Flores
Xove celebrará a súa Festa das Flores o día 18 de maio, sábado, desde as 10:30 horas, cando se abrirá o mercado tradicional.
A partir das 11:30 horas haberá pasacalles coa Asociación Cultural Saíñas e a charanga NBA e demostración de oficios tradicionais. Ás 13:00 horas celebrarase misa solemne coan ofrenda floral á Virxe e ás 14:15, sesión vermú co grupo Rubí. Tamén haberá obradoiros de cerámica e de flores, para nenos e nenas, actuará Caxoto ás 18:00 horas e ás 22:00 horas empezará a verbena co grupo Rubí e Discomóbil Conxuro, para rematar cunha queimada popular.
A organización, que corre a cargo do Concello de Xove e da Asociación de Festejos Montevelle, anuncia: “o sábado 18 de maio celebramos a primavera en Xove coa Festa das Flores ou Fillas de María: Mercado tradicional, pasarrúas, obradoiros, contacontos,...
leer másA Reserva da Biosfera Terras do Miño, á que pertence o concello de Alfoz, organiza un curso de cultivo e secado de flores de primavera/verán. Será os días 5 e 6 de abril na Aula OMIX da Casa da Cultura de Alfoz, de 16:00 a 20:00 horas.
As prazas son limitadas a 12 e cubriranse por rigorosa orde de solicitude, chamando ao Concello de Alfoz, teléfono 982.558.001 (extensión 3).
Nas inmediacións da praza de abastos de Ribadeo desenvolvese o tradicional Mercado das Flores desde hoxe, domingo, e ata o vindeiro martes, 31 de outubro.
Moitas son as persoas que se achegan a algún dos postos dos produtores locais, que alí se atoparán instalados, para mercar as flores e os centros para Todos os Santos e Defuntos coas que despois adornarán os panteóns e os nichos dos seus seres queridos.
O Mercado das Flores está aberto entre as nove da mañá e as dúas da tarde.
En Xove o 20 de maio, sábado, celebrarase a Festa das Flores Fillas de María, que organizan o Concello de Xove e a Asociación de Festejos Montevelle.
O programa de actividades empezará ás 10:00 horas coa apertura do mercado tradicional. ÁS 11:30 horas haberá pasarrúas coa A.C. Saíñas e a charanga NBA, ademais de demostracións de oficios tradicionais. Ás 13:00 horas terá lugar a misa con ofrenda floral á Virxe e despois sesión vermú amenizada polo grupo Kalima 3.0, que tamén actuará na verbena, que comezará ás 22:00 horas, xunto coa discoteca móbil Conxuro.
Pola tarde, a partir das 17:00 horas, haberá inchables, Láser combat, actuación do mago Kiko Carrolo e da percusión africana Paz and Thorsten, ademais dun obradoiro de cerámica.
O Espazo Caritel aposta por normalizar o día a día. Dende a pasada semana está aberto con dúas visitas diarias, sempre guiadas, no seguinte horario: de martes a sábado ás 11.45 horas (mañás) e ás 18 horas (tardes). E os domingos hai unha visita programada para ás 12 do mediodía.
Desde o Espazo Caritel engaden que “paara grupos ou persoas interesadas en visitas fora do horario establecido, póñanse en contacto previamente con nós. Información e contacto: Teléfonos 982132694 // 659773916 e espazocaritel@gmail.com”.
O Goberno local do Concello de Mondoñedo vén de convocar o IV Concurso de decoración de balcóns e fachadas da cidade, baixo o nome ‘Florea o teu balcón’. A novidade na edición deste ano é unha categoría só para o rural, con dous premios e outra para o casco urbano, baixo a que se concederán catro premios.
O Goberno local vén de facer públicas as bases nas que indica que con esta iniciativa pretende poñer en valor os balcóns como elementos vivos e decorativos da cidade. Oconcelleiro de Educación, Cultura e Novas Tecnoloxías,Alberto García,explica que grazas a este tipode iniciativas, xunto a outras moitas, Mondoñedo resultou gañadora do Premio Parabéns desta edición, concedido pola Xunta.
Precisa que se trata dun concurso no que pode participar todo aquel que queira valorizar todo tipo de espazos, non só os nosos...
leer másO Goberno local do Concello de Mondoñedo vén de convocar o III Concurso de ornamentación de balcóns e fachadas da cidade, baixo o nome ‘Florea o teu balcón’.
O Goberno local vén de facer públicas as bases nas que indica que con esta iniciativa pretende poñer en valor os balcóns como elementos vivos e decorativos da cidade. O concelleiro de Educación, Xuventude e Novas Tecnoloxías,Alberto García, explica que este ano“gustaríanos repetir a alta participación das dúas primeiras edicións e, a ser posible, superala pero sabemos que non será doado xa que este concurso tivo moi boa acollida desde o principio, ademais porque Mondoñedo prestase a este tipo de propostas pola beleza do seu casco histórico”. “Un concurso no que pode participar todo aquel que queira valorizar todo tipo de espazos, non só os nosos fermosos balcóns e ventás, senón tamén...
leer másAchégase o IV Ribadeo Indiano e con ese motivo Acisa e Concello convidan á cidadanía a embelecer a vila adornando con flores ou plantas os seus balcóns ou fachadas. Acisa pide a colaboración dos seus asociados e o Concello engalanará algúns edificios públicos. O alcalde, Fernando Suárez, a concelleira de Turismo, Ana Martínez, o presidente de Acisa, David Martínez, e o xerente desta asociación, Jesús Pérez, presentaron a iniciativa esta mañá.
O rexedor dixo: “aproveitando esta IV Edición do Ribadeo Indiano queremos convidar á cidadanía a embelecer o noso concello adornando con flores ou plantas os seus balcóns ou fachadas”.
Suárez Barcia sinalou que “o que pretendemos é poñer en valor os beneficios estéticos ambientais da recuperación dos balcóns e fachadas como elementos vivos da vila, porque detrás de cada...
leer másTodo está listo en Xove para a celebración da Festa das Flores neste mes, os días 12 e 13 de maio.
O programa dará comezo o venres coa intervención de Marica Campo: “Cando a vida estal en flores”, seguida dunha interpretación musical e poética de Eduardo R. Basanta e VictorRolle, a partir das 20:30 horas. Ás 22:30 haberá actuacións de Joni Ramos e Ménage á Troix.
En Chao da Aldea o sábado ás 11:00 da mañá se fará a inauguración da festa, xunto co a exposción fotográfica e xogos populares, amenizado por un pasarrúas do Grupo de Gaitas Saiñas de Xove. Ás 12:30 horas terán lugar as ofrendas tradicionais á Virxe María, seguidas de misa, cantada por Louvanzas Novas, á unha do mediodía e de procesión. Para as 14:30 horas está prevista a sesión vermú, que amenizará a Banda de Música o Landro de Viveiro. A xornada de...
leer másO Concello de Mondoñedo abrirá o próximo luns, 17 de abril, o prazo de inscrición na segunda edición do concurso de ornamentación ‘Florea o teu balcón’. Os interesados que reúnan os requisitos para participar teñen de prazo ata o día 31 de maio para anotarse.
As inscricións poderanse facer a través do correo electrónico concursodebalcones@gmail.com ou no portelo de atención ao público da Casa do Concello de Mondoñedo. Deberán indicar o nome, apelidos e DNI, xunto ao enderezo do balcón.
Presentación do cartel
O edil de Educación e Novas Tecnoloxías, Alberto García, participou esta mañá na presentación do cartel que anuncia esta segunda edición do concurso promovido polo Concello de Mondoñedo, e que conta tamén coa colaboración do departamento de Turismo da...