Barreiros
O Concello de Barreiros, a través do seu programa +Igualdade Barreiros organiza a segunda edición doa Escola de Familias baixo o lema “ Educa,acompaña e alenta”. Estes obradoiros queren dar continuidade ao traballo comezado o pasado ano coas familias e que foi enormemente útil e satisfactorio para elas.
A Escola de Familias é un proxecto educativo baseado na Disciplina Positiva e que se centra na idea de formar ás familias e docentes para educar mellor ás crianzas, apostando por un trato respectuoso e amable pero evitando a permisividade.
A Concelleira de Igualdade, Montse Porteiro,explica que nesta segunda edición dos obradoiros poderán participar tamén as crianzas das familias inscritas de xeito que , por unha banda tentaremos introducir métodos vivenciais para que as familias entren no mundo das e dos nenos...
leer másO Concello de Barreiros organiza para este Entroido unha semana de actividades para todas as idades. Na presente edición colaborarán co Concello na organización a comisión de festas do San Bartolo e as comparsas Os Macanudos e Habelas Hainas recuperando a cea e a festa no pavillón municipal, que fora adiada por mor da pandemia os anos anteriores.
No desfile, que terá lugar na noite do 24 de febreiro, repartiranse 1000 euros en premios entre as distintas categorías do desfile que serán entregados durante a festa posterior no pavillón.
Actividades infantís previas ao desfile
As crianzas poderán gozar neta ocasión de dúas actividades diferentes. O domingo 19, ás 18h, será a festa infantil de disfraces no centro social con xogos, música e a visita dos cabezudos. O mércores 22 será a quenda...
leer másA inicitiva terá lugar entre os días 14 e 19 de febreiro en bares, restaurantes e aloxamentos da asociación de Hostelería de Barreiros.
Febreiro é o mes do amor, ou polo menos así o marca o calendario anual. O mes comeza co casamento dos paxariños pola Candeloria e segue co tan tradicional San Valentín cada 14 deste mes, unha data sinalada no almanaque social e ocasión na que moitas persoas demostran o amor a quen os acompaña.
E é aproveitando esta celebración do amor na que parte da hostelería barreirense ven de idear unha iniciativa na que o agasallo o poñen os mesmos locais. Un detalle que non é elixido de maneira casual senón que representa moi ben o bo augurio entre outros, no amor. O famoso “bítere”, tan propio de praias barreirenses, engarzado de maneira artesanal e formando así un colgante será a “xoia...
leer másA parroquia de Santiago de Reinante, no municipio de Barreiros, celebra a súa Festa do Cocido o día 11 de febreiro, sábado, a partir das 14:00 horas. Está organizado pola Asociación Benéfico Cultural Hijos de San Miguel y Reinante.
Será nos locais das antigas escolas de Santiago de Reinante e o menú é o seguinte: aperitivos de benvida, codio galego, postre, café e chupito. A continuación haberá baile.
O prezo por persoa é de 20 euros e para asistir hai que anotarse a través do teléfono 679.055.148 ou comunicándollo a calquera membro da xunta directiva da asociación organizadora ata o 8 de febreiro.
Os organizadores do evento din: “se queres disfrutar deste manxar da gastronomía galega e pasar unha boa tarde non o dubides, anótate xa”.
A asociación cultural de sendeirismo Camiñantes e Camiños, de Barreiros, organiza a Ruta de San Sebastián, que terá lugar o vindeiro sábado, 21 de xaneiro. Colaboran a asociación cultural A Parrala e Barreiros Mar e Monte.
O presidente de Camiñantes e Camiños, José Manuel Gómez Puente, explica que “sairemos ás dez da mañá desde o campo da festa da Rilleira para percorrer 8 quilómetros polo Val de Cabarcos. Imos visitar a casa do antigo Concello, as ruínas da cárcere e a casa da notaría de San Xiao de Cabarcos e tamén a capela de San Sebastián da Rilleira. Queremos aproveitar esta ruta para coñecer un pouco máis da cultura do noso municipio”.
