Eventos
O ex alcalde José Carlos Rodríguez Andina será o pregoeiro das festas patronais de Ribadeo 2023. Hoxe foron presentados o cartel e o programa. No acto participaron o alcalde, Dani Vega, as concelleiras de Cultura e Benestar Social, Begoña Sanjurjo e Elena Sierra, e os concelleiros de Deportes e Medio Ambiente, Francisco José Silvent e Diego dos Santos, xunto aos membros da comisión organizadora Juan López e Gonzalo Lebredo.
O rexedor contou que “hoxe presentamos as festas de Ribadeo e o primeiro que queremos facer dende o Concello é agradecer todo o traballo á comisión organizadora dos festexos. É importante destacar todo o que fan, como o organizan de ben e iso amosa un amor por Ribadeo”.
Para Vega “coordinar unhas festas sempre é complexo: barracas, as orquestras, as actividades alternativas, … É un feixe de...
leer másAs festas do Conde Santo en Lourenzá celebraranse desde mañá, venres 25, ata o luns 28. Nesta fin de semana haberá tamén o XXIV Día da Bicicleta, a primeira concentración de camións, a tradicional mostra folclórica e o terceiro certame de bandas de música. Os festexos foron presentados polos organizadores e a alcaldesa, Rocío López.
As actividades empezarán mañá, venres, co XXIV Día da Bici, evento que empezará ás 18:00 horas na praza do Conde Santo, desde onde se fará un percorrido de 12 quilómetros ata A Cazolga. Ao final haberá probas e competicións en entregaranse trofeos e agasallos sorpresa. As inscricións serán a partir das 17:00 horas na praza. E ás 22:00 horas terá lugar a cea baile Lenda do Conde, na que haberá as actuacións de Toxo Guayaba, DJ´s e El niño lápiz.
O sábado 26 sairán os Cocos ás 11:30...
leer másO vindeiro sábado, 26 de agosto, estará en Alfoz a Ciencieneta nas piscinas municipais ás 17 horas. Nenos e nenas de todas as idades poderán desfrutar deste proxecto de divulgación científica que conta con obradoiros, música, shows e humor de forma totalmente gratuíta.
A iniciativa está organizada pola Asociación Asíntota xunto ao Concello de Alfoz e conta coa colaboración do Ministerio de Ciencia e Innovación e FECYT.
Para obter máis información as persoas interesadas poden dirixirse á páxina web laciencieneta.com así como as súas redes sociais @cienceando en TikTok e @laciencieneta en Instagram.
O vindeiro sábado, 26 de agosto, a parroquia de As Anzas, en Ribadeo, acollerá a décima edición da Malla do Trigo. As tarxetas, incluídas as dos nenos, deben recollerse antes do xoves 24 no restaurante A Pena, en Casa Domingo ou en Multitiendas Teresa.
O inicio da malla será ás 10 horas co asentamento da maquinaria e dos primeiros mollos. A malla estará amenizada con actuacións musicais de Axeigo e Grupo Lume. Ás 12.30 terá lugar o reparto de pan, sardiñas e viño e será ao rematar a malla cando dea comezo a sesión vermú. Nesta ocasión, coa participación exclusiva de Grupo Lume.
A comida ten un custe de 30 euros, pero será de balde para nenos menores de 10 anos. Poderá desfrutarse de mexillóns ao vapor, polbo á feira, costela de porco asada e tarta milfollas.Tamén estará acompañada de pan, viño tinto Rioja crianza...
leer másO Parque de San Francisco acollerá o vindeiro sábado, 26 de agosto, unha nova edición do guateque dos 60, que organiza a comisión de festas coa colaboración do Concello de Ribadeo e da Xunta de Galicia.
A concelleira de Turismo, Marta Saiz, dixo que “o guateque é un dos eventos máis esperados durante o ano en Ribadeo. Esa homenaxe á música que marcou toda unha época e esas cancións de sempre que nunca pasan de moda. Chegou o día. O vindeiro sábado, 26 de agosto, a partir das oito da tarde temos e tedes todas e todos unha cita no Parque de San Francisco, unha cita na que Ribadeo retrocederá de novo a eses marabillosos anos 60. O guateque está organizado pola asociación Santa María do Campo e San Roque e colaboran o Concello, a Xunta e Estrella Galicia”.
