Barreiros
Da man do xeólogo Francisco Canosa os asistentes realizarán de maneira didáctica, un paseo polo litoral entre furnas, pregues, intrusións de rochas magmáticas e mesmo restos fósiles que non os deixarán indiferentes.
O percorrido dará comezo na praia de Arealonga e rematerá na de Fontela-Valea, a duración será de 3,5 horas e a distancia lineal de 3,5 quilómetros (NON inclúe regreso ao punto de partida). A dificultade é moderada.
Desde a organización recomendan levar roupa e calzado cómodos (calzado deportivo ou de trekking) e adaptados ás condicións meteorolóxicas, protección solar, auga, algo para picar (froita, froitos secos, etc), mascarilla, xel hidroalcohólico.
Nota: camiñarase sobre area e zonas rochosas.
As persoas interesadas poden atopar máis...
leer másA asociación Camiñantes e Camiños, de Barreiros, organiza a Romaría de Santo Estevo do Ermo, que terá lugar este sábado, 2 de xullo.
O presidente do colectivo, José Manuel Gómez Puente, explica que “a Romaría de Santo Estevo do Ermo é unha tradición de moitos anos que os veciños e veciñas de Barreiros teñen moi presente e despois da pandemia, de dous anos sen haber festa, neste 2022 a Asociación Cultural de Sedeirismo de Barreiros xunto co equipo de fútbol Celta Barreiros e coa colaboración de Barreiros Mar e Monte organizamos e propoñemos un sábado cheo de actividades. Por exemplo, ás 10:00 da mañá imos facer unha ruta a pé dende a praza do Concello ata a Capela de Santo Estevo do Ermo. Aos participantes imos entregarlles gorras e pañoletas”.
Sobre o programa Gómez Puente conta que “haberá misa cantada polo...
leer másA asociación Camiñantes e Camiños, de Barreiros, rematou a súa peregrinación a Santiago por etapas semanais a través do Camiño Inglés.
O presidente do colectivo, José Manuel Gómez Puente, contou que “cincuenta e dous veciños da Mariña, a maioría do concello de Barreiros, pero tamén de Foz, Ribadeo e Trabada rematamos a peregrinación a Santiago de Compostela. Neste 2022 realizamos o Camiño Inglés a pe dende Ferrol, 113 quilómetros divididos en sete etapas de 17 quilómetros cada unha”.
Gómez Puente subliñou que “foron etapas moi intensas e como mariñáns, o mar danos vida, e durante as primeiras etapas: Ferrol, Neda, Pontedeume, Betanzos… fomos a carón do mar cargando as pilas polo que pasamos de facer os 17 quilómetros previstos nestas tres primeiras etapas a facer 20 das tres seguintes para así realizar a última...
leer másA asociación Camiñantes e Camiños, de Barreiros, rematará o vindeiro sábado, 11 de xuño, a súa peregrinación a Santiago por etapas semanais a través do Camiño Inglés.
A pasada fin de semana realizaron a penúltima, que foi a comprendida entre A Rúa e Sionlla de Arriba. O presidente do colectivo, José Manuel Gómez Puente, explicou que “foi unha etapa de 22 quilómetros e onde puidemos comprobar que cada vez estamos máis preparados fisicamente e coa ilusión de chegar a Santiago de Compostela”.
O vindeiro sábado, 11 de xuño, rematará esta peregrinación a través do Camiño Inglés: “faremos a última etapa ata Santiago, que ten un percorrido de 8 quilómetros. E entraremos na Catedral pola Porta Santa e asistiremos á misa do peregrino. Agardamos que poida asistir todo o grupo e así culminar como se merece esta...
leer másEsta mañá tivo lugar no Concello de Barreiros a presentación do “Campus de Verán Fundación Celta by Cabreiroá 2022”. Ao acto acudiron a alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida; o concelleiro de dinamización e participación veciñal, Daniel García; o director da Fundación Celta de Vigo, Germán Arteta e membros das directivas dos equipos locais que colaboran co evento cedendo as súas instalacións.
O campus está dirixido a crianzas de 4 a 16 anos do municipio ou de fóra del que poderán mellorar a súa formación futbolísticas empregando metodoloxías lúdico-educativas de adestramento da canteira do RC Celta. Todo acompañado de aprendizaxes referentes á educación integral, aos valores de compañeirismo e superación.
