Barreiros

Etiquetas:
14/07/2015
Xoán Curiel actuará o 17 de xullo en Barreiros, dentro do programa FalaRedes. Trátase dun espectáculo para toda a familia.
 
Os nenos e as nenas de Barreiros poderán gozar o próximo 17 de xullo xunto aos seus pais dun concerto de Xoán Curiel e a banda Son+d2 no que se mesturarán estilos coma blues, funk, rock ou bossa nova. O espectáculo que FalaRedes, o programa de dinamización lingüística que a Xunta de Galicia pon en marcha por cuarto ano nos concellos de Galicia, preséntase baixo o título Estamos no verán!!! e terá lugar ás 20 horas no Centro Sociocultural Manuel Díaz Sampedro de San Cosme.
O concerto está dirixido a nenos e nenas de 7 a 12 anos e, ademáis da variedade musical proposta conta con divertidas coreografías a cargo da bailarina Marta Alonso, unha combinación coa que se espera facer bailar a cativos e pais.  
 
... leer más
Etiquetas:
13/07/2015
O 20 de xullo chegará a Barreiros "O sabor da aventura está no mar". A actividade está destinada a nenos e nenas de 3 a 12 anos.
 
Barreiros acollerá a actividade O sabor da aventura está no mar. Será o 20 de xullo ás dez da mañá no pavillón polideportivo. As prazas son limitadas. A inscrición estará aberta ata o 15 de xullo na oficina de turismo da localidade. 
Desde o Concello explican que “esta actividade O sabor da aventura está no mar é unha campaña deseñada pola Consellería do Medio Rural e do Mar, que se centra en transmitir aos nenos e nenas a importancia dos produtos do mar na dieta e o fomento do seu consumo. Trátase dun obradoiro lúdico, que os motive no consumo de produtos do mar, que fomente o seu interese por este produto e polas posibilidades que ofrece”.
A actividade, que está destinada a nenos e nenas de 3 a 12 anos, levarase a cabo o 20 de...
leer más
02/07/2015
Este sábado, 4 de xullo, celébrase en Barreiros a romería popular de Santo Estevo do Ermo. Alí haberá diversas actividades.
 
Segundo explica o tenente de alcalde, José Manuel Gómez Puente, “un ano máis achégase a Romería de Santo Estevo do Ermo e desde o Concello queremos convidar a todos os veciños e veciñas de Barreiros e de toda A Mariña a participar nesta cita. Teremos rutas a pé, misa e procesión, sesión vermú, xogos infantís, torneo de tute e actuación musical”. 
Gómez Puente engade que “a paraxe de Santo Estevo do Ermo é natureza pura e cun grande encanto, que o converte nun lugar idóneo para relaxarse e empaparse da súa maxia. E non poden faltar, como en toda romería que se prece, a costume de xantar en familia e entre amigos ao aire libre”. 
A Romería Popular de Santo Estevo do Ermo está organizada polos veciños de Barreiros e polo Concello. ...
leer más
Etiquetas:
30/06/2015
Este domingo, 5 de xullo, terá lugar a II Carreira de Relevos Ría do Masma, un formato pouco tradicional e único na Mariña lucense e no Occidente asturiano.
 
Este vindeiro domingo, 5 de xullo, a partir das 10.30 h celebrarase unha carreira popular, nun formato pouco tradicional e único na Mariña lucense e Occidente asturiano. Trátase da II Carreira de relevos Ría do Masma. 
Desenrolarase dende o campo de fútbol do Cascabeiro, en Barreiros e haberá circuítos infantís (a partir das 11.30 h) e de adultos (10.30 h). Trátase dunha carreira de relevos, na que os equipos deberán estar compostos por 4 membros. Haberá categorías masculina, feminina e mixta. En nenos establécense así mesmo 3 categorías por idades. Os percorridos na categoría adulta serán de 4 postas de 8.000 m cada unha, mentres que nas categorías infantís serán de 200 m, 400 m e 700 m cada posta e según as idades.
As categorías...
leer más
Etiquetas:
29/06/2015
Eido Dourado, en Barreiros, abriu as súas portas o 1 de xullo, na sétima tempada deste espazo dedicado ao arte.
 
