Revilla

31/01/2025

O Centro de Iniciativas Turísticas (CIT) da Pontenova anuncia que Miguel Ángel Revilla será o pregoeiro da Festa da Troita da Pontenova 2025, evento que se celebra o día 1 de maio, xoves.

O CIT explica que Miguel Ángel Revilla “naceu en Salceda, no concello de Poblaciones (Cantabria). É pescador, economista, profesor e escritor. Foi Presidente de Cantabria. O seu carácter afable e sincero levouno a ser todo un personaxe mediático en España. Ademais ten vínculos familiares na Pontenova. Será todo un acontecemento telo como pregoeiro e imporáselle a Troita de Ouro da festa”.