Música
O auditorio municipal de Burela acollerá unha gala musical solidaria contra o cancro o día 27 de xaneiro, sábado, ás sete da tarde. Está organizada pola asociación Esperanza e o grupo musical Acordeonistas da Mariña, que actuará no evento xunto a Acordeóns Terras do Miño, Begoña López, Lino Rico e Diavolinos.
A recadación será doada para a investigación do cancro. O prezo da entrada é de 5 euros e inclúe un número para o sorteo dunha cesta de peixe valorada en 250 euros. Pódense adquirir anticipadamente na tenda Cinza, de Burela, e os mércores no local da asociación Esperanza ou na taquilla do auditorio o día da gala.
O Concello de Viveiro, a través da Concellería de Educación, organiza en colaboración co Conservatorio Profesional de Música de Viveiro o ciclo de concertos “Música nas parroquias”, que ten por finalidade levar a diferentes agrupacións do Conservatorio por todo o municipio.
O concelleiro Jesús Fernández Fernández destaca “o compromiso do Goberno local con levar a cultura por todas as parroquias con programas como este, que encherá Viveiro da mellor música”.
A alcaldesa, María Loureiro, sinala pola súa banda que o ciclo pretende tamén “promocionar e impulsar aos e ás artistas musicais viveirenses, visibilizando o seu enorme talento”.
O ciclo comeza este sábado día 13 de xaneiro, ás 20:30 na Casa do Forno de Celeiro. Actuará o grupo de música pop rock Brétema Band, pertencente á Asociación...
leer másRibadeo pon o broche final á programación de Nadal co concerto que ofrecerán Emilio Rúa e o Coro Sagrado Corazón este venres, día 12, ás 20:45 horas na igrexa parroquial.
A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, sinala que “imos despedir a nosa programación de Nadal con esta actuación do Coro Sagrado Corazón xunto a Emilio Rúa, que ofrecerán un Concerto de Reis moi especial. Neste concerto haberá ocasión de desfrutar das voces de Emilio e do Coro por separado e en conxunto interpretando diversas panxoliñas. Animamos a toda a veciñanza a achegarse este venres á igrexa parroquial de Ribadeo”.
A edil ribadense indica que “con este acto remata máis dun mes dunha ampla e variada programación que arrincaba en decembro co Mercado do Nadal e na que desde o Concello quixemos facer de Ribadeo o referente da comarca astur...
leer másEste domingo, 7 de xaneiro, o Concello de Cervo despide o Nadal “pechando un programa cheo de actividades para todos os públicos”.
As voces do coro Vox Stellae ofrecerán un concerto baixo o título"Celebrando o Nadal". Será ás sete da tarde no auditorio da Casa da Cultura en San Ciprián.
O Multiusos Ponte de Cuñas, de Vilanova de Lourenzá, acollerá un evento cultural este domingo, 7 de xaneiro, ás 18:30 horas para conmemorar o 111 aniversario do nacemento de Francisco Fernández del Riego.
O cartel deste acto, titulado “Soa don Paco”, inclúe actuacións da Banda de Música de Foz, Pepe Peinó, Felipe Sánchez e a Asociación Cultural Osorio Gutiérrez.
A organización do evento explica que “o 7 de xaneiro de 1913, cando xa ían de retirada os Reis Magos, nacía en Vilanova de Lourenzá o naipelo Francisco Fernández del Riego. Este vindeiro domingo celebraremos os 111 anos desta ditosa nova e farémolo para por un broche de ouro a un ano máxico para Lourenzá: o ano no que se lle dedicaron as Letras Galegas ao noso veciño máis universal, don Paco del Riego, e o ano no que Lourenzá se converteu no epicentro...
leer másA Orquetra Folk de Galicia Son de Seu e a Coral Polifónica de Ribadeo ofrecerán mañá, 4 de xaneiro, o tradicional concerto de reis na igrexa parroquial a partires das 20:45 horas.
O alcalde, Dani Vega, dixo que “seguimos coas actividades de Nadal, apostamos polos musicais, polos concertos e neste caso falamos dun clásico, o concerto de reis, que xa desde oposición coa Xunta de Galicia apostábamos por eles e tamén o facemos desde o goberno”.
O rexedor explicou que “o concerto de reis este ano traerá a Ribadeo a Son de Seu, que tiñamos moitas ganas de que viñeran aquí. E actuará conxuntamente coa Coral Polifónica de Ribadeo mañá, 4 de xaneiro, ás nove menos cuarto na igrexa parroquial. Este concerto de reis é xa tradicional en Ribadeo, empezamos con Amancio Prada, con Rosa Cedrón, Emilio Rúa e tamén o ano pasado...
leer másO salón de Actos da Casa da Cultura Manuel Lourenzo, do Concello do Valadouro, acollerá este sábado, 30 de setembro, ás 19:00 horas un concerto de ano vello a cargo da Banda de Música de Lourenzá.
É unha actividade organizada pola Delegación de Cultura do Concello do Valadouro.
Dentro do Programa de Nadal deste ano, un dos seus pratos fortes vai ser o Concurso de Karaoke, que este ano celebra a súa XI edición mañá venres, 29 de decembro, no pavillón municipal de deportes.
Este Concurso presenta tres categorías: PEQUES para menores de 12 anos; IUNIOR de 12 anos ou máis e menores de 18; VETERANOS para maiores de 18 anos.
En canto aos premios do Concurso, temos 3 por categoría: dous premios á Mellor voz e 1 premio á Mellor caracterización.
PREMIOS:
Peques.
Premio á “Mellor voz” : 2 premios de 60 euros
Premio á “Mellor caracterización”: 60 euros
Iunior
Premio á “Mellor voz”: 2 premios de 90 euros
Premio á “Mellor caracterización”: 90 euros
Veteranos
Premio á “Mellor voz” : 2 premios de 150...
A Banda Municipal de Música de Ribadeo ofrecerá o seu tradicional concerto de Nadal, titulado Aquí como en Viena, este venres, 29 de decembro, ás 20:30 horas no auditorio Hernán Naval. Nalgunhas das pezas que interpretarán os músicos estarán acompañados no escenario por actuacións de bailaríns da Escola Municipal de Música e Danza ribadense.
O director da Banda de Ribadeo, David Ballester Martínez, anuncia: “chegadas as datas do Nadal non podía faltar o concerto Aquí como en Viena da Banda Municipal de Música de Ribadeo, que terá lugar o venres 29 de decembro ás oito e media da tarde no auditorio Hernán Naval. Nesta ocasión, como é habitual neste concerto, constará de dúas partes: a primeira será un pouco máis festeira; e a segunda, un pouco máis seria, tirando cara ese concerto de Viena, con polkas e valses. Este ano de novo contaremos...
leer másA música tradicional de bandas e corais, enmarcada no programa Tradigalu da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, chega este martes día 26 a Viveiro coa actuación da Coral Polifónica Alborada, que percorrerá as rúas do casco da cidade do Landro a partir das sete da tarde.
Tradigalu programou mais de 150 actuacións polas comarcas luguesas en colaboración con asociacións e concellos. Neste caso a Área de Cultura da institución provincial conta coa axuda do Concello de Viveiro.