Exposicións
O Concello de Burela acollerá, na Casa da Cultura, a exposición “Luces de Alén Mar. As Escolas de Americanos en Galicia”. Esta mostra do Consello da Cultura Galega será inaugurada o martes 20 de agosto ás 20:00.
O acto de presentación contará coa presenza de Rosario Álvarez Blanco, presidenta do Consello da Cultura Galega, e da burelá Emilia García López, responsable de Acción Exterior da mesma institución.
Esta exposicíón encádrase dentro da conmemoración do centenario das coñecidas como "Escolas Vellas" de Burela, e estará na Sala de Exposicións da Casa da Cultura ata o 10 de Setembro.
"Cremos que é unha boa oportunidade contar con esta exposición dunha entidade do prestixio como é o Consello da Cultura Galega, e especialmente facelo da man da súa presidenta Rosario Álvarez e dunha...
leer másA partir do 8 de agosto e ata o 8 de setembro poderá visitarse na sala das Antigas Carboeiras no Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos a exposición de pintura de Alfredo Erias Martínez “Muller e poder en Roma”.
A mostra conta con 15 cadros do artista nado en Presedo (Abegondo). Erias Martínez é un historiador, pintor, debuxante e gravador galego que foi tamén director do Museo das Mariñas de Betanzos durante case 40 anos.
A exposición enmárcase na programación cultural de verán do Concello de Cervo.
Unha mostra histórica e outra artística poden visitarse en Ribadeo ata o 5 e 6 de agosto respectivamente. Por unha banda, entre o martes 1 de agosto e o sábado 5 de agosto pode visitarse a exposición “Francisco Landín Pazos. Unha alborada para Ribadeo”, a cargo de Felipe Rea Otero, na oficina de turismo de Ribadeo. Neste caso está organizada pola asociación Amigos da Gaita Galega.
Por outra banda, dende o 26 de xullo e ata o 6 de agosto poderán coñecerse tamén as pinturas de Janet Felton en “Reflexións” sobre Castropol e Ribadeo, que se atopa na sala de exposicións do Campo San Francisco. O horario de apertura será de 17.30 a 21.30 horas.
Ambas mostras contan coa colaboración do Concello de Ribadeo.
As salas de exposicións do Concello de Cervo acollen dúas mostras de pintura no mes de agosto.
Unha das exposicións é conxunta de tres artistas: Ángel Picos, de Cedeira; Diego Pérez, de Viveiro; e Sergey Sozonov, de Yakutia (Rusia). Estará nas Carboeiras de Sargadelos ata o 30 de agosto.
A outra mostra está na Casa da Cultura de San Ciprián ata o 15 de agosto. Titúlase Azul e recolle obras da artista Blanca Dacal.