Eventos
A parroquia de Cervo xa se prepara para acoller, o vindeiro sábado 19 de agosto, a XLV Queimada Popular.
A cita foi presentada na Praza do Souto pola rexedora, Dolores García Caramés, a tenente alcalde, Mali Méndez o edil de Turismo, David Rodríguez,os representantes da Asociación Airiños do Xunco, Rafa Blas e Carlos Sanz.
Os actos arrincarán ás 10:00 horas, coa apertura do Mercado Tradicional. Ás 12:00 horas será o paseo de “autoridades” acompañadas do grupo Medio Quiñón
Ás13:00 horas será a lectura do pregón por parte das “autoridades”.
Entre as 12:00 e as 14:00 horas, poderase mercar diferentes tipos de comida nos postos instalados na contorna.
Xa pola noite, ás 23:00 horas, está prevista a saída da comitiva da Queimada desde as Escolas Vellas ata a...
leer másAs festas do Conde Santo en Lourenzá celebraranse do 25 ao 28 de agosto.
As actividades empezarán o venres 25 cunha cea baile e a actuación do grupo musical Toxo Guayaba, concerto que patrocina a asociación Patrimonio Laurentino.
O sábado 26 haberá sesión vermú coa orquestra La Favorita, que tamén amenizará a verbena xunto a Ritmo Bakano.
O domingo 27 na sesión vermú actuará Mar de Arousa, que tamén estará na verbena xunto a orquestra Cinema.
E o luns 28 rematarán os festexos cunha sesión vermú amenizada polo dúo Epo-k.
Estas festas están organizadas pola asociación Conde Santo coa colaboración do Concello de Lourenzá.
A área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo leva o espectáculo “Mil maxias máis” do Mago Antón a Meira, O Valadouro, Sarria, Guitiriz e Becerreá ao longo do mes de agosto.
No Valadouro estará este sábado, 12 de agosto, de 17 a 21 horas.
O Mago Antón chegará as vilas nas que actúa no magomobil, un vehículo preparado para o desenvolvemento do espectáculo e con capacidade para 70 espectadores. En cada lugar, fará cinco funcións diarias de 45 minutos cada unha, adaptándose á demanda.
A deputada de Cultura, Iria Castro, indicou que “esta xira comeza mañá venres en Meira, ampliando a programación das festas patronais, e continuará durante o mes de agosto no Valadouro, Sarria, Guitiriz e Becerreá” e explicou que “a programación amplía e diversifica a axenda cultural nas distintas...
leer másA Aula CeMIT do Concello de Ribadeo acollerá os días 23 e 24 de agosto uns obradoiros tecnolóxicos para a rapazada. Para participar é preciso inscribirse ata o día 22. As prazas son limitadas e poden reservarse online en cemit.ribadeo.gal ou en https://tinyurl.com/2adbref6
O 23 de agosto os obradoiros estarán destinados a nenas e nenos de 8 a 11 anos. E o 24 de agosto para rapazas e rapaces de 12 a 15 anos. O horario será de 10 a 13 horas.
Desde a Concellería de Mocidade explican que “se trata de impulsar actividades de mentorado desde idades temperás dirixidas á rapazada, especialmente ás nenas, para rachar estereotipos e espertar o seu interese e confianza nas súas capacidades para cursar estudos STEAM (acrónimo de ciencia, tecnoloxía, enxeñaría, artes e matemáticas)...
leer másO Concello de Cervo celebrará as Festas na Honra da Nosa Señora, San Roque e o Carme, do 14 ao 19 de agosto, cando terá lugar a Queimada Popular, festa declarada de Interese Turístico Galego, organizada por Airiños do Xunco.
A cita foi presentada pola rexedora, Dolores García Caramés, pola tenente alcalde, Mali Méndez, e por unha representación da Comunidade de Montes A Bidueira e da A.C. Rego Cachón que organiza as Festas Patronais.
Os festexos arrincarán o luns 14 de agosto coa popular Festa do Ovo Frito que contará coa actuación da Charanga Fuego e da Discomóbil Conxuro.
