Barreiros
Ollomao, de Barreiros, convoca o Concurso de reels pola igualdade, especialmente dirixido á mocidade
"Ollo, cámara... Acción: reels pola igualdade" é o nome do certame que vén de convocar o Colectivo Cultural Ollomao, de Barreiros, cuxo eixo temático central e principal cuestión a reivindicar é a igualdade real e efectiva entre as persoas de diferente xénero.
A participación no concurso está dirixida a calquera persoa desde os 12 anos (ou a cumprir neste 2024) e matriculada nun centro de ensino, que desexe participar. As pezas presentadas a concurso deberán ser pequenos vídeos de non máis de un minuto de duración, que empreguen o galego e nos cales se defenda a erradicación da desigualdade de xénero ou se mostren en clave positiva exemplos de situacións dunha igualdade real. Os reels ou microvídeos, tan empregados en redes sociais como Instagram ou Tik Tok, son parte da inspiración deste concurso, que busca contribuír a viralizar a importancia dunha sociedade...
leer másO Praias de Barreiros Club Deportivo celebrará a súa cea baile desta tempada 2023-24 o sábado 11 de maio ás 21:30 horas no restaurante A Ribeira, de Benquerencia.
A organización anuncia: “se queres volver a desfrutar desa noite fantástica na que se xunta toda a familia verde, xa podes mercar a túa entrada no propio restaurante A Ribeira, a través de calquera membro da directiva ou a través de calquera das nosas canles e redes sociais. Date présa, pois o aforo é limitado e non queremos que te perdas esta gran cita. Para amenizar a velada contaremos coa presenza da Discomovil EvenTeC, que de seguro que nos fará baixar ben a comida con uns bailes”.
O prezo da entrada son 30 euros para os adultos e 15 euros para os menores de 10 anos.
A Concellería de Dinamización de Barreiros organiza unha serie de actividades con motivo da celebración do Día internacional do Libro.
Este martes, 23 de abril, o alumando do CEIP de San Cosme visitará a Biblioteca Pública Municipal de Barreiros para coñecer de primeira man como funciona unha biblioteca e participar na creación dun mural.
Con motivo do Día internacional do Libro, este mesmo martes o Concello de Barreiros instalará na Praza do Souto, en San Miguel de Reinante, unha caseta coa que se creará a primeira biblioteca libre de Barreiros, que conterá máis de 50 libros en libre circulación. Ao longo da mañá, o alumnado do CEIP San Miguel de Reinante, visitará a Praza do Souto e coñecerá esta forma de intercambio de libros coñecida popularmente como bookcrossing.
O venres...
leer másHai uns días deu comezo a actividade de Surf dentro das nosas Escolas Deportivas Municipais. Esta actividade será impartida por monitores de La academia del surf, empresa barreirense que desenvolve a súa actividade na praia de Coto.
Desde a organización sinalan: “se tedes ganas de que a vosa rapazada se suba á onda do surf e goce do mar aínda estades a tempo. Podedes inscribilos nesta actividade acudindo ao Concello e cubrindo a ficha de inscrición alí mesmo. Esta actividade prolongarase durante os meses de abril, maio e xuño con: 1 hora á semana (30€/mes) ou 2 horas á semana (45€/mes), a escoller no momento da inscrición”.
Para máis información as persoas interesadas poden consultar as bases na web municipal, no apartado de deportes ou directamente a través desta ligazón. Tamén nas oficinas municipais dan máis...
leer másDesde Ollomao indican que “estamos arrancando a tope con actividades para esta primavera e para que non vos esquezades de ningunha, aí vos vai un resumo. Non están todas as que serán, pero sí as máis próximas. Na variedade está o gusto e temos para todos”.
O vindeiro domingo, 31 de marzo, ás 18 horas nas Escolas de Celeiro de Mariñaos terá lugar Botámoslle un conto? As rondallas de Celeiro.
Para o 7 de abril na Escolas Vellas de San Miguel de Reinante está previsto a presentación do obradoiro de teatro a partires das 17 horas.
E xa o 20 de abril Ollomao viaxará ata O Valadouro para representar O traballo de Andrea.
