Barreiros
Trátase do segundo mercadiño estacional que lle da continuidade ao Mercadiño no Nadal celebrado o pasado 11 de decembro.
será na Praza do Concello. O horario de apertura será de 11 da mañá a 8 da tarde.
Desde a organización indican que “neste mercadiño poderás atopar produtos de calidade e proximidade en máis de 20 postos que encherán a praza de vida. Durante estas semanas iremos contándovos quen nos vai acompañar nesta ocasión”.
E engaden que “para comezar, deixamos a info sobre as actuacións, financiadas con fondos propios e pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, que amenizarán este evento: ás 12:00 actuación do grupo folclórico local O Arco da Vella, ás 13:00 actuación de The Lioness Treasure Band (versións), degustación de cerveza artesá Augas Santas Brew e ás 18:00 horas...
leer másA exposición ‘Chicas nuevas 24 horas’, que poderá visitarse en Barreiros desde o día 12 ao 25 de abril no centro sociocultural de San Cosme, engloba tamén a proxección do mesmo documental de MabelLozano para o día 23 de abril ás 18:30h.
Este proxecto está impulsado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia e se enmarca no conxunto de accións promovidas pola Rede de entidades locais contra a violencia de xénero en colaboración coa Federación Galega de Municipios e Provincias no que se visibiliza a problemática da trata de persoas con fins de explotación sexual, un tema moi relevante na sociedade actual.
A proposta está integrada por diferentes fotografías e a proxección do documental Chicas nuevas 24 horas. Durante a mesma, daranse a coñecer testemuñas de mulleres e nenas de España,...
leer másO vindeiro luns, 10 de abril, terá lugar a Romaría de Santo Estevo do Ermo, que organiza a asociación cultural Camiñantes e Camiños de Barreiros coa colaboración de Barreiros Mar e Monte e o CF Celta.
As actividades programadas darán comezo ás 10:30 horas cunha ruta polo entorno de Santo Estevo. Á unha do mediodía haberá unha misa cantada e procesión. Para as dúas da tarde está previsto o xantar e a partir das 17:00 horas haberá xogos.
O presidente de Camiñantes e Camiños, José Manuel Gómez Puente, anima “a veciñanza a participar nesta xornada na honra de San Estevo do Ermo na que combinaremos a andaina, o xantar de confraternidade e os xogos co aspecto relixioso, xa que estamos a falar do Luns de Pascua”.
Membros da entidade organizadora, a Asociación Deportivo Cultural Praias de Comado, xunto co concelleiro de Dinamización, Dani García, presentaron no Concello de Barreiros a Carreira Popular das Praias.
O evento deportivo, que vai pola súa IX edición, comezará ás 11:00h coas carreiras infantís na praia de Altar e, a mesma hora, terá lugar a saída da andaina dende a praia de Arealonga a cal percorrerá pola area mollada todo o litoral barreirense.
Ás 12:00 horas, tamén desde a praia de Arealonga, darase a saída da carreira absoluta na cal as e os participantes deberán salvar unha distancia de 9 km de area mollada e paseo marítimo ata chegar a praia de Altar onde estará situada a meta.
A Carreira popular das praias está incluída no circuíto de carreiras populares +KmBarreiros, organizado...
leer másO Concello de Barreiros, a través do obradoiro de emprego que está a levar a cabo xunto co Concello de Ribadeo, inicia a campaña de recollida de libros usados cos que se dotarán as dúas bibliotecas rurais en cuxa posta en marcha xa traballan. A campaña promociónase baixo os lemas “NON DEIXES MORRER OS TEUS LIBROS. Dálles unha segunda vida. Dóaos!”
Os libros poderán ser entregados no espazo habilitado nas oficinas municipais ou ben na biblioteca municipal no seu horario de apertura e deberán estar en boas condicións de conservación, non atoparse rotos, sucios, danados ou con anotacións. Tamén se recollerán documentos audiovisuais en formatos CD ou DVD.
O prazo para facer estas doazóns rematará o 31 de xullo, xa que con posterioridade á doazón, o material debe ser catalogado polo persoal do obradoiro, xunto ás...
leer másA asociación cultural de sendeirismo Camiñantes e Camiños de Barreiros organiza o vindeiro 12 de marzo un Domingo de Ruta e Cocido. Será por Negueira de Muñiz.
