Barreiros
A Vicepresidencia da Deputación de Lugo dende a súa Área de Cultura, achega a Barreiros dúas sesións de cinema curto o vindeiro 27 de decembro.
Trátase de Nena, unha curtametraxe de Xosé Antonio Touriñán
Máis info: https://nena.gal/
E deA Rabia, curtametraxe de Alberto Díaz.
Máis info: https://www.aldiaz.es/piezas/a-rabia/
Proxectaranse as dúas curtametraxes lucenses seleccionadas e premiadas internacionalmente e logo, haberá coloquio coa presenza dalgún membro do equipo.
En Barrreiros as proxeccións serán o mércores, 27 de decembro, ás 20:30 horas no centro sociocultura de San Cosme. E no Valadouro o xoves, día 28, ás 19:00 horas na Casa da Cultura.
Barreiros recibirá a visita de Papá Noel este sábado, 23 de decembro, ás 19:00 horas.
“Achégate este sábado ás 19:00 horas ao centro sociocultural de San Cosme onde contaremos coa presenza de Papá Noel, que agardará a todas as crianzas que queiran darlle a súa carta e facer realidade os seus desexos”, anuncia o Concello de Barreiros.
Comeza o Circuíto +Kms Barreiros 2024 coa xa tradicional Carreira Solidaria de Reis, que se celebrará o día 7 de xaneiro, domingo, e este ano chega con novidades.
Aínda que a maior parte do percorrido se mantén, nesta edición farase no sentido contrario ás anteriores e a zona de saída e meta será nas inmediacións do Centro Sociocultural de San Cosme. Sen dúbida un novo reto para todas e todos, cunha carreira absoluta de 8 quilómetros que combina unha parte rápida de asfalto e un tramo do Camiño do Cantábrico cunhas vistas espectaculares.
Nesta edición a doazón solidaria, a prol da Asociación Saúde Mental A Mariña, será voluntaria e poderá seleccionarse no momento da inscrición.
Tamén chega con novidades a Andaina Solidaria de Reis, con novo percorrido e distancia: será de 9 quilómetros...
leer másO Concello de Barreiros oferta clases de baile dentro das súas actividades a partir de xaneiro. Realizaranse os mércores de 17 a 18 horas nos colexios vellos de San Miguel e de 19 a 20 horas no centro sociocultural de San Cosme.
As clases estarán orientadas á iniciación nos bailes de verbena, con modalidades como tango, bachata, salsa, vals, merengue, bolero, etcétera. Serán impartidas do 10 de xaneiro ao 26 de xuño de 2024 por María Dolores González Alves, profesional recoñecida con anos de experiencia no baile e a docencia. E terán un prezo por persoa de 25 euros o mes.
Toda persoa interesada deberá facer a inscrición nas oficinas do Concello de Barreiros ata completar prazas. A ficha para apuntarse pódese descargar desde a seguinte ligazón: https://bit.ly/4737dF5.
En Barreiros continúa o ciclo de teatro afeccionado coa representación de “Aire fresco” a cargo do grupo cervense Ardora Teatro.
Trátase dunha comedia apta para todos os públicos na que o seu autor, Francisco Piñeiro, trata de poñer o foco sobre os problemas comúns, que todos e todas temos na cotiandade, pero tenden a ser invisibilizados tras a crise provocada pola covid.
A representación terá lugar este sábado, 16 de decembro, ás 19.00 no centro sociocultural de San Cosme de Barreiros con entrada de balde ata completar aforo.
O ciclo de teatro está enmarcado no circuíto de teatro afeccionado, que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo puxo en marcha para manter o apoio ás artes escénicas así como ofrecer a asociacións e concellos a posibilidade de ampliar as súas axendas culturais.
O grupo de teatro Lume Escénico, da Pontenova, representará a obra titulada “Pontenova Fassion Wii” este domingo, 10 de decembro, ás 20:00 horas no centro sociocultural de San Cosme de Barreiros.
É unha comedia apta para todos os públicos, que está dentro do Circuíto de Teatro Afeccionado 2023 da Vicepresidencia da Deputación de Lugo (Área de Cultura).
A entrada será libre e de balde ata completar aforo.
O 16 de decembro, aproveitando o partido de liga, farase entrega do 4º Trofeo Feminino pola Igualdade, que o levará o equipo gañador do propio partido.
Fixeron a presentación de dito trofeo Ana Ermida, alcaldesa de Barreiros, Carmen Veiga, concelleira de Servizos Sociais, Manuel Otero, xefe do Servizo Deportes Xunta de Galicia, Jairo Campo, adestrador do Burela FS "B" e xogadoras e directiva do Praias de Barreiros.
Produtores e creadores locais e de proximidade daranse cita no Mercadiño no Nadal que está a organizar o Concello de Barreiros por segundo ano e que terá lugar o domingo 10 de decembro na Praza do Concello de 11 a 20 horas.
O Concello de Bareiros avanza: “nos vindeiros días irémosvos anunciado os postos que poderedes atopar así como algunha novidade que haberá este ano”.
O Concello de Barreiros está a compilar fotos antigas para elaborar entre todas e todos o calendario 2024 do municipio. Será un almanaque para o que a veciñanza aporta estampas das súas vivencias escolares ou dos seus devanceiros. Fará lembrar eses momentos pasados mes a mes axudando a evitar que os recordos se perdan na memoria esquecida.
Aquelas persoas que queiran compartir as súas fotografías poden poñerse en contacto co Concello a través da páxina de facebook ou nas oficinas municipais.
O Concello de Barreiros, a través da biblioteca pública municipal, convoca os tradicionais certames infantís de poesía e debuxo do Nadal.
No certame de poesía pode participar calquera nena ou neno, rapaza ou rapaz de ata 16 anos segundo se establecen as seguintes tres categorías: ata 8 anos, de 9 a 11 anos e de 12 a 16 anos. O tema xenérico para este 2023 é O Nada e os poemas estarán escritos en galego. A extensión será como máximo dun folio.
No concurso de debuxo poden participar as nenas e nenos de 3 a 5 anos realizando o debuxo sobre cartolina tamaño A4, podéndose utilizar a técnica que se desexe. O tema xenérico, ao igual que no certame de poesía, é O Nadal.
Os traballos de ambos certames poderán presentarse nos colexios do concello, tanto no CEIP de San Cosme coma no CEIP de San...
leer más