Eventos
Viveiro acolle unha homenaxe ao recoñecido poeta viveirense Carlos Oroza, falecido en 2015. Será este domingo día 10 de setembro.
O evento constará de dous actos principais, organizados polo Concello de Viveiro, o Seminario de Estudos Terra de Viveiro e a asociación Évame Oroza. Por unha banda, a presentación do libro recompilatorio ‘Évame’, na sala multiusos do Concello ás 12:30 horas. E por outra parte ás 19:00 horas na praciña Carlos Oroza, na avenida de Lourdes, terá lugar a inauguración dunha placa conmemorativa do ceramista Otero Regal. Esta estará acompañada por un recital poético, unha actuación musical e outras actividades en lembranza do escritor.
Esta homenaxe chega despois de que en agosto Viveiro acollese unha exposición nos xardíns Noriega Varela con motivo do centenario do nacemento de Carlos Oroza, en 1923....
A parroquia de Vilaoudriz, na Pontenova, celebrará as súas festas na honra da Virxe das Dores do venres 15 ao domingo 17 de setembro.
O venres a partir das 22:00 horas haberá churrascada no campo da festa e verbena amenizada por Pedro Brmudez DJ. Para degustar o churrasco hai que comprar tickets e o prazo para retiralos remata o 13 de setembro.
O sábado ás 13:00 horas celebrarase misa solemne no campo da festa, onde ademais haberá procesión e sesión vermú co grupo Lecer, que tamén tocará na verbena, onde ademais actuará Verónica Cambón.
As festas rematarán o domingo 17, xornada na que ás 13:00 horas celebrarase misa solemne no campo da festa, onde tamén haberá procesión e sesión vermú co dúo La hora bruja.
O campo da festa estará cuberto con carpa.
Después del éxito de su anterior estancia en Ribadeo, en el pasado mes de julio, el hombre más modificado del mundo, el francés Anthony Loffredo -conocido como Black Alien- volverá a la villa ribadense para hacer tatuajes en Black Blood Tattoo Studio la próxima semana, concretamente el lunes 11 y el martes 12.
Los propietarios de Black Blood Tattoo Studio, Bailey José Ramírez Madrigal y Lucía Filgueira Fernández, explican que Anthony Loffredo “estará os días 11 e 12 deste mes no noso estudio traballando, como profesional da tatuaxe mundialmente recoñecido que é. Tatuará a súa propia firma ou deseños no seu estilo (abstracto a man alzada), aínda que os clientes tamén poden aportar ideas para as súas tatuaxes, sempre que sexa algo que Black Alien poida adaptar”.
La reserva de cita para ser tatuado por Black Alien...
leer másO sábado 7 de outubro terá lugar no Concello de Xove o XII Encontro de Palilleiras. Con ánimo de que este encontro sexa unha demostración do encaixe de bolillos desde o Concello “invitamos a todas as asociacións de palilleiras e vendedores artesanais a que nos acompañen ese día”.
O prazo de inscrición para participar estará aberto ata o día 30 de setembro e pódese facer a reserva a través das solicitudes que se atopan na páxina web do Concello de Xove www.xove.es e enviándoas por correo electrónico a encontropalilleiras@xove.es
O mar como fonte de saúde e de vida e como xerador de recursos será o protagonista do SetembroXNatural do Concello de Ribadeo.
A concelleira de Turismo, Marta Saiz, declarou que “un ano máis, Ribadeo contará cunha nova edición de SetembroXNatural, un programa de actividades relacionadas coa nosa natureza. Preténdese así darlle ao verán un peche de ouro, ofrecendo actividades formativas e de ocio atractivas para a veciñanza e visitantes. As actividades, que terán lugar ao longo de todo o mes, van dirixidas a un público familiar, e inclúen dende concertos a visitas guiadas, pasando por danza e circo, conferencias, degustacións, etc. Todos estes eventos, cos que esperamos sorprender ao público asistente, serán anunciados nos próximos días”.
Saiz relatou que “entre eles, queremos render nesta edición unha homenaxe ás...
leer másViveiro acolle o 10 de setembro unha marcha contra o cancro. O percorrido será de cinco quilómetros.
Viveiro acolle este domingo, 10 de setembro, ás 10:00 horas unha marcha en favor das persoas con cancro. Baixo o nome de ‘Viveiro en marcha contra o cancro’, o evento fai un chamado á veciñanza do municipio a colaborar na loita contra esta enfermidade.
A saída da marcha terá lugar na Fonte de Covas, dende onde os e as participantes percorrerán aproximadamente 5 quilómetros para chegar ata Celeiro.
A Asociación Española Contra el Cáncer en Lugo organiza este evento solidario contando coa colaboración do Concello de Viveiro e co patrocinio de Solán de Cabras.
A asociación O Noso Foz e o Concello de Foz abriron a inscrición para ser rei ou raíña do Entroido de Foz 2024, que se elixira nun acto público que terá lugar na Sala Bahía o día 14 de outubro deste ano, sábado.
“Tes máis de 18 anos e queres ser raíña ou rei do Entroido de Foz o próximo ano? Envía, antes do 15 de setembro, a onosofoz@gmail.com os teus datos persoais (nome e apelidos, DNI e data de nacemento) e dúas ou máis fotografías recentes”, explican os organizadores.
Trátase dun impresionante tobogán de 6 metros de alto que termina nunha piscina chamado Super Blue. E tamén o Kamikaze. A entrada é de balde, pero é preciso inscribirse no mesmo lugar.
O 4 de setembro funcionarán en horario de 17 a 20 horas. E os días 5, 6 e 7 será de 12:30 a 14 horas polas mañás e de 17 a 20 horas polas tardes.
Segundo informa o Concello de Cervo hai un horario reservado a Concilia o martes, mércores e xoves entre as 11 e as 12:30 horas.
As festas de Xunqueira (Viveiro), na honra da Nosa Señora de Valdeflores, celebraranse na fin de semana do venres día 8 ao domingo 10 de setembro. Foron presentadas pola alcaldesa de Viveiro, María Loureiro; o segundo tenente de alcaldesa, Jesús Fernández Fernández; e Jacobo Otero, membro da comisión de festas.
O venres 8 haberá verbena coas actuacións de Verónica Cambon e Disco Móbil Conxuto. O sábado 9 celebrarase misa solemne ás 12:00 horas e continuación terá lugar a procesión coa Banda Naval e sesión vermú co grupo Zona Zero. A partir das 17:00 horas haberá toro mecánico e festa da espuma. Rematará a xornada coa verbena amenizada polo Trío Zafiro e o grupo Zona Zero. E o domingo 10 a partir das 13:30 celebrarase a Festa dos Calles e sesión vermú co dúo Estrellas.
A concelleira de Promoción Económica e Turismo, Marta Saiz, anima a gozar das festas patronais de Ribadeo que se prolongarán ata o vindeiro 10 de setembro.
A edil lembrou que “o pasado venres deron comezo as festas patronais na honra de Santa María do Campo. Como é habitual celebrouse no Teatro o tradicional pregón da man de José Carlos Rodríguez Andina. Foi un pregón entrañable e cheo de emotividade, como non podía ser doutra maneira vindo dun ex alcalde e sobre todo dunha persoa cunha grande calidade humana. Tivemos o pracer de contar cun presentador excepcional como é o periodista ribadense Fabián Pérez e como broche final non podía faltar a actuación da Coral Polifónica de Ribadeo. E o sábado desde as sete da tarde tivo lugar o Xara Fest, un festival organizado por un grupo de rapaces moi novos, pero que derrochan ilusión e ganas de...
leer más