O campus chega a Barreiros na semana do 1 ao 5 de agosto. Do 1 ao 3 no campo de As Valgas e do 4 ao 5 no campo O...
leer másA asociación Camiñantes e Camiños, de Barreiros, realizou o pasado sábado a cuarta etapa do Camiño Inglés entre Betanzos e Santo Tomé de Vilacoba.
O presidente do colectivo, José Manuel Gómez Puente, explicou que “foi unha etapa intensa de subidas que grazas a unha climatoloxía benigna, boa temperatura e o ceo nubrado fixo que non fose tan dura como a anterior. Todos chegamos ao final da etapa, onde destacamos a hospitalidade do restaurante Casa Julia, A Pequeniña, que ao chegar nos ofreceron filloas como aperitivo”. E engadiu que “como en todas as etapas anteriores reina a solidariedade e o compañeirismo entre os participantes”.
A vindeira etapa terá lugar o 28 de maio. Os peregrinos percorrerán o treito comprendido entre Santo Tomé de Vilacoba e A Rúa.
A asociación Camiñantes e Camiños, de Barreiros, realizou onte a terceira etapa do Camiño Inglés. 46 persoas percorreron o treito comprendido entre Pontedeume e Betanzos.
O presidente do colectivo, José Manuel Gómez Puente, explicou que “foi unha etapa dura, de subidas e baixadas, e longa, de 19 quilómetros, polo que chegamos cansados. Pasamos por zonas moi boscosas con subidas importantes. Saímos de Pontedeume e chegamos a Betanzos, onde acabamos a xornada cunha comida no restaurante El Arrozal, que estivo moi ben. Tivemos bo tempo porque foi un día de sol”.
E engadiu que “participamos 46 peregrinos da Mariña, sobre todo de Barreiros, Ribadeo, Trabada e Foz. Nesta etapa recibimos a visita da xefa de área provincial de Turismo en Lugo, Paloma Vázquez, que é desa zona, concretamente de Cabanas, xa que grazas a ela...
leer másNo día de hoxe tivo lugar a presentación da Aula Mentor de Barreiros.Un proxecto acadado mediante o convenio que o Concello de Barreiros subscribiu co Ministerio de Educación e Formación Profesional para o desenvolvemento de formación aberta, denominado “Aula Mentor”.
No acto estiveron presentes a subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, a alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, e os concelleiros Carmen Veiga e Antonio Veiga. Tamén contouse coa presencia de Manuel Pérez, empregado municipal, que actuará como responsable do proxecto da Aula Mentor en Barreiros.
Aula Mentor é un programa educativo flexible a través de internet co obxectivo de promover ofertas de aprendizaxe que permitan a adquisición de unidades competencia, e no seu caso, as correspondentes cualificacións profesionais para favorecer o acceso o...
leer másLa asociación cultural de sendeirismo Camiñantes e Camiños, de Barreiros, realiza el Camino Inglés en 7 etapas. Alrededor de 50 personas se dan cita en esta iniciativa, que su directiva ha decidido retomar después de dos años de parón, originado por la pandemia del covid. El próximo sábado, 14 de mayo, harán la etapa comprendida entre Pontedeume y Betanzos.
El presidente del colectivo, José Manuel Gómez Puente, explica que “son 7 etapas de 17 kilómetros cada una y ya empezamos; hicimos dos: el 9 de abril la comprendida entre Ferrol y Neda y el 15 de abril Neda-Pontedeume. Nos quedan cinco etapas más. La próxima será este sábado, 14 de mayo, para continuar todos los sábados siguientes hasta el 11 de junio. La hora de salida desde Barreiros es a la 7 y media de la mañana en autobús hasta el lugar de inicio de la etapa que corresponda....
leer másO Concello de Barreiros vén de presentar o obradoiro “Escola de Familias”, un espazo no que se impartirá formación baseada na coeducación e a disciplina positiva, para familias con crianzas de cero a doce anos. Está formación participativaencádrase no programa desenvolto pola área de Igualdade +Igualdade Barreiros e pretende dotar ás familias de ferramentas para educar en igualdade, dun xeito positivo e baseado no respecto mutuo.
“Trátase de dotar ás familias de Barreiros dun instrumento para a educación das crianzas que permita o coñecemento das distintas etapas evolutivas e do desenvolvemento cerebral e emocional, fomentando a empatía”, explica a concelleira de Educación e Igualdade, Montse Porteiro. “Deste xeito, poñemos a disposición das familias formación que cada vez conta con máis demanda, no obxectivo de formar persoas adultas...
leer más