O Eido Dourado abre as súas portas este mércores, 1 de xullo, na que será a sétima tempada deste espazo dedicado ao arte. A carón da praia de A Pasada poderá visitarse ata que remate o verán de martes a domingo en horario de 11:30 a 13:30 polas mañás e de 18 a 21 horas polas tardes, segundo deu a coñecer o seu creador Celso Dourado. 
O artista barreirense fixo unha valoración moi positiva da acollida que tivo entre o público o VII Encontro no Eido Dourado, que tivo lugar o pasado sábado nos xardíns deste espazo e que serviu coma punto de partida desta nova tempada. Alí déronse cita a música, a poesía e o teatro, unha combinación que agradou moito aos asistentes. 
Os xardíns do Eido Dourado acollerán un verán máis diversas actuacións...
leer más
Etiquetas:
19/06/2015
Música, teatro e poesía protagonizarán o VII Encontro no Eido Dourado, que se celebrará o 27 de xuño.
 
O VII Encontro no Eido Dourado terá lugar o vindeiro 27 de xuño. No acto, co que arrincará a nova tempada deste espazo dedicado ao arte, daranse cita a música, a poesía e o teatro, segundo deu a coñecer neste xornada o artista Celso Dourado. 
Dourado contou que “estamos ultimando os detalles e coordinando todas as intervencións. Cada ano que pasa súmanse máis e máis amigos e a verdade é que non sabemos como vamos facer para darlles cabida, polo que estamos cos últimos preparativos”.
O artista barreirense indicou que “este sétimo Encontro no Eido Dourado, que dará comezo ás 8 da tarde do vindeiro 27 de xuño, sábado, vai ter como cabeceiro a poesía alternativa e musicada feita en galego. Neste apartado dalgunha maneira a voz cantante...
leer más
Etiquetas:
17/06/2015
O Concello de Barreiros organiza dous cursos de verán para rapaces de 7 a 10 anos. Serán en xullo e en agosto.
 
A biblioteca pública municipal e a Omix organizan un Obradoiro práctico de pintura. Técnica mural, que terá lugar do 10 ao 29 de xullo no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro. Será os luns, mércores de venres de 11 a 13 horas e está dirixido a rapaces e rapazas con idades comprendidas entre os 7 e os 30 anos.
Xa en agosto haberá un Obradoiro de danza moderna. Será do 3 ao 17 dese mes de luns a venres de 10:45 horas a 13:15 horas e tamén está dirixido a rapaces de 7 a 30 anos. Este obradoiro, tamén gratuíto, impartirase no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro. 
Segundo informa o Concello as prazas son limitadas e ocuparanse por orde de inscrición. Os obradoiros son gratuíto.
 
17/06/2015
Nova sesión de teatro este domingo, 21 de xuño, en Barreiros. Será pola tarde no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro.
 
O domingo, 21 de xuño, haberá unha nova sesión de teatro no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro. A compañía 3DTrans porá en escena “Ride, ride…”!. Será partir das 19 horas. 
Sabela Amado, Cristina Mariño e Cristina Moreira levan ao teatro sketchs cos que gañaron o concurso Os humorosos da Televisión de Galicia. “Ride, ride…”! é un espectáculo de risas, relaxación subxectiva e parodia sobre un episodio da vida de tres actrices.
A representación enmárcase dentro do programa Cultura no Camiño 2015, da Xunta. 
11/06/2015
Os Sete Magníficos + 1 porán en escena este domingo, 14 de xuño, en Barreiros a obra "Bivalvos como galegos".
 
O centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro acollerá este domingo, 14 de xuño, unha representación teatral. Os Sete Magníficos + 1porán en escena Bilvalvos coma galegos. Pedro Brandariz e Fran Rei, habituais do programa Luar da TVG, mostrarán un espectáculo cómico, retranqueiro e irónico, o sentido do humor dos galegos e a súa posta en práctica en situacións cotiás. 
A obra de teatro, que se enmarca no programa Cultura no Camiño 2015, dará comezo ás 19 horas. Está organizada polo Agadic e a Xunta de Galicia, que contan coa colaboración da Concellería de Cultura barreirense e da Oficina de Información Xuvenil. 
 
10/06/2015
O 26 de xuño terá lugar a cea-baile do Praias de Barreiros CD. Será na Tapería o Castro ás dez da noite.
 
O próximo 26 de xuño celebrarase a Cea-Baile do Praias de Barreiros C.D.  Terá lugar no Refugio O Castro ás 22:00 horas.
 
MENÚ: 
- Entrantes Ibéricos
- Mexillóns ó vapor
 - Croquetas
 - Pastel de cabracho
- Medallóns de solomillo en salsa
 - Tarta da avoa
 - Bebida
- Café e chupito
 
PREZOS:
- Socios...
leer más