Barreiros
Desde o Concello explican que “este ano por mor da pandemia que estamos a sufrir, debemos mudar a programación que víñamos facendo arredor do Samaín e que contribuía a conciliación familiar. Para non perder a vinculación con esta festividade, desde o Concello de Barreiros propoñemos un Samaín participativo desde os fogares e con dúas modalidades: decoración e relato”.
MODALIDADE DECORACIÓN.
OBXECTO: decora cabazas, espazos, comidas, xardíns… con temática de medo ou referente ao Samaín. Fomenta a túa creatividade!
CATEGORÍAS:
- De 3 a 6 anos.
- De 7 a 11 anos.
PRESENTACIÓN: enviar foto da decoración realizada por whatsapp ao número 666-87-59-46 desde o 15 de outubro ata o 29 de outubro do 2020; acompañando texto con título, nome e apelidos, teléfono de contacto e idade.
DETALLE: 1 por categoría para a...
O Concello de Barreiros, en colaboración con AECC AMariña, organiza dous actos ó redor do Día Mundial do Cancro de Mama.
O próximo 19 de outubro é o Día Mundial do Cancro de Mama e a Concellería de Servizos Sociais, coa idea de axudar a mellorar a concienciación e dar visibilidade a este tumor maligno que afecta maioritariamente a poboación feminina, organiza unha andaina saudable de 5 km e unha charla-coloquio.
A andaina “Primeira ruta saudable”, terá lugar o mesmo 19 de outubro. Con saída e chegada nas escolas de Celeiro de Mariñaos, discorrerá a carón do Río Masma e terá unha distancia aproximada de 5km.
A charla-coloquio “Coidando ao coidador – De carballo a xunco” está programada para o 27 de outubro no centro sociocultural. Nela intervirán os relatores de AECC A Mariña, Andrea...
leer másO Concello de Barreiros organiza en outubro o Mes das Letras coa obra de Carvalho Calero como fío condutor, o escritor ao que se homenaxea este ano polas Letras Galegas.
O domingo, 4 de outubro, ás 12:00 horas no centro sociocultural haberá bibliodiscoteca con María Faltri Picadiscos.
O domingo 11 ás 19:00 horas no centro sociocultural terá lugar un festival de maxia cos magos Owy, Martín Camiña e Manuel Lamas.
O domingo 18 ás 12:00 horas no centro sociocultural desenvolverase a actividade infantil Aquelando as nosas letras, a cargo de A Run Run.
O sábado 24 de outubro na Biblioteca Municipal celebrarase o Dia da Biblioteca coa presentación do libro de H.M. Rabunhal titulado Ricardo Carvalho Calero. O anxo da terra.
O domingo 25 ás 12:00...
leer másO Concello de Barreiros pon en marcha unha variada oferta de actividades, dirixidas a todas as idades, e que se desenvolverán durante os meses de agosto e setembro.
Baixo o título de Barreiros Convídate, a programación ofrecerá este sábado, 15 de agosto, dentro do VII Festival Bal y Gay, a actuación do Quinteto Invento que presentará Pedro e o lobo ás 12:00 horas na praza do Concello.
O domingo 16 ás 13:30 horas na Praza do Souto, en San Miguel, haberá unha actuación de DK Band. O sábado 22 ás 20:30 horas en Celeiro de Mariñaos actuará Tumba e Dalle; o domingo 23 ás 20:30 horas, en San Bartolo, ofrecerá un concerto a Banda de Música de Foz; e o luns 24 ás 19:30 horas na Praza do Concello Charo Pita presentará A familia papaventos.
O 26 de agosto ás 22:00 horas, en San Xusto, haberá unha...
leer másO Concello de Barreiros pon en marcha un curso a distancia de debuxo e pintura dirixido ás nenas e nenos, mais tamén para persoas adultas, que será impartido polo acuarelista leonés Juan Ramón Alves.
A iniciativa partiu do propio artista, que ten vivenda en Barreiros, e que xa no verán pasado mostrara a súa obra no centro sociocultural barreirense. A proposta foi moi ben acollida polo executivo local, ao tratarse "dunha iniciativa de aprendizaxe e entretemento que nos fai chegar unha persoa con un alto coñecemento da técnica e que se presta a compartilo gratuitamente co conxunto da veciñanza."
"É un luxo poder contar coa colaboración totalmente desinteresada dunha persoa do nivel de Juan Ramón Alves para achegar as técnicas de debuxo e pintura ás veciñas e veciños", sinala a alcaldesa. Para Ana Ermida, este tipo...
leer másDesde a asociación sinalan: as persoas que formamos parte da asociación de Hostelería de Barreiros quixemos lanzar unha mensaxe de ánimo e esperanza á veciñanza e amizade, nestes momentos tan incertos. Compartímolo nas nosas redes onde está a ter moi boa acollida”.
https://www.facebook.com/1343620929116272/posts/2001634879981537/?vh=e&d=n
O Concello de Barreiros organiza un programa de actividades de Entroido que darán comezo o domingo, 23 de febreiro, cunha festa de disfraces e os días 24 e 26 con obradoiros, dentro do GastroEntroido infantil.
A festa do día 23 terá lugar no centro sociocultural a partir das 18:00 horas. Haberá un concurso de repostería de Entroido e a recollida de doces farase ata as 18:30 horas, un desfile de disfraces infantil, a actuación O Capitán Garfo: cociñando música, entrega de premios aos mellores disfraces e degustación dos doces presentados a concurso.
O día 24 no CEIP San Cosme de Barreiros de 10:00 a 13:00 horas haberá o obradoiro Cociñando o Entroido con confección de disfraces de reciclaxe. Será necesaria a inscrición previa e o número de prazas é limitado.
O día 26 de 10:00 a 13:00...
leer másA Asociación Cultural Irmandade Santo Estevo, de Barreiros, e Mariña Patrimonio, en colaboración co Concello de Barreiros e a Área de Cultura da Deputación de Lugo, organizan o próximo venres, 14 de febreiro, a conferencia “Santo Estevo do Ermo. Unha xeografía mítica e sagrada”.
A charla será impartida polo antropólogo Rafael Quintiá e terá lugar ás 20.00 horas no Centro Social de San Cosme de Barreiros.
O CF Celta e Os Macanudos de Barreiros organizan a III edición da Festa do Cocido, que se celebrará este domingo, 2 de febreiro, ás 14:00 horas no polideportivo de San Cosme.
O menú estará composto de sopa de cocido, cocido, postre, viño, auga, refrescos, pan, café e chupito. O prezo será 20 euros para os adultos e 12€ para os nen@s (ata 10 anos).
O xantar será servido polo catering Chao dos Navais.
A venda de tíckets é na cafetería do centro social e Bar Miranda. As persoas interesadas poden facer as reservas nos números de teléfono 659 392 666 e 609 575 536 ata o 28 de xaneiro.
Haberá sorteo de regalos e o baile estará amenizado polo Dúo Estrellas.
O Concello de Barreiros colabora coa organización deste evento.
O Seminario de Estudos Os Espigueiros organiza un parladoiro sobre Barriga Verde este sábado, 25 de xaneiro, ás 16:30 horas, nos Colexios Vellos de San Miguel.
O parladoiro sobre este personaxe moi querido pola cultura galega correrá a cargo da actriz Comba Campoi.