Barreiros
A presentación da novena edición da carreira 1/2 km Vertical Monte Comado foi realizada polos membros da Asociación Praias de Comado xunto con Daniel Gacía, concelleiro de dinamización e deputado provincial e Manuel Otero, delegado provincial de deportes da Xunta de Galicia.
Esta carreira, organizada conxuntamente por dita asociación máis o Concello de Barreiros está incluída no circuito +kmBarreiros, promovido polo Concello para promocionar todas as carreiras que se realizan no termo municipal, sendo esta a súa terceira proba da presente edición. A cita do vindeiro 22 de xullo, ademáis da Carreira 1/2 km vertical, contará con carreiras infantís e unha andaina.
A saída da carreira vertical será ás 11h dende a praia de Arealonga, tendo a meta situada no cumio de Monte Comado. En pouco máis de 3,5 kms os...
leer másA asociación Camiñantes e Camiños, de Barreiros, organiza un ano máis a Romaría de Santo Estevo do Ermo, que terá lugar este sábado, 1 de xullo.
O presidente do colectivo, José Manuel Gómez Puente, explica que “a Romaría de Santo Estevo do Ermo é unha tradición de moitos anos que os veciños e veciñas de Barreiros teñen moi presente e por iso desde a asociación Camiñantes e Camiños e Sanbet Agencia organizamos neste 2023 e propoñemos un sábado cheo de actividades”.
O programa deseñado para o 1 de xullo é o seguinte: “comezaremos cunha ruta de sendeirismo ás dez da mañá. Os participantes recibirán como agasallo un sombreiro. Á unha do mediodía teremos misa cantada polo Coro Airiños do Mar e logo procesión. Despois ás 13:30 horas actuación dos gaiteiros Souto Xímaro á que seguirá a sesión vermú as 14:00 horas con...
leer másUn verán máis, desde o Concello de Barreiros, poñen en marcha o programa #MoVernosNoVerán2023.
Trátase dun programa que conta con tres propostas distintas, pero combinables entre si e co que sumar actividade física entre a mocidade (maiores de 12 anos) e as persoas adultas.
Son: espalda saudable, que se impartirá os xoves ás oito e media da tarde nos colexios vellos de San Miguel; e os luns ás dez e media da mañá no centro sociocultural San Cosme; ximnasia de mantemento os mércores ás dez e media en San Miguel e os martes á mesma hora en San Cosme; e ioga os luns ás sete e media da tarde en San Miguel e os mércores ás oito e media da tarde en San Cosme.
O xeito para #anotarse vai ser de maneira presencial no Rexistro do Concello de Barreiros desde este luns,19 de xuño, (de 8:30 a 15:30...
leer másO Concello de Barreiros organiza os Campamentos de Verán para crianzas nadas entre o 1 de xaneiro de 2011 e o 31 de decembro de 2019. Desenvolveranse do 1 de xullo ao 31 de agosto, de 9:30 a 13:30 horas de luns a venres.
As actividades levaranse a cabo en quendas de quince días naturais. A primeira será do 1 ao 15 de xullo, seguida do 16 ao 31 de xullo, do 1 ao 15 de agosto e, finalmente do 16 ao 31 de agosto. Ademais, para facilitar a conciliación familiar, amplíase o horario de entrada de 9:00 a 9:30, para aquelas familias que o precisen antes do comezo oficial do campamento.
As persoas interesadas poden formalizar a inscrición xa a través da web municipal www.concellodebarreiros.gal e das redes sociais.
Nos campamentos haberá xogos,...
leer másDende Mariña Patrimonio explican: “viñemos organizando visitas nos últimos anos polos diferentes concellos da Mariña. Estas visitas permitíronnos coñecer un valioso patrimonio ao que sería máis difícil acceder sen este tipo de actividades. Unhas actividades que foron acollidas con interese durante todo este tempo por un bo número de persoas”.
E subliñan: “da Mariña só nos queda por achegarnos ao concello de Barreiros, co que pecharemos o ciclo das visitas que tiñamos previsto realizar. Debido a que se trata da última excursión desta serie, queriamos que fose algo especial. Por iso, pareceunos unha boa idea organizar esta visita para o 10 de xuño, data na que os nosos amigos e compañeiros da Irmandade Augas Santas Sto. Estevo do Ermo de Barreiros organizan o X Festival Augas Santas, coa súa festa gastronómica do porquiño ao espeto”.
... leer másDesde la Fundación Celta señalan que “a partir del lunes 26 de junio podrás disfrutar de una nueva edición de los Campus de verano Fundación Celta by Cabreiroá 2023 que, durante seis semanas sin interrupción, se llevarán a cabo por diferentes sedes repartidas por toda la geografía gallega”.
El club anima “a disfrutar de tu deporte favorito entrenando con los técnicos de la cantera del RC Celta, equipo de fútbol más representativo de nuestra comunidad y con una gran reputación en la formación de jóvenes jugadores tanto a nivel nacional como internacional.Esta eficaz formación futbolística irá acompañada de aprendizajes referentes a la educación integral y de un entorno de entrenamiento donde la diversión está asegurada”.
Los campus están destinados para niños y niñas de 4 a 16 años.
Las...
leer másA Concellería de Dinamización de Barreiros presentou a axenda cultural “Barreiros ConVídate”, que terá lugar nas distintas parroquias do municipio durante os meses de maio, xuño e xullo. Este programa ten como obxectivo achegar a cultura a todos os recunchos de Barreiros, ofrecendo unha variada selección de actividades para todos os públicos.
A programación dará comezo este domingo, 21 de maio co III Recital Poético Versos na Baixamar que terá lugar nas escolas de Reinante. Este evento marcará o inicio dunha serie de actividades culturais que se desenvolverán ao longo dos próximos meses nas que destacan, entre outras moitas, as sesións de cine con Matria, o monologuista Avelino González, música en vivo con Dani Royo e a actuación de Superheroe de Fran Rei.
O concelleiro de dinamización, Dani García, comenta que: "...
leer másTrátase dunha actividade guiada "De Cosme Barreiros a Salvador Lorenzana" na que se unen os concellos de Barreiros e Lourenzá. É unha ruta de 9 kms dende Vilamartín Grande ata Lourenzá polo Camiño Norte.
E haberá unha posterior visita guiada na Casa do Concello con Manuel Román Ramos e José Manuel García.
A ruta foi presentada polas alcaldesas, Rocío López e Ana Ermida, e por representantes da Mesa don Paco. Colabora a Deputación Provincial de Lugo.
Haberá servizo de autobús para as persoas inscritas desde Lourenzá (ida) e San Cosme de Barreiros (ida e volta)
Imprescindible inscrición previa ata o 4 de maio nos teléfonos: Barreiros (982.124.106) e Lourenzá (982.121.006 - 634.898.133).