As actividades do programa denominado Activamente que organiza o Concello de Barreiros comezarán o día 17 de outubro, xoves.
O Concello de Barreiros anuncia: “sabemos que o estabades agardando desde que rematou a edición pasada para seguir poñendo en forma os vosos cerebros, así que non imos facervos esperar máis! O programa de envellecemento activo para maiores de 65 anos (xubiladas de máis de 60 anos ou persoas con discapacidade) que organiza o Concello de Barreiros xa está en marcha. Podedes inscribirvos nas oficinas municipais, cubrindo o formulario que vos entregarán alí mesmo. Nel teredes que cubrir os vosos datos e a preferencia de grupo”.
Tamén explica que “ante o éxito de edicións anteriores, este ano créase un novo grupo en San Cosme en horario de mañá, manténdose os de edicións anteriores. Teñen preferencia na asignación de prazas as persoas empadroadas ou que participaron en edicións anteriores”.
O prazo de inscrición está aberto ata o día 10 de outubro e as persoas interesadas en máis información poden chamar ao teléfono 982.124.002.