Eventos

Etiquetas:
18/07/2023

 

A Asociación Bágoas da Terra está a preparar a edición número 43 da Mostra Folklórica Internacional de Viveiro, que este ano se celebrara entre o 1 e o 7 de agosto. O lugar dos eventos será principalmente, como outros anos, a Praza Maior de Viveiro.

Esta edición incluirá a Mostra Infantil, un concerto de música folk, o desfile das nacións, a recepción cas autoridades e unha exposición de indumentaria tradicional das zonas do Camiño de Santiago francés. Tamén, existirá a oportunidade de acudir a actuacións de grupos nacionais nos Xardíns Noriega Varela ou incluso a espectáculos musicais polas rúas. Así pois, destacan algúns pratos fortes como un espectáculo especial o sábado 5 á noite e a Gran Gala Internacional do domingo 6 de agosto.

Tras 43 edicións celebrándose de maneira...

leer más
Etiquetas:
17/07/2023

Tras o éxito das anteriores entregas, este Mércores de Natureza, 19 de xullo, propón o percorrido de 20 kms seguindo o itinerario do Camiño Natural do Cantábrico, sempre pegado á costa. Poderán visualizarse as zonas da praia das Catedrais, Rinlo e Ribadeo. Sen embargo, realizarase en sentido contrario ao habitual para aproveitar a marea baixa da mañá e poder disfrutar da praia das Catedrais.

A ruta durará todo o día xa que a saída está prevista para ás 10 horas en tren dende O Vicedo, para iniciar a ruta ás 11 e así regresar no tren que sae de Ribadeo ás 18.40 horas. Para anotarse á actividade debe facerse no teléfono 982.59.01.95 ou no correo electrónico omix@concellodovicedo.org 

 

Etiquetas:
16/07/2023

A axenda do Concello de Burela para o mes de xullo inclúe actividades deportivas, festivas e gastronómicas. 

A programación arrincou o pasado día 10 con balonmán e seguiron onte co IX Torneo de Tenis Memorial José Luis Yebra. A partires do luns, día 17, terá lugar un campus de fútbol da SD Burela. Tamén o luns volverá o balonmán para rapazas e rapaces de 6 a 16 anos e dará comezo o Verán na Praia, que se prolongará ata o 1 de setembro. 

Do 21 ao 23 terá lugar a Romaría do Monte Castelo. O 25 de xullo Burela celebrará o Día de Galicia cunha pancetada e co concerto de DeVacas. Entre os días 27 e 30 haberá un tapeo na hostalaría local que terá ao bonito como protagonista. Será a antesala da Feira do Bonito, prevista para a primeira fin de semana de agosto. 

O día 20 haberá Cine na Rúa. Será...

leer más
Etiquetas:
15/07/2023

O Concello de Viveiro organiza unha nova edición da Ruada de Contos, un evento xa consolidado no verán para a cativada viveirense.

Con esta iniciativa, o Concello busca, en palabras da concelleira Lara Fernández Fernández-Noriega, "poñer en valor un sitio tan emblemático e tan bonito como é o parque Pernas Peón", onde terán lugar os contacontos. En caso de choiva, serán na Sala Multiusos do Concello.

A Ruada de Contos desenvolverase ao longo de tres xornadas, sempre no parque Pernas Peón. A primeira será o xoves 20 de xullo ás 19:30, na que Inventi Teatro representará 'As palabras perdidas'.

A segunda xornada será á semana seguinte, o xoves 27 de xullo, tamén ás 19:30. Será a quenda de 'RillaRilla', a cargo de Xarope Tulú. Finalmente, a Ruada de Contos rematará o xoves 10 de agosto ás 19:...

leer más
Etiquetas:
14/07/2023

Festivais, cine, teatro, exposicións, Letras no Campo ou actividades para o público familiar son algunhas das propostas da axenda cultural de Ribadeo para este verán, que hoxe foron presentadas pola concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. 

A edil ribadense dixo que “a programación de verán do noso concello comezou co Ribadeo Indiano, un fin de semana cheo de cultura e historia que vimos de pasar. Moitas das actividades que vamos presentarvos están organizadas por diferentes asociacións ribadenses, a maioría de xente moza, ás que quero agradecer as súas ideas e o seu traballo, e coas que desde o Concello colaboramos gustosamente. Por exemplo, o Vendaval Fest que terá lugar xa o 22 de xullo, organizado pola asociación Catro Caños, e o Xara Fest que será o 2 de setembro, en plenas festas patronais, ten como motor outro grupo de mozos...

leer más
Etiquetas:
13/07/2023

presentouse na área recreativa da Veiga, en Muras, a sexta edición do Trail das Bestas, que se celebrará o vindeiro sábado 15 de xullo e que conta coa colaboración do Concello de Muras a través do Plan Único da Deputación de Lugo.

