Barreiros
Integrantes do colectivo organizador, ACD Praias de Comado, xunto con Daniel García, concelleiro responsable da área de Dinamización e Participación Veciñal, e Manuel Otero, xefe do Servizo Provincial de Deportes da Xunta de Galicia, presentaron as carreiras e andaina Monte Comado 2022 que terán lugar este sábado 15 e domingo 16 de outubro no municipio barreirense.
A cita deportiva comezará o sábado 15 coa saída da andaina ás 15:15 h. desde a praia de Arealonga (Santiago de Reinante).
Ás 16:30 h. darase a saída da carreira “½ km vertical” dende o mesmo lugar, a praia de Arealonga, e na que os participantes ascenderán ao cumio do monte Comado en apenas 4 km superando desniveis que roldan o 40% nos puntos máis abruptos do percorrido.
Na mesma tarde do sábado, ás 17:30 h. terán lugar as...
leer másO Concello de Barreiros vén de instalar dúas plataformas-miradoiro ao carón da ría de Foz-Masma.
Segundo o Alcalde en funcións, Antonio Veiga, “estas infraestruturas atópanse nos lugares coñecidos como A Barcela e Pallares, localizacións desde as cales se obteñen unhas fermosas vistas deste espazo natural protexido e de gran beleza paisaxística”.
A Ría de Foz-Masma forma parte da Rede Natura 2000 baixo as figuras de protección ambiental “Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA)” e “Zona de Especial Conservación (ZEC)”. Así, xunto coa Zona de Especial Conservación As Catedrais, ambos recursos están integrados nesta rede europea de espazos protexidos, considerada un importante instrumento para fomentar a conservación e posta en valor da biodiversidade.
Segundo o Concelleiro de...
leer másAs Escolas Deportivas Municipais de Barreiros ofertan actividades para todas as idades a partir de 4 anos. Comezarán o 10 de outubro e o prazo para inscribirse remata o día 3 dese mes.
Para persoas de 4 a 15 anos de idade as actividades ofertadas son multixogos, atletismo, patinaxe, natación escolar, fútbol sala e surf. E para os maiores de 16 anos hai ioga, cardio hitt, zumba, ximnasia de mantemento e espalda saudable.
As actividades darán comezo o 10 de outubro do 2022 e rematarán o 31 de maio do 2023, agás a actividade de surf para menores que acabará en xuño do 2023.
O Concello de Barreiros organiza unha xornada para dar a coñecer a cultura urbana aberta á mocidade e a poboación en xeral.Esta cita, novidosa en Barreiros, terá lugar na Praza do Souto, en San Miguel de Reinante, o vindeiro venres día 2 de setembro.
Ás 17 h. dará comezo o obradoiro de Parkour que contará con cubos de distintas alturas, traveseiros unindo os mesmos, pirámides, barras e diferentes obxectos para conformar un parque de Parkour totalmente estable,antiesvaramentos e con cantos redondeados para unha maior seguridade. A mocidade que desexe iniciarse nesta disciplina ou simplemente sinta curiosidade pola mesma, estará acompañada coa música do Dj Ze Pequeno, especialista nos ritmos máis globais mesturados coa electrónica.
Xa ás 20 horas, ao rematar o taller de parkour, seguirá a festa con Mr. Fishman, Dj...
leer másBarreiros volve celebrar as Festas do San Bartolo, despois de dous anos de parón debido ao covid19. As festas son o 23 e 24 de agosto.
Hoxe, día 23, comezará as 20:30 horas cunha churrascada popular, coa ración a 12€ e música a cargo de Blanco y Negro, que repetirá na verbena xunto coa orquesta canaria Furia Joven.
Xa o 24, o Día de San Bartolo, terá lugar ás 13:00 horas a misa solemne e procesión na honra de San Bartolo. A continuación, sesión vermú a cargo do Dúo Belinda, que tamén actuará as 22:30 horas na verbena, xunto co grupo Beatriz. O peche da festa farase con un DJ convidado.
O vindeiro domingo, 14 de agosto, celebrarase a IV Festa do Ovo Frito, co obxectivo de recadar fondos para o Celta Barreiros. Será a partir das 19:30 horas no campo de fútbol do Cascabeiro, onde haberá cea e verbena.
O presidente do Celta Barreiros, José Manuel García Cela, explica a celebración: “levamos varios anos facéndoa, esta é a cuarta edición porque estivo suspendida dous anos pola pandemia que houbo, entón este ano retomámola outra vez. Consiste en recadar algún fondo para o equipo de fútbol, que se necesita todo porque hai moitos equipos, hai pouca afección e as televisións levaron a toda a xente que viña ao fútbol polas tardes”.
O prezo da cea é de 10 euros, con venta anticipada os tíckets poden adquirirse a 8 euros no centro social de Barreiros ou contactando cos membros da organización. García Cela...
leer másOs días 19 e 20 de agosto celebrarase en Celeiro de Mariñaos o San Caetano, organizado pola asociación Irmandade San Caetano e coa colaboración do Concello de Barreiros, Medio Rural da Deputación de Lugo, Gadis e Cenor Belianorte.
Haberá a XXV Festa da Tortilla e diversas actuacións musicais e lúdicas por parte de Os Lambós, grupo folclórico; Tumba e Dálle, música tradicional; Verónica Cambón, artista rockeira folclórica;, Louband, charanga; Guillermo Solo, malabarista internacional; e José Anido con música de sempre.
O Festival do Emigrante, que se celebrará este sábado, chega á súa XXXIX edición, despois de dous anos nos que non se puido celebrar pola situación sanitaria.
Nesta ocasión, a cita folclórica organizada pola Agrupación Folclórica O Arco da Vella e o Concello de Barreiros, contará con grupos chegados de Georgia e México. A cita terá lugar a partir das 22 horas, no pavillón do CEIP de San Miguel, a onde se decidiu trasladar debido á inestabilidade meteorolóxica. Alí actuarán “The Ensemble University Fliying Georgians” e a “Compañía de Danza Folclórica Tierras Mexicanas”, xunto coa agrupación local O Arco da Vella.
O presidente da agrupación folclórica, Enrique Penabad, sinala que esta é “a cita máis importante do ano para quen compoñen a agrupación, pola visibilidade internacional e porque é un momento de emoción...
leer másAriadna Rocha, a asociación cultural de sendeirismo Camiñantes e Camiños de Barreiros e o Centro de Instrucción y Recreo de Benquerencia organizan durante o mes de agosto un taller de lingua de signos e comunidade xorda de nivel A1-A2. Dará comezo o día 2 e será impartido por Ariadna Rocha Fernández no Canteiro, en Benquerencia.
O obradoiro será de luns a xoves das 19:00 a 20:30 horas. Ariadna Rocha explica que “eu estudei en Madrid lingua de signo e comunidade xorda, e falando con José Manuel Gómez Puente das necesidades de accesibilidade en todos os ámbitos, do esquecida que está a comunidade xorda por aquí, xurdiu a idea de facer este curso, aínda que sexa de iniciación, para non solo aprender a lingua senón entender a comunidade, entender as necesidades das persoas xordas e entrar un pouco neste mundo tan bonito”.
... leer más