Eventos
Haberá actividades para todos os públicos, animación musical nas rúas, o tradicional desembarco e xuízo popular á Maruxaina, gran queimada popular e verbena
Haberá un posto de seguridade e instalarase un Punto Lila
O Concello de Cervo organizará un ano máis e celebrará a XXXVI Festa da Maruxaina o sábado 12 de agosto.
A cita foi presentada pola rexedora, Dolores García Caramés, a tenente alcalde, Mali Méndez, a edil de Servizos Sociais, Pilar Armada, o concelleiro de Emprego e Formación, Alfredo Fernández, e por unha representación da asociación Amigos da Maruxaina, que se encarga da pre-maruxaina e do xuízo a medianoite.
Ese día 12 serán os actos centrais, pero xa o venres terá lugar a Pre-Maruxaina co gran chupinazo ás 19:00 horas, seguido da concentración de...
leer másO Concello de Foz e a asociación O Noso Foz presentaron hoxe, venres, o cartel das festas do San Lourenzo.
A concelleira de Cultura, Inés López Couto, anuncia que “coma todos os agostos, Foz énchese de música e cor coas súas festas do San Lourenzo. A asociación O Noso Foz e o Concello presentan un cartel cheo de actividades para todos os públicos, que engade ao municipio atractivo para visitalo”.
Inés López engade que “esta semana o pistoletazo de saída dáse o domingo 6, día en que se celebrará o IV Festival de Bandas Vila de Foz. Organizado pola Banda de Música de Foz coa colaboración do Concello, contará coa actuación da Banda de Música Municipal de Meira e da Banda Sons e Soños, ademais da anfitrioa. O concerto será ás 20.00 horas na praza Conde de Fontao. A vindeira semana será a grande das festas do San...
leer másEsta fin de semana a nave de redes do Porto de Burela volve acoller unha nova edición de PRODUART, a Feira dos Produtos do Mar, Artesanais e Ecolóxicos que organiza anualmente a Fundación Expomar e que, como cada ano, se celebra de venres a domingo coincidindo coa Feira do Bonito.
O conselleiro do Mar da Xunta de Galicia, Alfonso Villares, xunto coa presidenta da Fundación Expomar e alcaldesa de Burela, Carmela López, inaugurarán a 21ª edición da feira este venres ás 18:00 horas na nave de redes do porto de Burela.
Desde o venres pola tarde ata a noite do domingo, o porto de Burela acollerá a máis de 40 expositores de diversa orixe, desde artesanía tradicional e produtos naturais-ecolóxicos, alimentación (tanto perecedeira como elaborados e conservas), artesanía, natureza e medio ambiente.
... leer másO Concello de Viveiro acolleu a presentación da 39ª Feira de Artesanía, que se celebrará nos xardíns Noriega Varela entre os días 11 e 20 de agosto.
A feira, organizada polo Concello de Viveiro e a asociación PROA, terá este ano máis de 35 stands e a presenza de numerosos profesionais da artesanía. O deseño do cartel é de Ruth Adrio.
Como o ano pasado, este ano haberá stands efímeros, no que algúns días haberá artesáns e outros obradoiros ou demostracións do oficio.
Dentro dos efímeros, Lía B estará os días 11 e 12 de agosto; Bilbiricoca, o día 13; Como pez en el agua, os días 14 e 15; Qué barbaridad!, os días 16 e 17; Soledad Mato, o venres 18, e Mado Artesanía Textil, os días 19 e 20.
“Unha referencia no sector, unha feira que destaca pola calidade e a...
leer másO mércores, 2 de agosto, ábrese o prazo para anotarse para levar os ananiños dos cabezudos, que sairán do 12 ao 15 de agosto durante as festas patronais de Viveiro.