Gómez Puente sinala que “para as doce e media está previsto o remate da ruta a carón da Capela de San Sebastián, onde ofrecermos un pincheo aos asistentes. E despois á unha e...
leer másA XI Festa dos Callos, que terá lugar en Vilamar o 14 de xaneiro, está organizada pola comisión de festas de Vilamar, que conta coa colaboración da Xunta de Galicia, da Deputación de Lugo e do Concello de Barreiros.
O evento será no campo da festa nun local pechado, que contará con calefacción. O menú consistirá en callos, costela asada con pementos e patacas, postre, viños, auga, refrescos, café e chupito. O prezo é de 28 euros por persoa. As nenas e os nenos de 6 a 12 anos pagarán 14 euros. A data límite para anotarse é o 10 de xaneiro.
A festa estará amenizada polo dúa Somos Latinos e pola discomóvil Onda Norte.
O 11 de decembro celebrarase en Barreiros o Mercadiño de Nadal. Será na praza do Concello (en caso de mal tempo, trasladarase ao pavillón)
O horario de apertura será de 11 da mañá a 8 da tarde.
Dámoslle así a benvida a este tempo de alegría, familia e consumo. Haberá produtos de calidade e de proximidade. Tamén haberá actuacións musicais con Condensadores de Fluzo ás 12:30 horas e con Vida tola de Pajarito ás seis da tarde para o público infantil. Ambas son financiadas pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
A cuarta edición de A Mariña en Ruta, iniciativa da Mancomunidade, rematará o vindeiro sábado, 26 de novembro, en Barreiros.
Sofía López será a encargada de guiar a andaina denominada A vida aos pés da ría de Foz-Masma. Os asistentes realizarán un percorrido circular que os achegará a un espazo de grande beleza paisaxística como un sistema dunar, a propia ría e a súa biodiversidade, o patrimonio etnográfico e a micro toponimia da contorna.
Por Foz discorreu a ruta do pasado sábado, día 19. Os participantes puideron ver moitas aves como silbón europeo, negrón común, garza real, espátula común, mazarico real, correlimos común, correlimos gordo, chorlitejo grande, aguilucho lagunero, etc. Axudados por prismáticos e por unha guía ilustrada de aves foron moitas as curiosidades consultadas sobre a migración destas...
leer másA asociación cultural de sendeirismo Camiñantes e Camiños de Barreiros organiza o vindeiro sábado, 12 de novembro, unha ruta a San Andrés de Teixido.
O presidente do colectivo, José Manuel Gómez Puente, explica que “a ruta desenvolverase entre Cabo Ortegal e o santuario de San Andrés de Teixido. Son un total de 16 quilómetros”.
Gómez Puente sinala que “para os que imos facer a ruta a pé a saída desde Cabo Ortegal será ás sete da mañá. E para os que vaian pasear será a partires das nove. Xa á unha do mediodía asistiremos á misa no santuario e ás tres teremos xantar nun restaurante da zona”.
E engadiu que “o prezo da viaxe é de 10 euros e o da comida de 15 euros. A hora prevista de chegada a Barreiros será ás sete da tarde”.
O presidente de Camiñantes e Camiños de...
leer másO Concello de Barreiros, desde a área de Educación Familiar do Departamento de Servizos Sociais e en colaboración coa Concellería de Participación e Dinamización Veciñal organiza o programa #BarreirosActivaMente. Este programa atende ás necesidades das persoas maiores para manter unha mente activa, estimulada e entretida.
Barreiros ActivaMente está destinado a persoas maiores de 65 anos, xubiladas maiores de 60 anos ou con discapacidade; que se consideren idóneas para participar nos mesmos.
As actividades levaranse a cabo en 4 lugares do concello e terán unha duración dunha hora semanal e unha taxa única de 10€/ano.
Para inscribirse, as persoas interesadas deben presentar no Concello de Barreiros o anexo de pre-inscrición que se pode descargar desde a seguinte ligazón...
leer más