Alumeado de Nadal

03/12/2024

O Concello de Viveiro inaugura este venres, día 6 de decembro, o belén con figuras a tamaño real ‘Viveiro Ante o Berce’, e procederá ao acendido das luces de Nadal. Haberá chocolatada gratuíta para todos os asistentes.

‘Viveiro ante o Berce’, situado como sempre no atrio de Santa María e nas súas inmediacións, vaise inaugurar ás 19:30 horas, coa actuación do coro do CEP Lois Tobío e ofrecendo un chocolate aos asistentes, para o que se instalará unha pequena carpa no espazo entre as rúas Teodoro de Quirós e Pedro Fernández Orol. A esa mesma hora, ademais, procederase ao tradicional acendido das luces.

A alcaldesa, María Loureiro, explica “a importancia de acender o alumeado coincidindo coa ponte de decembro, alongando un mes o Nadal e favorecendo ao comercio e ao sector servizos. O belén é un referente a nivel...

leer más
01/12/2024

A parroquia focega de Vilaronte inaugurará o seu alumeado de Nadal cunha festa que se celebrará o día 8 de decembro, domingo, desde as 19:30 horas, no atrio da igrexa.

O evento está organizado pola asociación O Atrio, de Vilaronte, que anuncia: “para pasar un bo rato tod@s xunt@s contaremos coa actuación musical do grupo Mar Aberto, de Foz; caldo de pita e chocolate quentiño, que estes días de frío entra moi ben. Será unha noite chea de alegría, música e boa compañía”.