Música
03/06/2015
Os próximos 10 e 11 de xullo terá lugar a segunda edición do festival VRAO. Logo do éxito acadado o ano pasado, neste 2015 continúa a mesma filosofía pero dando paso a algunha que outra novidade co fin de consolidar o evento como unha das propostas máis atractivas e coidadas de Galicia.
VRAO é un festival galego de música independente realizado sen ánimo de lucro por Ó! Cultural que se desenvolverá en diferentes localizacións de Foz, na Mariña Lucense, cun recinto que non entende de límites e que emprega a totalidade da vila, as súas potencialidades e os seus costumes como marco referencial.
Cun modelo de xestión cofinaciado polos membros fundadores...
leer más 27/05/2015
Los peques del León de Oro son un coro infantil, afinado, disciplinado, traballador, que colleita éxitos aló por onde vai.
Creado no ano 2000 como parte do proxecto coral El León de Oro de Luanco. Ten como obxectivo formar coralmente aos máis pequenos, con fin de crear unha canteira coral. Na actualidade componse de 50 voces e conta cun repertorio amplo e variado en estilos. Obtivo 1º premios en varios concursos nacionais como Oviedo, Avilés, Totana, Torrevieja (2004 y 2008), a nivel internacional 4º premio en Varna (Bulgaria), 4º clasificado en Tolosa 2010 e 2º Premio en Tolosa 2011. Realizou varias colaboracións con las orquestras profesionais de Asturias (Oviedo Filarmonía, Orquesta de “Los Adioses”) .
En 2012 conseguiu o 3º...
leer más 26/05/2015
Este sábado, día 30, ás 20:30 horas no Cine Teatro de Ribadeo terá lugar o Concerto das Letras Galegas da Banda de Música Municipal de Ribadeo.
O director da Banda, David Ballester, explicou que “vai ser todo o repertorio baseado en música tradicional galega e en obras compostas por galegos. Tocaremos obras que están creadas expresamente para banda así como outras que están compostas para orquestra e arranxadas para banda”.
David Ballester destacou que “neste concerto volvemos ter a sorte de poder incorporar 3 novos músicos, dúas rapazas coa frauta, Paula e Eva, e un compoñente máis de clarinete, Alberto, que tamén se nos uniu estas semanas. Entón pouquiño a pouco a banda vai medrando e vamos formando un grupo máis amplo. Invito a...
leer más 22/05/2015
Mañá sábado, 23 de maio, ás 12.00 da mañá fronte ás oficinas do Real Club Náutico de Ribadeo, e organizado por esta entidade, haberá un insólito espectáculo musical a cargo dos tripulantes do barco da organización Floodtidemusic, que imitan cos seus ritmos os sons das mareas.
21/05/2015
Los organizadores del Resurrection Fest señalan: “nos alegra poder anunciar el cartel final del Resurrection Fest 2015, con reparto por días y escenarios de bandas incluido. Hemos de destacar las últimas bandas que cierran la programación principal: por un lado, una de las mayores leyendas de la historia del metal, Max Cavalera, vendrá con Soulfly a repartir caña con su groove metal y a recordar grandes clásicos gracias a un setlist especial formado por canciones de Soulfly y Sepultura para que no falten himnos como "Refuse/Resist" o "Roots Bloody Roots". Por otro lado, los belgas Oathbreaker también estarán en el festival con su peculiar blackened hardcore tras su cancelación en 2011. Finalmente debemos anunciar la cancelación unilateral de Chelsea Grin, los cuales serán sustituidos por los franceses Betraying...
leer más 13/05/2015
Dentro da programación cultural organizada polo Concello, Foz acollerá mañá, xoves, unha nova proxección do ciclo Cinema no Cenima e o venres comeza a terceira edición do Festival de Voces Xóvenes A Capela.
O concelleiro de Cultura, Ánxel Paleo Soto, explicou hoxe que “mañá, xoves, día 14, haberá Cinema no Cenima ás oito e media da tarde coa película Os fenómenos. O despacho das entradas estará aberto a partir das oito e o prezo será de 3 euros”.
Ánxel Paleo engadiu que “o venres, día 15, dará comezo na Sala Bahía o terceiro Festival de Voces Xóvenes A Capela, que cada ano intentamos realizalo con novos grupos e coros e nesta ocasión contaremos con cinco concertos, todos eles na Sala Bahía a partir das 8 e media da tarde e con...
leer más 13/05/2015
A asociación cultural Osorio Gutiérrez, de Lourenzá, organiza un obradoiro de baile tradicional, impartido por Luis Prego Fernández.
Este obradoiro terá lugar o 7 de xuño, no pavillón municipal de Lourenzá. Está dirixido a todas as persoas que queiran asistir a partir de 10 anos de idade. E desenvolverase de 10 a 13:30 horas e de 16 a 19:30 horas.
O prezo será de 20 euros para os socios (25 euros si inclúe comida) e para os non socios será de 25 euros (30 euros si inclúe comida).
Os interesados poden anotarse antes do 22 de maio no seguinte número de teléfono: 616 63 63 20. As prazas serán limitadas.
12/05/2015
O disco titulado Dende a beira do Masma, que foi musicado por Xan Carballal sobre textos de poetas mindonienses, será presentado este xoves, 14 de maio, ás 20:30 horas no salón de actos do Centro Comarcal de Mondoñedo.
No acto participarán Alfredo Llano, en representación da Deputación Provincial de Lugo; o cronista oficial de Mondoñedo, Antón Reigosa; e o autor da música, Xan Carballal.
12/05/2015
Desde la organización señalan: “¡Otro año más no podía faltar nuestro ya famoso Band Contest! Gracias a la ayuda de nuestro patrocinador Estrella Galicia, este año trae novedades.
Más de 200 bandas de España, Francia y Portugal han participado en el Resurrection Fest Band Contest Estrella Galicia de este año. Se han registrado más de 11.400 votos durante las últimas semanas y por votación popular se ha decidido que éstas sean las seis bandas que estarán en la batalla de bandas final y que optarán a tocar en el Resurrection Fest 2015.
- AcidProyect
- Blaze Out
- Borderlands
- Brothers Till We Die
- Nodriza
- Tao Te Kin
Queremos dar las gracias a todos los participantes y votantes de este año y queremos invitar a quienes no lo han conseguido, que...
leer más 08/05/2015
A Concellería de Cultura de Burela, continuando coa súa Programación Cultural de Primavera, presenta este sábado, 9 de maio ás 17:30 horas, no Auditorio da Casa da Cultura, o espectáculo MaxicoSons.
MaxicoSons, é unha proposta orixinal en canto á idea de promover a lectura coa presenza dun músico e dun ilusionista e os seus xogos máxicos e musicais. Un espectáculo de maxia con moita música en directo, para o desfrute dos asistentes, composto polo músico Álvaro Muras e o ilusionista Martín Camiña. O espectáculo está dirixido ao público familiar e a entrada ó mesmo será libre.