
Dentro do Programa de Nadal deste ano, un dos seus pratos fortes vai ser o Concurso de Karaoke, que este ano celebra a súa XI edición mañá venres, 29 de decembro, no pavillón municipal de deportes.
Este Concurso presenta tres categorías: PEQUES para menores de 12 anos; IUNIOR de 12 anos ou máis e menores de 18; VETERANOS para maiores de 18 anos.
En canto aos premios do Concurso, temos 3 por categoría: dous premios á Mellor voz e 1 premio á Mellor caracterización.
PREMIOS:
Peques.
Premio á “Mellor voz” : 2 premios de 60 euros
Premio á “Mellor caracterización”: 60 euros
Iunior
Premio á “Mellor voz”: 2 premios de 90 euros
Premio á “Mellor caracterización”: 90 euros
Veteranos
Premio á “Mellor voz” : 2 premios de 150 euros
Premio á “Mellor caracterización”: 150 euros
En total son 900 €uros en premios en metálico.
Mañá, de 17:00 a 19:00 h. os inscritos no Concurso terán a posibilidade de facer unha proba no Pavillón coa canción elexida. Neste mesmo horario inda haberá a oportunidade de inscribirse, sempre e cando a organización non haxa pechado a inscrición.
O Concurso vai comezar ás 21:30 horas, abríndose as portas ao público sobe as 21:15 h.
Desde a organización subliñan que “é importante sinalar que o pago dos premios vaise realizar o mesmo día do Concurso, ao remate do mesmo; con isto queremos darlles facilidades aos premiados/as que veñan de fóra de Xove, para que non teñan que volver a desprazarse ata Xove para poder cobralo premio”.