Xa o martes 15 de agosto, ás 13:00 horas está prevista a misa solemne cantada polo Coro de Cervo, seguida de procesión. A continuación haberá sesión vermú a cargo da Orquestra Tokio que repetirá na verbena á noitiña...
leer másOnte, mércores, botan a andar os actos previstos na XXXI edición do Mercado Medieval de Mondoñedo, que se prolongarán ata o vindeiro domingo. Un concerto do coro Mestre Pacheco e o Pequemedieval polas rúas da cidade servirán para ir abrindo boca cara ás xornadas principais da fin de semana.
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou na presentación do programa xunto co alcalde, Manuel Otero, e subliñou que se trata dunha festa de interese turístico que conta co apoio do Goberno galego.
Os postos do mercado abrirán o venres a partir das 20.00 horas, e o pregón será ás 12.00 horas do sábado, a cargo de representantes da asociación O Pasatempo.
O alcalde de Xove xunto coa concelleira de Cultura e os membros da Comisión de Festas presentaron o programa de actividades das Festas Patronais do San Bartolo 2023.
O 16 ás 22 horas na Praza do Concello terá lugar a proxección da película “O que arde”.
O 17 tamén na Praza do Concello ás 12 da mañá actuará o Mago Paco con “Hocus Pocus”. Ás 20:30 horas José Mª González Barcia, que fora mestre e director do colexio de Xove, será o encargado de dar o pregón das festas deste 2023. Será no salón de actos do centro cívico. E ás 22 horas na Praza do Concello actuación de La Penúltima con “Tributo a Sabina”.
O 18 de agosto haberá o scape room “La maldición pirata”, na Omix. A actividade está destinada a nenas e nenos a partir de 2º de Primaria. Ás 20 horas está programada unha sardiñada popular...
leer másO Concello de Trabada organiza diferentes eventos para toda a familia durante o mes de agosto dentro da súa programación de verán. Ademais conta coa colaboración da Xunta de Galicia e da Deputación de Lugo.
Por unha banda, terán lugar os Seráns culturais con tres actividades repartidas entre os días 14, 15 e 16 de agosto. Todas elas serán ás 18 horas na Praza do Concello. Tratarase da obra de teatro “Ghop!” da man de Teatro ó Cubo o luns 14 de agosto, Pakolas actuará con “Rockeando con Ramona Pequena” o martes 15 e Uxía Lambona e a banda molona traerá “Un soño é” o mércores 16.
Por outra banda, o sábado 26 de agosto a partir das 11:30 horas haberá actividades fluviais na Ría de Abres.
El Atyla es un velero clásico construido entre Soria y Bizkaia en los años 80. Se construyó a mano siguiendo los diseños de los barcos del siglo XVIII. Su historia es increíble.
En la actualidad, el Atyla es el único barco de madera de toda España que participa en regatas internacionales de grandes veleros. El Atyla suele recibir el premio a la tripulación más internacional.
Esta embarcación ha recorrido toda Europa y ha llegado hasta Rusia y Canadá. Todo ello dirigido por una organización benéfica que promueve habilidades como la inteligencia emocional, la resiliencia y el trabajo en equipo.
El barco podrá visitarse en el puerto deportivo de Ribadeo los días 11 y 12 de agosto de 12 a 14 horas. La visita es gratuita, pero hay que reservar en la página...
leer másA Área de Xuventude do Concello de Alfoz organiza unha nova edición das Noites de Campamento durante os días 22, 23 e 24 de agosto. Os rapaces de 13 a 17 anos (nados entre 2005 e 2010) poderán desfrutar de tres xornadas de acampada e actividades de forma gratuíta.
O prazo de inscrición está aberto ata o 14 de agosto e poderase facer tanto na Sede Electrónica como na propia Casa do Concello. As prazas son limitadas por motivos de organización.
Desde o Concello explican: “levaranse a cabo todo tipo de actividades como xogos nocturnos, busca do tesouro, tiro con arco ou piscina”. Os organizadores animan a toda a rapazada a participar nesta aventura.