Montaña

Etiquetas:
11/11/2024

Muras celebra o domingo a novena edición da Feira do Mel de Montaña, coa colaboración da área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. O vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro, o alcalde de Muras, Manuel Requeijo, a tenente alcalde Paula Gómez, acompañados por Isabel Gotida Casa, do Mel de Goente e Azucena Camba, concelleira do BNG en Muras, presentaron o programa de actividades, que pon en valor a calidade do mel das producións locais.

A feira, que se celebrará na Praza do Viveiró, contará con máis dunha vintena de postos de venda de mel e doutros produtos de temporada e proximidade, entre eles oito postos de apicultores e apicultoras de Muras .

Manuel Requeijo puxo en relevo a traxectoria da feira “que xurdiu de xeito humilde para dinamizar e dar vida a esta zona do concello, e que se...

leer más
07/05/2024

A Escudería A Pontenova acaba de presentar o cartel da décimo primeira edición da carreira automobilística Subida A Pontenova, que se disputará os días 6 e 7 de xullo deste ano 2024.

É unha proba do Campionato Galego de Montaña e a Federación Galega de Automobilismo destaca que é “unha das carreiras con mellor trazado e seguridade de todo o certame”.

Etiquetas:
22/08/2023

O 3 de setembro en Riotorto celebrarase a terceira edición da ruta pola montaña en bicicleta “Desafío do ferro”, organizada pola asociación do mesmo nome. O circuíto comeza e remata en Riotorto, pasando pola Pontenova.  Queda á elección de cada participante a distancia do desafío, a escoller entre dúas opcións: 50 km ou 29 km.

As inscricións poderán realizarse antes do 29 de agosto na páxina web...

leer más
Etiquetas:
20/04/2022

O Concello de Viveiro será esta próxima fin de semana o escenario dunha nova edición da carreira por montaña Camovi ‘Gran Premio Xacobeo’.

Nesta edición, ademais a Camovi será o Campionato de España de Carreiras por Montaña Individual e de Seleccións Autonómicas, dando desta maneira a proba un novo paso na súa proxección nacional.

Na presentación da proba, celebrada esta mañá, a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, agradeceu “ao clube organizador da proba, o Camovi, o seu esforzo e traballo desde hai anos”.

“Como eles mesmos explican, do reto dun grupo de amigos por percorrer os montes que rodean o Val do Landro naceu a Camovi, esta Carreira de Montaña Montes de Viveiro, e para nós, como Concello de Viveiro, é un pracer e unha obriga colaborar e contribuir á súa promoción”, afirmou....

leer más
Etiquetas:
05/03/2015
El grupo de montaña del club deportivo Marqués de Casariego, de Tapia, prepara una ruta por la Sierra de Cuera para el 15 de marzo.
 
El grupo de montaña del club deportivo Marqués de Casariego, de Tapia, prepara para el domingo 15 de marzo una ruta por El Mazuco, Peña Blanca y el Alto de Ortiguero. Se trata de una travesía de montaña de unos 17 kilómetros de longitud y 900 metros de desnivel que transcurre por la Sierra de Cuera. Los participantes saldrán de Tapia a las 7 de la mañana.
Los interesados pueden inscribirse hasta el 13 de marzo, viernes, y los precios de 3 euros para los socios colaboradores, 5 euros para los socios y 12 euros para los no socios.