O presidente do colectivo, José Manuel Gómez Puente, explica que “sairemos ás oito da mañá de Barreiros, a carón do centro de saúde. Cando cheguemos a Negueira de Muñiz visitaremos a partir das dez da mañá o encoro e despois faremos unha pola zona ata o miradoiro que está situado na cola do encoro. E remataremos a xornada cun xantar no restaurante Vizcaín, alí en Negueira de Muñiz”.
Gómez Puente indica que “o menú consistirá en sopa, cocido tradicional, bodega, postre e café. O prezo para os socios será de 40 euros e para os non socios de 45 euros”.
E engade: “agardamos disfrutar dun bo domingo, en plena natureza na montaña de...
leer másO Concello de Barreiros encherá de cor as árbores e demais mobiliario urbano da súa praza para conmemorar o 8 de marzo, día internacional das mulleres.
A iniciativa promovida desde a administración local consistirá en “ vestir” unha das árbores situada na Praza do Concello e parte dos enseres urbanos con pezas tecidas principalmente polas mulleres barreirenses que, de xeito interxeracional, colaborarán entre si para lograr o obxectivo común de embelecer e humanizar os espazos públicos.
A concelleira de igualdade, Montse Porteiro, explica que “esta actividades está enmarcada dentro do programa + Igualdade Barreiros e pretende facer das nosas prazas e espazos públicos lugares máis cálidos e acolledores, enchelos de vida e ao mesmo tempo conmemorar este día poñendo no centro ás mulleres.” Segundo explica...
leer másA Feira de San Rosendo, enSan Miguel de Reinante, no Concello de Barreiros, celebrarase os vindeiros 4 e 5 de marzo.
As actividades arredor desta feira de gando, que viña celebrándose un día, alónganse durante a fin de semana co impulso da comisión organizadora, que conta co apoio do Concello de Barreiros e da área de Medio Rural da Deputación de Lugo.
Así, a tradicional feira de gando e artesanía, o domingo a partir das 9.30 horas na Praza de San Miguel, refórzase cunha axenda lúdica que comeza o sábado, con sesión vermú, un aberto de billarda e verbena, e continúa o mesmo día da feira con varias actividades paralelas como un concurso morfolóxico cabalar de Pura Raza Galega, unha carreira de andadura de cabalo marchador galego nas categorías serrada e chapeada e unha ximkana de xogos ecuestres.
... leer másO Concello de Barreiros, a través do seu programa +Igualdade Barreiros organiza a segunda edición doa Escola de Familias baixo o lema “ Educa,acompaña e alenta”. Estes obradoiros queren dar continuidade ao traballo comezado o pasado ano coas familias e que foi enormemente útil e satisfactorio para elas.
A Escola de Familias é un proxecto educativo baseado na Disciplina Positiva e que se centra na idea de formar ás familias e docentes para educar mellor ás crianzas, apostando por un trato respectuoso e amable pero evitando a permisividade.
A Concelleira de Igualdade, Montse Porteiro,explica que nesta segunda edición dos obradoiros poderán participar tamén as crianzas das familias inscritas de xeito que , por unha banda tentaremos introducir métodos vivenciais para que as familias entren no mundo das e dos nenos...
leer másO Concello de Barreiros organiza para este Entroido unha semana de actividades para todas as idades. Na presente edición colaborarán co Concello na organización a comisión de festas do San Bartolo e as comparsas Os Macanudos e Habelas Hainas recuperando a cea e a festa no pavillón municipal, que fora adiada por mor da pandemia os anos anteriores.
No desfile, que terá lugar na noite do 24 de febreiro, repartiranse 1000 euros en premios entre as distintas categorías do desfile que serán entregados durante a festa posterior no pavillón.
Actividades infantís previas ao desfile
As crianzas poderán gozar neta ocasión de dúas actividades diferentes. O domingo 19, ás 18h, será a festa infantil de disfraces no centro social con xogos, música e a visita dos cabezudos. O mércores 22 será a quenda...
leer más