Monte

Etiquetas:
08/10/2023

A sétima edición do Trail Monte Comado foi presentada polos membros da Asociación Praias de Comado xunto con Daniel García, concelleiro de Dinamización en Barreiros e deputado provincial, como representantes das entidades organizadoras da mesma. Tamén estivo presente o xefe territorial de deportes da Xunta de Galicia, Manuel Otero.

Esta carreira é a quinta proba da presente edición do +kmBarreiros, promovido polo Concello para promocionar todas as carreiras que se realizan no termo municipal.

A cita co trail Monte Comado será o vindeiro 15 de outubro, con dúas probas de 12 e 26 quilómetros.

A saída e chegada das carreiras será na praza do Souto en San Miguel de Reinante.

A proba de 26 km sairá ás 9:30h e ten 1600 metros de desnivel positivo polos montes Penabor e...

leer más
Etiquetas:
03/10/2018

Os días 13 e 14 deste mes terá lugar o Trail Monte Comado. Trátase dun evento deportivo que está organizado por varias firmas coas que colabora o Concello de Barreiros. 

O sábado 13 terá lugar a carreira de ½ km. en vertical. A saída será dende a praia de Arealonga, xunto ao restaurante La Yenka, e a chegada ao alto do Monte Comado. De seguido celebraranse os trails infantís no cume do propio monte. 

O domingo 14 desenvolverase o trail de 10 km e 28 km que estrea trazado, percorrendo puntos do concello como Cornería, Penabor, Santo Estevo do Ermo e Comado, entre outros.

O prazo de inscrición remata o 11 de outubro e pode facerse en montecomado.galitiming.com e mediokmverticalmontecomado.jimdo.com

Os organizadores deste evento son: Casa Elena, Peña Barcelonista...

leer más
Etiquetas:
12/04/2018

O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, e a Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro García, presentaron este xoves a Carreira de Montes de ViveiroCAMOVI 2018, que terá lugar a fin de semana do 21 e 22 de abril no municipio mariñán, co apoio do Goberno da Deputación e do Concello de Viveiro. O Executivo Provincial decidiu achegar3.000 euros para a celebración deste evento deportivo,posto que xera un importante retorno económico para a localidade polo número de persoas que reúne, entre corredores e acompañantes.No acto tamén participou Pedro Esmorís García, Director Técnico da CAMOVI, e María Luz Abella, Presidenta da Asociación Española Contra o Cancro, a quen se lle fixo entrega dun talón donativo, pois os fondos recadados a través das inscricións nos adestramentos da carreira serán entregados á mencionada Asociación.

Rivera Capón...

leer más
Etiquetas:
06/10/2016
Os días 15 e 16 de outubro celebrarase en Barreiros a carreira Monte Comado. O evento foi presentado no Concello.
 
O Concello acolleu a presentación da carreira Monte Comado que terá lugar os días 15 e 16 de outubro. Está organizada pola asociación comisión veciñal de Reinante e pola peña barcelonista San Miguel e conta coa colaboración de Casa Elena Turismo Rural, Actibot, Café Bar Moderno, Hotel Río Masma, Pinturas Centeno, Concello de Barreiros e Agrupación de Protección Civil de Barreiros. 
 
O día 15 terá lugar a III ½ km Vertical Monte Comado con saída ás 17:00 horas dende a praia de Arealonga (Santiago de Reinante). O mesmo día tamén se disputará un mini trail infantil no cumio de Monte Comado a partir das 18:00 horas.
 
Xa o día 16 de outubro ás 10:00 horas darase a saída o II Trail Monte Comado con 21 km e un desnivel de +1350 aprox. (saída e...
leer más