Música

Etiquetas:
08/06/2024

O Parque de San Francisco acollerá o 15 de xuño a partir das 22:00 horas un concerto do grupo ribadense Kornucopia. 

Kornucopia naceu no ano 2021 da man de Sergio Prieto, Rober Galle e Fillo García, aos que máis tarde se sumarían Pablo Fei e Cherry Fernández. 

A concelleira de Turismo, Marta Saiz, sinala que “son uns veteranos do ámbito musical, xa que proceden e forman parte doutras formacións moi coñecidas en Ribadeo. Agora todos xuntos fusionan diferentes tipos de música e estilos, desde o tradicional ata o pop, rock, jazz ou blues”.

A edil ribadense indica que “estes rapaces apostan pola autoproducción e a xestión da súa música, desde a súa creación ata as mesmas gravacións”.

E engade: “as persoas que nos acheguemos o 15 de xuño ao Parque de San Francisco...

leer más
07/06/2024

A Fundación Xesús Bal y Gay organiza audicións de música clásica en Foz. Terán lugar no Salón de Actos do Centro de Interpretación da Mariña (CENIMA) o luns 10 e os martes 18 e 25 de xuño. Os tres días serán ás 20:00 horas.

Nesta actividade colabora o Concello de Foz.

 

05/06/2024

A festa presentación da décimo segunda edición do festival Aturuxo será este sábado, día 8 de xuño, desde as 19:00 horas, no Café Bar Cultural A Sacabeira, de Sargadelos (Cervo). O evento celebrarase os días 19 e 20 de xullo en Bravos (Ourol), con entrada e acampada de balde.

Os organizadores anuncian que “o vindeiro 8 de xuño terá lugar a festa presentación do Festival Aturuxo 2024 – XII Edición en A Sacabeira,  Sargadelos. Cando algo é bo repítese e por iso é que non queriamos deixar pasar a oportunidade de facer, este ano tamén, a presentación oficial do noso festival coa marabillosa xente deste referente da cultura galega. Para tal ocasión non pode faltar música da boa e para iso contaremos coa actuación de Kedirán, que virán dende Compostela para facernos bailar e gozar a base de ben. Haberá racións de churrasco, opción vegana,...

leer más
04/06/2024

O salón de actos do Concello de Xove acollerá a décimo terceira edición do festival folclórico infantil que organiza a asociación cultural Saíñas. Será este sábado, día 8 de xuño, ás 18:00 horas.

Neste evento o grupo infantil Xoaniña, da asociación cultural Saíñas, estará acompañado polo grupo Mistura, de Lieiro (Cervo).

Os organizadores anuncian que “será unha tarde chea de diversión e alegría para todos”.

02/06/2024

A Escola Municipal de Música da Pontenova abre o prazo de matrícula para o curso 2024-2025 desde o luns 3 ata o venres 14 de xuño.

As persoas interesadas en obter máis información poden contactar a través do teléfono 650.34.81.23.

Etiquetas:
31/05/2024

Este vindeiro domingo Fernando Corujo actuará a partires das 13:00 horas na rúa San Roque para animar a hora do vermú, dos viños e das compras en Ribadeo. 

Ata xullo a música chegará tamén á Praza de Abaixo o 16 de xuño e tamén á Zona Vella o 7 de xullo.

“Estamos contentos coa acollida que están a ter estes concertos por diferentes recunchos da nosa vila, porque enchen de ritmo os mediodías dos domingos”, sinalan desde a organización. 

Concello e Acisa animan “á xente de toda a contorna a achegarse a Ribadeo a gozar do Domingueo e de todas as propostas que aquí poden atopar en calquera momento”.

 

31/05/2024

O cantautor Emilio Rúa presentará o seu espectáculo titulado “Lendas e Cantares” en Ribadeo co coro ribadense Sagrado Corazón este domingo, 2 de maio. Será no auditorio municipal Hernán Naval ás 20:30 horas.

É unha actividade incluída na programación cultural organizada polo Concello de Ribadeo.

29/05/2024

A trixésima primeira edición da Festival Folclórico Infantil que organiza a Agrupación Folclórica O Arco da Vella, de San Miguel de Reinante, celebrarase o día 29 de xuño, sábado, ás 19:30 horas. Será no pavillón do CEIP San Miguel, ata onde haberá un pasacalles dende a Praza do Souto.

Ademais do colectivo anfitrión actuará a Escoliña da Asociación de Música e Danza Tradicional Queiroa, do concello coruñés de Sada.

Etiquetas:
28/05/2024

Este domingo, día 2 de xuño, haberá un novo guateque do programa de actividades Arruguiñas . Estará amenizado polo dúo Primera Línea e será na Casa do Mar, en San Ciprián, desde as 19:30 horas.

Esta actividade está organizada polo Concello de Cervo en colaboración coa Asociación de Xubilados Terra Mar.

27/05/2024

A Big Band da Escola Municipal de Música e Danza ribadense dará un concerto no xardín da Escola Oficial de Idiomas de Ribadeo este martes, 28 de maio ás 19:00 horas. Ademais haberá un pincheo.

A organización desta actividade advirte que “en caso de choiva suspenderase o concerto e a merenda terá lugar no soto da escola”.