Exposiciones
Ribadeo acolle este días exposicións artísticas de Ana Méndez na Sala do Campo e de José Manuel na Oficina de Turismo
Ata o día 1 de setembro, domingo, a Sala da Oficina de Turismo ribadense alberga unha mostra de pintura de José Manuel “Abeyeiro”, especialista en obras que reproducen animais.
E na Sala de Exposicións do Campo pode visitarse ata o 2 de setembro, luns, unha mostra de pintura ao pastel de Ana Méndez.
A exposición ao aire libre titulada “Os vieiros de Asorey” pode visitarse en Foz. Estará na praza do parque Martínez Otero ata o día 18 de setembro, como un dos actos programados para esta edición do Día das Artes Galegas 2024, que homenaxea ao escultor Francisco Asorey.
Está composta por catro módulos e comisariada polo académico e fotógrafo Xurxo Lobato con textos do tamén académico Felipe Senén López Gómez, e organizada pola Academia coa colaboración do Concello de Foz e a Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
O Museo Provincial do Mar, en Cervo, acolle cinco novos elementos que serviron como ferramentas de traballo a María del Carmen del Río Martinez, percebeira en Rinlo, Ribadeo. A doante, que participou na mostra “Mariñas, Marosas e Maruxainas” que contaba a historia de 16 traballadoras do mar e da terra, unha por cada concello da Mariña, permite así coñecer o seu oficio a todas as persoas que visiten o espazo provincial.
O material está formado por cinco elementos. Por unha banda están tres utensilios como dispondas e o gancho para coller o percebe e, por outro están o gancho e o saco que se atan á cintura para a recollida deste crustáceo. Esta doazón ven a complementar o traballo das fotografías, asinadas por Germán Limeres, Xosé Reigosa, Ignacio Castro “Nachok” e Lucía Sánchez, que amosan o paso do tempo polas facianas e as mans de...
leer másO Concello de Burela acollerá, na Casa da Cultura, a exposición “Luces de Alén Mar. As Escolas de Americanos en Galicia”. Esta mostra do Consello da Cultura Galega será inaugurada o martes 20 de agosto ás 20:00.
O acto de presentación contará coa presenza de Rosario Álvarez Blanco, presidenta do Consello da Cultura Galega, e da burelá Emilia García López, responsable de Acción Exterior da mesma institución.
Esta exposicíón encádrase dentro da conmemoración do centenario das coñecidas como "Escolas Vellas" de Burela, e estará na Sala de Exposicións da Casa da Cultura ata o 10 de Setembro.
"Cremos que é unha boa oportunidade contar con esta exposición dunha entidade do prestixio como é o Consello da Cultura Galega, e especialmente facelo da man da súa presidenta Rosario Álvarez e dunha...
leer másRibadeo acoge en este mes de agosto exposiciones artísticas en La Casa de El Viejo Pancho y en la oficina de turismo en este mes de agosto.
Desde el día 13 hasta el 23 la oficina de turismo alberga una muestra titulada “Mixturas ribadenses”, que incluye pintura, fotografía y poesía. Sus autores son Josequín Milans y Manuel Parga.
Y en la Casa de El Viejo Pancho podrá visitarse del 14 al 24 de agosto la exposición fotográfica de Lourdes Casas titulada “Insomnio 43º32’14”N 7º02’35”O”.
O Museo do Mar de San Cibrao incorporou á súa exposición permanente unha espiña dun bonito de 48 quilogramos doada por Antonio Rey Otero, coñecido como “Ton”, histórico mariñeiro e armador de Foz.
A espiña, procedente dun exemplar de gran tamaño capturado entre as
costas de San Cibrao e Burela, pode verse na Sala 3 do museo , xunto a
restos doutras especies mariñas e obxectos relacionados coas artes e
aparellos de pesca.
Iria Castro agradeceu a xenerosidade de Antonio Rey Otero, sinalando que
"é un orgullo que unha persoa que viviu e coñece o mar e os seus oficios
como poucas decida legar esta peza ao Museo do Mar" e recordou o
"estreito vínculo do Museo coa comunidade xa que os seus fondos proceden
na súa maioría das persoas que cederon pezas, fotografías e a súa
memoria persoal ao Museo".
Renovación museográfica...
leer másO artista mariñán Otero Regal mostrará a súa exposición titulada “Esculpir o vento – Paisaxes” en Foz, concretamente no edificio do Cenima, desde este venres, 2 de agosto, ata o día 31 de mesmo mes.
A inauguración terá lugar este venres, 2 de agosto, ás 20:00 horas na sala de exposicións do Cenima, que está na Avenida da Ribeira, na vila focega.
Otero Regal conta con obradoiro propio de cerámica en Xunqueira (Viveiro). Impartiu cursos de raku, serigrafía cerámica e pastas cerámicas en varias localidades de España e realizou murais cerámicos para numerosos estamentos públicos e privados. Posúe obra en museos, fundacións e coleccións privadas de España, varios países europeos, Estados Unidos e Xapón. No ano 2011 recibiu o premio nacional de artesanía Promociona por parte do Ministerio de Industria.
A exposición Galicia Imaxinada estará no Edificio Multiusos de Ourol esta fin de semana, o sábado 3 e o domingo 4 de agosto. Poderá visitarse, con entrada gratuíta, de 10:30 a 14:00 horas e de 16:30 a 20:00 horas.
O Concello de Ourol explica: “dentro das actividades da Ruta Indiana este ano contamos coa exposición Galicia Imaxinada, cedida polo Consello da Cultura Galega. Esta mostra retrata a Galicia dos emigrantes: a real e a imaxinada. Unha exposición que permitirá visualizar a influencia da emigración na creación da imaxe de Galicia. A través de 20 paneis a mostra revisa as revistas porteñas como Céltiga, Suevia ou Almanaque Gallego, xunto coas habaneras Eco de Galicia y Tierra Gallega, entre outras”.
O Concello de Cervo anuncia que este venres, día 2 de agosto, será inaugurada a exposición de pintura titulada Espazos Habitados, de Blanca Dacal. O acto está previsto para as 19:00 horas na sala de mostras da Casa da Cultura, en San Ciprián.
Espazos Habitados é o título elixido para a exposición que “é unha viaxe de 25 anos a través da cor polos lugares non que viviu, sentiu e desenvolveu a autora a súa obra pictórica, A Alcarria, Madrid, Cádiz, Bos Aires, A Coruña, Xixón e San Ciprián. Son cadros que, resistindo a 15 mudanzas e reubicacións, mantivéronse decorando e creando espazos. Estas pinturas son testemuñas, compañeiras, reflexos de miradas, paseos, sonos, achados, partícipes de familia, amigas, amigos, vínculos, chanzos e moitas veces só presenza de espazos”.
A Xunta de Galicia entregou ao Museo Diocesano e Catedralicio de Mondoñedo unha antiga peza de cerámica descuberta nun xacemento da localidade no ano 2017. No acto, celebrado hoxe na Catedral, participaron o delegado territorial de Lugo, Javier Arias, e o bispo de Mondoñedo-Ferrol, Fernando García Cadiñanos, entre outros.
O fragmento é parte dunha cunca e presenta no seu fondo un grafito con sete liñas incisas radiais, interpretadas como a representación dun Crismón arcaico, segundo figura na memoria da intervención. Neste sentido, constituiría o achado máis antigo indicativo da presenza do cristianismo en Mondoñedo.
Apareceu nunha escavación financiada pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural na zona dos Castros, na parte alta da área urbana de Mondoñedo, nun contexto habitacional con abundantes fragmentos de...
leer más