Barreiros
O Concello de Barreiros remata este domingo, 24 de outubro, a súa programación cultural BarreirosConvídate que levou diferentes actuacións ás distintas parroquias do concello.
Este domingo Ubú Teatro Infantil presentará O vixiante dos soños. Será no centro sociocultural de San Cosme ás 12:30 horas.
Esta actuación inclúese no programa Miúdos Seráns da Deputación Provincial de Lugo.
A Praza do Concello de Barreiros, en San Cosme, acollerá un magosto popular este sábado, 23 de outubro, a partir das 20:00 horas.
Haberá castañas, chourizo e torrezmos, viño, cervexa e refrescos. E actuará o cuarteto de música tradicional Illa Pancha, de Ribadeo.
Este evento está organizado pola Asociación Cultural Irmandade Augas Santas coa colaboración do Concello de Barreiros e da Área de Cultura da Deputación de Lugo.
O vindeiro martes, 19 de outubro, a Aecc Lugo (Asociación Española Contra o Cancro) e o
Concello de Barreiros organizan unha charla sobre a vulnerabilidade en pacientes con cancro de mama.
Será de 11 a 12 da mañá no centro sociocultural de San Cosme.
A xornada é aberta para que asista o público en xeral.
O Concello de Barreiros programa unha representación teatral para este domingo, 17 de outubro, coa obra Gloria Nacional de Teatro do Noroeste. Será nos colexios vellos de San Miguel ás 19:00 horas.
Escrita e dirixida por Eduardo Alonso conta cun reparto integrado por Miguel Pernas, Luma Gómez e Manuel Varela. Conta a historia dun escultor e pintor duns 60 anos, considerado polos seus contemporáneos unha auténtica gloria nacional, que ven de recibir o encargo do goberno de crear unha escultura monumental que se colocará na praza principal da capital, ademais aparecen en escena a muller da limpeza e a ministra de cultura. O encontro das tres mentalidades xeran nesta obra unha comedia de profundo contido social.
A representación está incluída no programa de dinamización lingüística FalaRedes e conta coa colaboración...
leer másA compañía Talía Teatro presenta o seu espectáculo titulado Pelos na lingua este domingo, 10 de outubro, ás 19:00 horas no centro sociocultural de San Cosme de Barreiros.
Esta comedia, para público a partir de 12 anos, é un divertido espectáculo que fala en clave positiva da situación crítica que está vivir a lingua galega. O director da obra é Avelino González e o elenco está formado por Toño Casais, María Ordóñez e Artur Trillo.
Talía Teatro explica que “Pelos na lingua vai destinado a todo o mundo (e non esaxeramos), independentemente da súa posición respecto á lingua: aos galego falantes, aos que non o son, aos que queren selo pero non se atreven, aos que si queren selo e tomaron esa determinación, aos que non o falan porque non o saben falar ben, aos que lles dá igual que se fale ou non, aos que pensan que o...
leer másO Concello de Barreiros programa actuacións musicais e espectáculos infantís para esta fin de semana.
O sábado, 2 de outubro, actuará o Cuarteto Illa Pancha, que ás 12:30 horas ofrecerá un pasacalle por San Miguel.
O domingo, 3 de outubro, ás 12:30 horas no centro sociocultural de San Cosme, estarán Pakolas e Laura Romero co espectáculo infantil Ti debuxas, eu c@anto, enmarcado no programa Ler conta moito da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.
A sétima edición da carreira ½ Km Vertical Monte Comado disputarase o día 16 de outubro, sábado, a partir das 16:30 horas.
Este evento deportivo está organizado pola ACD Praias de Comado e conta coa colaboración da Peña Barcelonista San Miguel o Concello de Barreiros e a Agrupación de Protección Civil de Barreiros.
Establécense as seguintes categorías masculinas e femininas:
-Sénior: Persoas nacidas dende 2006 a 1981, ambos anos incluídos.
-Veterana/o: Persoas nacidas en 1980 ou antes.
A saída será dende a praia de Arealonga (Santiago de Reinante) ás 16:30 horas. Haberá un camiño sinalizado para a volta ó lugar de saída. E a meta estará situada no cumio do Monte Comado, en Reinante (Barreiros). A distancia total é de 4.100 metros aproximadamente, salvando un desnivel de 490...
leer másA Asociación Os Sendeiros de Foz organiza a XXXIII Marcha de Montañeiros Veteranos de Galicia que se celebrará o 17 de outubro en Barreiros, despois de ser suspendida a que estaba prevista para setembro.
A saída será ás 9:15 horas de Ferreira e ás 9:30 h. de Foz.
O último día para anotarse é o 14 de outubro e poderase facer nos teléfonos 606 718 482 e 670 369 017 ou no e-mail ossendeiros@yahoo.es. O prezo é 21 euros para os socios federados e inclúe o xantar.
A organización recomenda levar equipo de sendeirismo e máscara e informa que a ruta ten un nivel de dificultade medio.
Colaboran na organización deste evento: Concello de Foz, Deputación de Lugo-Área de Deportes, Deporte Galego Federación Galega de Montañeiros. ...
leer másCo fin de continuar na senda de ofertar actividades deportivas a nenos/as e adultos para potenciar os hábitos de vida saudables e activos, o Concello de Barreiros ven de organizar unha serie de actividades encadradas dentro das Escolas Deportivas Municipais para este período 2021-2022.
ACTIVIDADES PARA MENORES
- Escola Multideporte (xogos motores, iniciación no atletismo, baloncesto e bádminton)
- Natación Escolar
- Fútbol Sala Base
- Surf
ACTIVIDADES PARA MAIORES (+16 ANOS)
- Ximnasia de Mantemento
- Ioga suave
- Ioga
- Jumping
- Zumba
O prazo para preinscribirse en calquera das actividades atópase aberto ata o 6 de outubro (inclusive)
As persoas interesadas poden consultar toda a información así como a descarga de solicitudes...
leer másEste domingo, 19 de setembro, terá lugar unha xornada lúdico-deportiva para celebrar o Día da Bicicleta, unha actividade que serve para reivindicar o uso da bicicleta como medio de transporte saudable e sostible así como para fomentar o deporte en familia segundo salientan desde a concellería de deportes.
A saída da ruta, que está prevista para as 17:00 horas, terá lugar desde a pista deportiva situada na zona da praia de Altar, percorrerá a zona costeira do municipio ata completar unha distancia de 7km aproximadamente e será unha marcha neutralizada, NON competitiva. Trátase de pedalear todas e todos xuntos desfrutando da tarde.
Ao remate da ruta haberá xogos lúdicos e cada participante, co seu número de dorsal, entrará no sorteo dunha bicicleta e varios agasallos máis.
As inscricións...
leer más