Esta fin de semana tivo lugar a presentación da carreira popular das praias á que acudiu a alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, o concelleiro de deportes, Dani García, xunto con membros da asociación organizadora A.C.D. Praias de Comado aos que lles agradeceron a “súa implicación en promover o deporte, especialmente entre a rapazada e, por crear un evento atractivo para Barreiros no que participan persoas de todas as idades”.
O evento deportivo conta con tres modalidades; ás 11:30 horas na praia de Altardarán comezo as probas infantís, á mesma hora, 11:30 terá lugar a saída da andaina desde a praia de Arealongaconchegada na praia de altar percorrendo todo o litoral barreirense. Xa, ás 12:00 horas, tamén na praia de Arealonga, terá lugar a saída da proba absolutana cal as e os participantes deberán salvar unha distancia de 9 km de area...
leer másO Iberia Club de Fútbol anuncia que “chega o evento que a familia branquiazul agarda cada ano por estas datas, a nosa comida baile. Será o xoves 28 de marzo nos Colexios Vellos de San Miguel. Despois do éxito da pasada edición, onde pasamos a horario diúrno repetimos formato. Tamén como o ano pasado, antes do propio xantar haberá sesión vermú con DJ e bar aberto dende as 13horas”.
A organización do evento engade que “haberá sorteos, sorpresas e sobre todo un gran ambiente de festa nun ano ademais no que cómpre celebrar a traxectoria dos dous equipos, o sénior e o xuvenil, que están facendo unha gran tempada nos dous casos e que como non pode ser doutra maneira estarán representados pola práctica totalidade de ambas plantillas e corpos técnicos”.
As tarxetas para participar poden comprarse nos bares de San Miguel e a calquera...
leer másO venres 29 de marzo a partir das 11:00 horas disputarase en Barreiros a décima edición da Carreira das Praias, que forma parte do circuíto de carreiras locais +KmsBarreiros, impulsado polo Concello de Barreiros desde a súa área de dinamización e participación veciñal.
As inscricións xa están abertas na web www.maiskmsbarreiros.gal, onde tamén se pode consultar toda a información do circuíto, das probas que o compoñen e ver as clasificacións completas.
A saída da Carreira das Praias de Barreiros será desde a praia de Arealonga e a meta estará no areal de Altar.
A asociación organizadora deste evento, Praias de Comado, programa para o mesmo día una andaina que percorrerá todo o litoral barreirense para deleite das persoas participantes.
O Concello de Barreiros ofrece unha nova edición do programa Escola de Familias, que volverá a ser impartida por Disciplina Positiva A Mariña e contará con 3 obradoiros que se desenvolverán mensualmente. O primeiro deles terá lugar o vindeiro 23 de marzo e tratará sobre o papel da familia na educación afectivo-sexual. O segundo versará sobre os modelos de relacións positivas e terá lugar o 27 de abril. E o terceiro e último obradoiro celebrarase o 25 de maio e afondará sobre o uso de internet e a sexualidade. As tres xornadas serán de 10:00 a 12:00 horas no centro sociocultural de San Cosme.
Estes obradoiros abordarán cuestións moi importantes na educación como son a igualdade, o respecto, a diversidade, a identificación e evitación dos abusos, as enfermidades de transmisión sexual, a autoestima e a autoconfianza.
... leer másA Concellería de igualdade do Concello de Barreiros pon en marcha un novo programa de axuda á conciliación en época de vacacións escolares financiado a través da subvención de igualdade da Xunta de Galicia na liña de conciliación.
Así, preséntase o programa +CONCILIA MARZO que favorece a conciliación familiar para esta Semana Santa con actividades para os días 25, 26, 27 de marzo e 1 de abril de 2024 en horario de 9:30 a 13:30 horas.
Esta actividade está destinada a crianzas nadas do 01/01/2012 ao 31/12/2020 e será totalmente GRATUÍTA para as familias.
Desenvolverase no CEIP de San Cosme de Barreiros, aínda que de forma puntual e atendendo ao requirimento das actividades programadas farase uso doutros espazos ou instalacións próximas no termo municipal.
As...
leer más