Poden participar nenas e nenos de 7 a 12 anos. O prazo estará aberto ata cubrir as prazas. A inscrición debe facerse no Teatro Pastor Díaz de 9 a 12 horas ou chamando por teléfono ao 982 56 01 62
Cada persoa pode anotar un máximo de 4 nen@s
A cita comezará o venres 4 de agosto, a partir das 19:30 horas, coas actuacións dos grupos African Tumbas (Kenia), Otrora (Colombia), Ibarra Kaldu (Portugalete/Biscaia) e o grupo anfitrión Mistura será o encargado de poñer o broche de ouro
O domingo 6, a partir das 19:00 horas, será a quenda do Festival Infantil coa participación da Asociación Cultural Buxainas (Cedeira), a Agrupación Folklórica Os do 21 (O Vicedo) e rematará co Grupo Folklórico Mistura de San Ciprián
O Concello de Cervo convida a gozar do Festival Folklórico internacional e Infantil que se celebrará en San Ciprián, na Praza dos Campos, esta primeira fin de semana de agosto da man do Grupo Folklórico Mistura de Lieiro, coa colaboración da Administración local.
A rexedora, Dolores García Caramés, e o concelleiro de Emprego e Formación,...
Todo está listo en Viveiro para la celebración de la 43º Edición de la Mostra Folklórica Internacional de Viveiro, Festival de renombre internacional integrado en CIOFF (Consejo Internacional de Organizaciones de Festivales de Folklore y de las Artes Tradicionales) integrado en la ONU-Unesco, del que Bágoas da Terra y Viveiro se sienten orgullosos, por ser uno de los pocos Festivales de esta entidad y nivel de España.
La programación comenzará con la inauguración de la Exposición “A Indumentaria tradicional no camino francés”, que se podrá visitar del día 1 al 7 de Agosto, en la sala de exposiciones del Concello de Viveiro-Biblioteca Municipal y que contiene indumentaria tradicional de La Rioja, Castilla-León, etc.
El Jueves día 3 a las 20:30h en la Praza Maior tendrá lugar la Mostra Infantil con la participación...
leer másO Concello de Viveiro presentou o cartel das festas patronais, ademais de adiantar algunhas das principais actuacións previstas nos días centrais do mes de agosto.
“Teremos de novo unha programación variada e para todas as idades e gustos, as festas patronais serán de novo un moi bo momento para desfrutar de Viveiro na compañía dos nosos familiares e amigos”, asegurou na presentación a alcaldesa, María Loureiro.
O cartel das festas patronais deste ano é dun artista local e emerxente, Uxmal Díaz, un artista plástico e gráfico que xa recibiu numerosos premios pola súa obra.
“Queremos darlles voz aos artistas locais e que teñan a oportunidade de expresar o que significan para eles as festas patronais, tan importantes para os nosos veciños e veciñas”, explica a concelleira Lara Fernández...
leer másA Fundación Expomar formará parte dunha rede nacional de turismo mariñeiro. Este foi un dos asuntos abordados na reunión do padroado, que preside por primeira vez unha muller: Carmela López.
O padroado celebrou a primeira xuntanza ordinaria deste mandato, na que se procedeu á renovación dos cargos por parte d@s representantes do Concello de Burela.
A presidenta da Fundación Expomar e alcaldesa de Burela, Carmela López, contou que “celebramos a primeira xuntanza ordinaria do padroado da Fundación Expomar deste mandato. Entre outros puntos tomouse posesión e renováronse os cargos por parte das e dos representantes do Concello de Burela e desde hoxe a Fundación Expomar conta coa súa primeira presidenta”.
O concelleiro de Mar, Ramiro Fernández Rey, é o secretario. E incorpórase ao padroado...
leer másPresentouse na Praza de San Marcos o XL Festival Folclórico Internacional do Emigrante, que se celebrará o 5 de agosto en San Miguel de Reinante, en Barreiros, e que conta co apoio da área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
Ensemble Nicola Tesla de Belgrado (Serbia), Grupo Danses El Raval de Vila-Real (Castellón) e a Asociación Folclórica O Arco da Vella, organizadora do encontro xunto ao Concello de Barreiros, actuarán nesta mostra internacional que é un referente festivo e cultural para a veciñanza de Barreiros e da comarca e que conta coa distinción de Festa de Interese Turístico Galego.
O deputado de Medio Rural, do Mar e Mocidade Daniel García, a deputada de Cultura Iria Castro, a alcaldesa de Barreiros Ana Ermida e integrantes de O Arco da Vella participaron no acto de presentación no...
leer más