Ficcionadas

05/04/2022

O Cenima acolleu esta mañá a presentación das dúas novas audioguías ficcionadas da Mancomunidade de Concellos da Mariña. Son as de Foz e Cervo, que se unen ás outras cinco xa estreadas hai tempo. No acto participaron o presidente desta entidade e alcalde focense, Fran Cajoto, o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, o concelleiro de Turismo de Cervo, David Rodríguez, e Xesús Ron, de Chévere Teatro, autor deste proxecto, que conta co financiamento da Deputación de Lugo e da Xunta de Galicia. 

As audioguías ficcionadas da Mariña Lucense son unha iniciativa – pioneira en España – que aposta por mellorar a experiencia viaxeira das persoas que nos visitan a través dun produto de calidade, personalizado e adaptado a cada municipio onde se desenvolven, que axudan a divulgar e poñer en valor a historia local entre os propios...

leer más
14/05/2018

A Mancomunidade de Municipios da Mariña presenta tres audioguías ficcionadas sobre os cascos históricos de Ribadeo, Mondoñedo e Viveiro. Presentan historias ligadas aos espazos polos que discorre cada paseo, que terán unha duración duns 45 minutos. Están protagonizadas polo grupo de teatro Chévere. A iniciativa lévase a cabo grazas ao convenio asinado coa Deputación de Lugo, e foi presentada este mediodía en Mondoñedo, pola tarde haberá un acto en Ribadeo ás 17:30 horas, e mañá farase a presentación ás 11:30 horas en Viveiro.

O presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña Mariña, Alfredo Llano, manifestou que “esta iniciativa, que foi tomada pola Mancomunidade, consiste basicamente en aportar un método diferenciado para atraer xente e facilitar á que veña aquí a que nos coñeza un pouco máis. Darlle información de primeira man dunha...

leer más