Traxes

Etiquetas:
05/05/2022

Celebra o Día das Letras Galegas no comercio de Foz coa asociación cultural Andaravío. Este é o slogan da nova campaña que organiza AciaFozCCA e que permitirá ver traxes rexionais galegos nos escaparates dos negocios participantes. 

Javier Ben, presidente da asociación cultural Andaravío, explica que “lo que vamos a hacer es exponer nuestros trajes. Nosotros somos una asociación que divulgamos la cultura tradicional: nuestro traje, nuestra música, nuestro canto, todo. Empezamos con una exposición de trajes, que vamos a sacar a la calle colaborando con AciaFozCCA. Los propietarios de locales de Foz van a dejarnos una parte de sus escaparates para colocar nuestros trajes durante una semana cultural, que será la de las Letras Galegas”.

Ben lembrou que “AciaFozcca ya lo ha hecho varias veces con los disfraces de...

leer más
Etiquetas:
12/11/2021

Despois de moitos meses aletargados por mor da situación sanitaria, a Sociedade Cultural Ledicia retoma pouco a pouco a actividade achegando ata Burela unha exposición  sobre o traxe tradicional denominada Vestimenta nas Terras de Lugo.

A exposición é froito do traballo do Obradoiro Traxandaina de Lugo, e amosará unha ampla colección de pezas da vestimenta de "dominguear" da nosa provincia  de finais do século XIX e comezos do XX. Son pezas orixinais recollidas en distintos concellos e traballos de reprodución extremadamente coidadosos. 

A inauguración terá lugar o domingo, 14 de novembro, ás 18:00 horas, e contará cunha explicación detallada das pezas a cargo do propio obradoiro. Posteriormente poderá visitarse na Casa da Cultura de Burela ata o 19 de novembro pola mañá de 11 a 13 horas, e pola tarde de 17 a 20...

leer más
Etiquetas:
15/02/2021

A concelleira de Cultura, Inés López Couto, anuncia que “continúa a programación disposta para a edición XXXIX e ¾ do Carnaval máis grande de Galicia, o de Foz, e mañá, martes, día 16 de febreiro, o Concello procederá á emisión a través da súa canle de Youtube do vídeo Escaparates Entroido 2021, realizado por Pablo Cid”. 

Inés López explica que “a iniciativa de engalanar os escaparates da vila cos traxes do noso Entroido xurdiu dunha proposta de Olalla Rodríguez, da comparsa Trouleiras, nunha das reunións telemáticas organizadas polo Concello con todos os grupos do Carnaval de Foz. A verdade é que foi un auténtico éxito e a Televisión de Galicia, a Televisión Española, a Fundación TIC, da Deputación de Lugo, e máis medios de comunicación viñeron facerse eco da iniciativa, na que colabora a ACIA local e outros moitos comercios”. 

... leer más
Etiquetas:
07/07/2016
O Castelo de Castro de Ouro, en Alfoz, será escenario este venres, 8 de xullo, dun desfile de traxes medievais, acto previo á celebración do XVIII Mercado Medieval.
 
O venres, 8 de xullo, terá lugar en Alfoz a presentación de XVIII edición do Mercado Medieval que se celebrará os días 15 e 16 de xullo.
 
Esta presentación irá acompañada da celebración dun desfile de traxes medievais. A colección destes traxes pertence á deseñadora Reme Espantoso.
 
O desfile comezará ás 21:00 horas e terá lugar no Castelo de Castro de Ouro. E, ademais da deseñadora, colaborarán no evento Peluquería Marité, Salón de Beleza Xanela, Óscar Novo Car, Ana Fabeiro Arte Floral, Twevento, Quorum Events, Eduardo Martínez Fotógrafo, así como membros da comisión organizadora do Mercado Medieval. 
 
... leer más