265 persoas anotáronse para facer a proba, que ofrece catro modalidades de participación: unha maratón de 43 quilómetros, un percorrido de 27 quilómetros, outro de 14 quilómetros e unha andaina, cunha distancia tamén de 14 quilómetros.

O escenario -a Serra do Xistral- é o elemento diferenciador desta carreira de montaña, que é unha referencia no calendario galego. Nesta edición, os percorridos das probas de distancias menores deseñáronse co obxectivo de poñer en valor ese espazo natural emblemático.

A loxística da proba concentrarase na contorna da área...

leer más
Etiquetas:
12/07/2023

A concelleira de Turismo, Marta Saiz, subliñou que o tren turístico-cultural enxalza o enorme potencial que ten Ribadeo. A nova tempada, que comezou hai unhas semanas, prolongarase ata o 10 de setembro. 

A edil ribadense declarou: “un ano máis presentamos o tren turístico que desde hai varias semanas percorre o ámbito urbano da nosa vila. Ribadeo segue a ter un gran tirón turístico, son moitos os turistas e as persoas que recibimos cada ano, non só en verán, senón que se estende a outras épocas do ano e realmente esta actividade é un servizo moi demandado”. 

Saiz dixo que “quen se anime a subir a este tren turístico-cultural, podemos chamalo así, porque visita o Ribadeo cultural, natural, o casco histórico, a nosa arquitectura, o centro da vila, … polo que tamén percorre o sector servizos e en consecuencia o noso...

leer más
12/07/2023

O Concello de Cervo convida a gozar do Festival Folklórico internacional e Infantil que se celebrará en San Ciprián, na Praza dos Campos, a primeira fin de semana de agosto da man do Grupo Folklórico Mistura, coa colaboración da Administración local.

A rexedora, Dolores García Caramés, e o concelleiro de Emprego e Formación, Alfredo Fernández, presentaron a cita acompañados do Presidente e profesor do Grupo organizador, Claudio López, e doutros compañeiros de Mistura.

Así, o venres 4 terá lugar o Festival internacional que arrincará ás 19:30 horas coa participación dos grupos African Tumbas (Kenia), Otrora (Colombia), Ibarra Kaldu (Portugalete/Biscaia) e o grupo anfitrión Mistura será o encargado de poñer o broche de ouro.

Xa o domingo 6 será a quenda dos máis pequenos/as; a partir das 19...

leer más
Etiquetas:
12/07/2023

O Concello de Lourenzá deu a coñecer a programación para o Día de Galicia, 25 de xullo, na honra de Francisco Fernández del Riego. Esa xornada terán lugar diferentes actos culturais organizados polo Concello de Lourenzá e a Mesa Coordinadora Don Paco.

En primeiro lugar, ás 13.30 horas na Praza de Conde Santo celebrarase a escenificación do manifesto que o propio escritor leu o 25 de xullo de 1931, a cargo do grupo Avelaíña Teatro. Simultaneamente estará acompañado con música da Asociación Cultural Osorio Gutiérrez. 

E ás 20.30 horas no Multiusos “Ponte das Cuñas” haberá unha representación da obra de teatro Almas na Gloria, que foi escrita como homenaxe á Don Paco. Tamén nesta ocasión, representado polo grupo Avelaíña Teatro, de Pontevedra.  

 

Etiquetas:
11/07/2023

San Ciprián celebrará as Festas na Honra da Virxe do Carme a fin de semana do 14 de xullo.

A cita foi presentada pola rexedora, Dolores García Caramés, pola concelleira de Muller e Igualdade, Pilar Armada, e por representantes das diferentes asociacións e colectivos do municipio que participan: Mar de San Ciprián, Mulleres de San Ciprián, Amigos da Maruxaina, A Rebolaxe e a Coral Terramar.

O programa arrinca o venres 14 de xullo, coa festa do Mexillón que organiza a asociación Amigos da Maruxaina. Será a partir das 20:00 horas na Praza dos Campos. A continuación, Disco Móbil Chocolate e Disco Móbil Conxuro, encargaranse de amenizar a Festa da Xuventude.

O sábado 15, a sesión vermú correrá a cargo da orquestra La Dimensión, a partir das 14:00 horas. Á noitiña, ás 21:00 está prevista unha...

leer más