A edil ribadense subliñou que “o Parque de San Francisco, que...
leer másO Concello de Foz recibiu na mañá de hoxe, martes 22, o autobús de RTVE que leva por toda España a campaña denominada Tu futuro se escribe con D. Está situado diante da Casa do Concello dende hoxe, martes 22, ata o xoves 24 en horarios de 12 a 14 e de 15.30 a 20.30 horas para todos aqueles que queiran visitalo.
A concelleira de Participación Cidadá, Elena Martínez Pena, mostrouse “moi contenta por esta campaña que vai acoller a moitos rapaces e persoas de calquera idade que queiran aprender sobre novas tecnoloxías e familiarizarse co mundo dixital”.
O alcalde de Foz, Francisco Cajoto, que estivo na presentación da actividade con Martínez Pena, cre “moi importante o contacto de todos coas novas tecnoloxías, que son o presente de todos e esta actividade é un moi bo modo de relación entre xeracións”.
... leer másO Concello de Cervo convida a asistir do 21 ao 25 de agosto ás actividades programadas na semana cultural de Airiños do Xunco. Todas elas desenvolveranse na Praza do Souto.
Para comezar o luns 21 de agosto arrinca cun espectáculo circense da man de Lila Star ás 20 horas. Seguidamente, o martes 22 tamén ás oito da tarde o grupo Pakolas ofrecerá un concerto para toda a familia.
O mércores, 23 de agosto, terá lugar unha actividade máis física xa que poderá desfrutarse de inchables dende ás 18 horas. E o xoves 24, celebrarase a festa da auga ás 18 horas.
Para pechar, o venres 25 ás 18 horas ofrecen un concurso co nome “Master Chef Cervo”, ao máis puro estilo do clásico concurso televisivo gastronómico.
Desde o Concello insisten en que non falte ninguén nesta tradicional cita de verán do Cervo.
Hoxe presentouse a V edición da Concentración de Retroclásicos Barreiros que terá lugar mañá, 19 de agosto, no aparcadoiro da praia de Coto a partires das 10:00 horas.
No evento haberá unha exposición de motos e coches clásicos que poderá visitarse ata as 13:30 horas aproximadamente. Hora na que partirán todos os vehículos alí presentes dirección ao Restaurante da Yenka, onde terán unha comida de confraternización e haberá a entrega de trofeos.
A novena edición da Feira de Gando de Cangas de Foz celebrarse este domingo, día 20, na área recreativa dos Castros. Está organizada polo Concello de Foz coa colaboración do colectivo Cabaleiros de Cangas, a Agrupación Deportiva e Cultural Os Castros, a Asociación de Veciños San Pedro e a Comunidade de Montes Veciñas en Man Común Real, Rañadoiro e Agudo. Na presentación do evento participou o concelleiro de Medio Rural, Benito García Bolaño.
Eladio Basanta, de Cabaleiros de Cangas, explicou que “pola mañá haberá feira tradicional de gando, mercado, paseos a cabalo para nen@s, sesión vermú, polbo, bar, etcétera. E pola tarde teremos as carreiras de andadura e sorteo de agasallos”.
A Comisión de Festas presentou o programa das actividades das festas do Naseiro ou Romaxe do Bo Xantar deste 2023. Entre os días 25 e 30 de agosto poderase desfrutar de diferentes actuacións musicais, atraccións infantís ou degustacións gastronómicas. A festa, declarada de Interese Turístico Galego, conta con colaboradores como o Concello, a Xunta ou Gadis.
O Naseiro dará comezo o venres 25 co Día do Polbo, que será amenizado por Charanga. Para seguir, o sábado 26 ás 13.30 horas haberá misa na Capela do Campo da Festa e procesión, seguida dunha sesión vermú e verbena cos grupos Superstar e Atenas. Igualmente, o domingo 27 tamén está programada unha misa na capela e vermú e verbena cos grupos M3 Show e Kalima 3.0.
Os días 28 e 29 poderase desfrutar unha vez máis de sesión vermú e verbena. Nesta ocasión, será o...
leer más