/2021

A Área de Turismo do Concello de Barreiros organiza para este verán varios roteiros guiados en kaiak pola Ría do Masma con saída dende o embarcadoiro da praia de A Anguieira.

Trátase dunha opción diferente para gozar da tempada estival nunha contorna natural privilexiada, a ría do Masma. Un espazo natural protexido catalogado como Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA) e Zona de Especial Conservación (ZEC).

Actividades coma esta, non só constitúen unha fantástica alternativa para pasar un intre divertido e facer exercicio ao aire libre coa familia e os amigos/as, senón que tamén permiten aprender sobre os valores ambientais da ría, descubrir os seus recunchos e mesmo observar as diferentes especies de aves que teñen aquí o seu hábitat.

Nestas travesías percorrerase o litoral da...

leer más
Etiquetas:
18/06/2021

A oferta deportiva no Concello de Barreiros incrementase nos meses de xullo e agosto con máis de 100 prazas para diversas actividades como Ioga, Zumba e Jumping Fitness, tanto para mocidade (de 13 a 17 anos) como para xente adulta (maiores de 18) na que será, segundo Dani García, concelleiro de deportes,“o punto de saída cara a vindeira programación anual de actividades deportivas para todas as idades”.

As actividades terán lugar no pavillón municipal de San Cosme e estarán impartidas por Lorena Díaz e Noemí Ramajo. Terán un prezo de 15 euros ó mes cada unha delas. “Apostamos así por actividades mais novidosas como o jumping fitness, no cal se utilizan camas elásticas para realizar distintas coreografías mediante saltos, e tamén, por actividades máis coñecidas como son zumba e ioga. Todas elas se adaptarán ás distintas idades e cabe a...

leer más
12/06/2021

O Concello de Barreiros organiza campamentos de verán para nenos e nenas durante os meses de xullo e agosto.

Os organizadores explican que “estes campamentos de verán ofrecen unha diversidade de actividades educativas e lúdico-deportivas que farán que os participantes gocen dunhas mañás moi entretidas e divertidas: talleres de música, robótica, xogos tradicionais e populares, gymkanas, xornada de reciclaxe, xogos cooperativos e con paracaídas, olimpíadas deportivas, xogos de pistas e busca, experimentos científicos, etcétera. Está dirixido a persoas nadas entre 2009 e 2017, inclusive, e desenvolverase do 5 de xullo ao 27 de agosto de luns a venres de 9:30 a 13:30 horas. A sede é o Pavillón Polideportivo Municipal de Barreiros.

O prazo de preinscrición está aberto ata o 15 de xuño e todos os trámites poden...

leer más