A sala de exposicións do Concello de Lourenzá acollerá unha mostra de pinturas e gravados de Luís Seoane desde este domingo, 24 de outubro, ata o 19 de novembro.
Anunciouno o concelleiro de Cultura laurentino, Manuel Arango Ron, quen explica que esta exposición, titulada Luís Seoane, natural “recolle pinturas e gravados que pertencen a coleccionistas particulares e o acceso para visitala será desde a biblioteca municipal”.
A inauguración está programada para este domingo ás 13:00 horas e a mostra estará aberta ao público de luns a venres de 17 a 20 horas. Para visitala fóra deste horario hai que chamar previamente ao Concello e contactar con María José no teléfono 982.12.10.06.
Está organizada polo Concello de Lourenzá e a Deputación de Lugo.