Música
O festival de música galega Aturuxo, de Bravos (Ourol) celebrarase os días 19 e 20 de xullo, venres e sábado. A cita, con entrada de balde, promove a música folk, rock e pop en galego e xa conta coa confirmación de artistas para esta nova edición como Loita Amada, Tecor Societário, Catuxa Salom e Ugía Pedreira.
O XII Festival Aturuxo celébrase en dúas xornadas: 19 de xullo pola tarde-noite e 20 de xullo durante toda a xornada. O venres haberá a tradicional cea de irmandade e posterior concerto, para logo rematar cunha foliada popular. O sábado, a música soará dende o mediodía e pola tarde haberá xogos interxeracionais, obradoiros e actuacións cómicas ou teatrais, dirixidas a todos os públicos.
Haberá dispoñible servizo gratuíto de autobús para facilitar os desprazamentos.
O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asinou este venres un acordo de...
leer másEste vindeiro domingo o grupo Los Mendezcatos actuará a partires das 13:00 horas nas inmediacións da Praza de Abastos para animar a hora do vermú, dos viños e das compras en Ribadeo.
Ata xullo a música chegará á Avenida Rosalía de Castro, á rúa San Roque, á Praza de Abaixo e tamén á Zona Vella.
Desde o Concello e desde Acisa animan “ás veciñas e aos veciños de toda a contorna a achegarse a Ribadeo e a gozar de todas as propostas que aquí van atopar todos os domingos do ano, ou en calquera outra xornada”.
A Escola Municipal de Música de Foz Arcadio Mon organiza o ciclo titulado Maio de Combos, que inclúe concertos todos os venres deste mes. Estas actuacións serán no Paseo da Ribeira.
Este venres, día 3, ás 18:00 horas actuará Dkeband; o día 7 ás 18:00 horas o concerto correrá a cargo de Combo Jazz; o venres 17, que é o Día das Letras Galegas, ás 12:00 horas será a quenda de Combo Pop Rock; e rematará o ciclo o venres 24 ás 18:00 horas coa actuación de Combo Blues e Combo Xuvenil.
El Teatro Pastor Díaz, de Viveiro, acogerá un concierto contra el cáncer este sábado, 4 de mayo, a las 20:30 horas.
Está organizado por la Asociación Española Contra el Cáncer y actuarán los grupos musicales Brétema Band, Diavolinos, Golpe de Efecto, Los Jueves, Amigos do Folk y Jamape.
El precio de la entrada es de 6 euros y las personas que quieran colaborar y no puedan asistir al concierto tienen la opción de sumarse con la aportación económica que elijan.
Para cualquier duda o aclaración se puede llamar al teléfono 982.25.08. 09 o enviar un correo electrónico a lugo@contraelcancer.es.
O grupo mariñán de música cubana Toxo Guayaba ofrecerá un concerto en beneficio da Asociación Española Contra o Cancro este sábado, 4 de maio, en Foz. Será na Sala Bahía ás 19:00 horas.
O importe do donativo é de 5 euros por persoa.
Nesta actividade colabora o Concello de Foz.
Este vindeiro domingo o grupo Eleven actuará na rúa San Francisco a partires das 13:00 horas para animar o tapeo e o vermuteo nesa zona da vila. Esta nova xornada do Domingueo en Ribadeo poñerá a nota musical ao último día do Ribadeo de Tapeo, que se está a celebrar con moi boa acollida desde o pasado día 20.
A partires de aí e ata o mes de xullo a música chegará á contorna da Praza de Abastos, á Avenida Rosalía de Castro, á rúa San Roque, á Praza de Abaixo e tamén á Zona Vella.
Desde o Concello e desde Acisa animan “ás veciñas e aos veciños de toda a contorna a achegarse a Ribadeo e a gozar de todas as propostas que aquí van atopar os domingos, ou en calquera outra xornada”.
A concelleira de Comercio e Turismo, Marta Saiz, sinala que “xa temos todo listo para esta nova edición do Domingueo en Ribadeo, que durante dúas fins de semana coincidirá co noso concurso gastronómico o Ribadeo de Tapeo. Gastronomía e música irán da man os días 21 e 28 de abril”.
A edil ribadense explica que “este vindeiro domingo Kike Suárez Trío actuará no peirao de Porcillán a partires das 13:00 horas para animar o tapeo e o vermuteo nesa zona da nosa vila. E o 28 de abril o Domingueo fará escala na rúa San Francisco. A partires de aí e ata o mes de xullo a música chegará á contorna da Praza de Abastos, á Avenida Rosalía de Castro, á rúa San Roque, á Praza de Abaixo e tamén á Zona Vella”.
Saiz agarda que “as mañás de sete domingos, xa animadas en Ribadeo, o sexan aínda máis”.
A presidenta de Acisa,...
leer másA Deputación de Lugo apoia, un ano máis, a celebración do ResurrectionFest de Viveiro cunha aportación económica de 150.000€. Así o anunciou a Voceira socialista do Executivo provincial, Pilar García Porto, quen informou de que a colaboración se materializa a través dun convenio co Concello viveirense aprobado este venres na Xunta de Goberno para “contribuír á promoción dun festival de referencia a nivel internacional que chega á súa 19ª edición”.
“Na Deputación de Lugo temos claro que este é un evento musical de éxito feito a si mesmo, un exemplo do que unha iniciativa dun grupo de afeccionados pode conseguir co respaldo intelixente do Concello e do conxunto das administracións públicas, e o máis importante, da xente”, asegurou García Porto. Así mesmo, explicou que é “un evento que concorda perfectamente co modelo de turismo polo que...
leer másBurela acollerá o vindeiro 4 de maio no Auditorio Municipal o espectáculo I’m Tina: The Rock Show Experience en homenaxe á raíña do rock&roll, Tina Turner.
O evento terá lugar ás 21:00 horas, con apertura de portas ás 20:30,e xa é posible adquirir entradas para o mesmo de xeito anticipado no seguinte enderezo web: https://cooltickets.es/events/i-m-tina-the-rock-show-experience-burela/s...
As entradas anticipadas teñen un prezo que oscila entre os 20€ no anfiteatro e os 24 euros no patio de butacas, cantidades ás que se lle suman os gastos de xestión.
Este espectáculo nace en Tenerife da man da directora artística canaria Patricia González, Patty Baker, unha...
leer másMaureen Choi Quartet actúa mañá, sábado, no auditorio municipal de Ribadeo, polo que tamén pasará este domingo o actor Sergio Pazos.
A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, dixo que “en Ribadeo temos unha fin de semana chea de actividades. Gozaremos de boa música o sábado e dun coñecido monologuista o domingo”.
A edil ribadense explicou que “mañá, sábado, actuará en Ribadeo Maureen Choi Quartet. Maureen Choi é moito máis ca jazz e música latina, o seu espectáculo en directo é unha apaixonante viaxe co violín como voz principal e co jazz, a improvisación e a delicadeza da música clásica como vehículo de expresión. Os seus compañeiros de cuarteto nesta aventura musical son: Daniel García, pianista de jazz e director musical do exitoso Hoy no me puedo levantar; Mario Carrillo, contrabaixista e arregrista...
leer más