Eventos

Etiquetas:
20/09/2023

As nenas e os nenos serán os protagonistas o 24 de setembro do Mercado dos Domingos. Esa xornada haberá xincana e música na contorna da Praza de Abastos. 

A concelleira de Comercio, Marta Saiz, declarou que “desde o Concello de Ribadeo seguimos presentando esa intensa axendiña para dinamizar e por en valor o Mercado dos Domingos, un mercado de calidade onde os produtores achegan os seus produtos directamente ao consumidor final. Trátase dun mercado moi diversificado, onde reina o produto da horta, pero onde tamén podemos atopar pan, queixo, embutidos, zumes, ostras, doces e ata cervexas artesas”. 

A edil ribadense contou que “o vindeiro domingo, 24 de setembro, os pícaros e as pícaras ocuparán o mercado. A programación inclúe unha xincana Alimentos da nosa terra, a cargo de Eo Alimenta. E tamén teremos un concerto...

leer más
Etiquetas:
19/09/2023

A programación da XXXI Festa da Faba de Lourenzá, que se celebrará desde o día 29 deste mes ata o 1 de outubro, inclúe como novidade o Faba Fest. Será o venres pola noite no Campo dos Bolos e contará coa actuación do Grupo Beatriz e dos DJ Pedro Brmudz e Litainer, con entrada gratuíta. Ademais o programa inclúe outras actuacións musicais, degustacións e venda de fabas, exposicións e demostracións de artesáns, showcooking, cata de viño, tren turístico, concentración de vehículos clásicos e outras actividades.

Os actos empezarán o venres 29 ás 19:00 horas cun pasarrúas da Fanfarria Furruxa, que tamén actuará no Claustro do Mosteiro ás 21:00 horas. Ese día haberá ademais unha cata comentada de viño a cargo da adega Tapias Mariñán, da Denominación de Orixe Monterrei. E a partir das 22:30 horas no Campo dos Bolos, xunto ao mosteiro, terá lugar...

leer más
19/09/2023

Oito colectivos da provincia de Lugo participan esta semana no programa Coñece a túa provincia da Deputación para percorrer e descubrir diferentes recursos turísticos do territorio lucense. Unha iniciativa grazas á que se achegan entre hoxe e o venres 160 persoas ata Barreiros, Ribadeo, Samos, Sarria, Cervantes, Navia de Suarna e O Saviñao, segundo a ruta que cadaquén escollera.

Os primeiros en facer a visita este martes son os integrantes da Asociación de Veciños, Comerciantes e Industriais da Milagrosa, de Lugo, que arrancan percorrido na Granxa Gayoso Castro, e, posteriormente, achegaranse aos concellos de Barreiros e Ribadeo, onde pasearán a pé polo paseo marítimo barreirense, visitarán a praia das Catedrais e o núcleo de Rinlo, e rematarán viaxe no casco histórico ribadense. Tamén hoxe os membros da asociación de veciños San Pastor,...

leer más
15/09/2023

A Pontenova celebrará as súas festas patronais, na honra de San Lucas, do venres 6 ao luns 9 de outubro.

O venres a música correrá a cargo da Hermo disco truck con DJ Bombardero e Cosmedeejay.

O sábado haberá sesión vermú e verbena coa orquestra Compostela. E ás 19:00 horas na Avenida de Vilaoudriz terá lugar un show acrobático con motos e outros vehículos a cargo de Paulo Martinho. Ademais estará a Hermo disco truck con Pedro Brmudz e ás doce e media da noite farase a XXIII Queima dos Fornos.

O domingo haberá sesión vermú e verbena coas orquestras Costa Dorada e París de Noia.

E o luns 9 rematan as festas cunha sesión vermú amenizada por DJ Bombardero.

 

Etiquetas:
14/09/2023

O Concello de Foz presentou hoxe, xoves, a súa programación cultural para os meses de setembro, outubro e novembro. A concelleira de Cultura, Inés López Couto, anuncia que “este outono chega cargado de novidades teatrais, musicais e de cine”.

A edil de Cultura explica que “a primeira novidade son as sesións de cine, que se ofrecerán todos os venres de setembro, con películas galegas premiadas nos Goya. Serán na Casa da Cultura ás 20.30 horas. A pesares de que Foz carece de cine, queremos que continúe tendo ese servizo, xa que en Galicia contamos cun cine da mellor das calidades”.

Inés López Couto engade que “outubro comeza con Entroido, xa que o día 14 realizarase na Sala Bahía o acto de elección da raíña ou rei desta festa, que por fin conseguiu que se recoñecera que é espectacular e que atrae a moitos visitantes...

leer más
Etiquetas:
14/09/2023

O Concello de Viveiro participa na celebración da segunda edición dos ‘Días da Rede Europea de Celebracións de Semana Santa e Pascua’ do 1 ao 15 de outubro. Nesta ocasión, e dada a acollida da iniciativa o pasado ano, celebrarase durante quince días en lugar de dous. 

Trátase dunha iniciativa organizada pola propia Rede Europea de Celebracións de Semana Santa e Pascua, da que fai parte o Concello de Viveiro. Nace con carácter anual, e permite dar a coñecer os valores culturais tanxibles e intanxibles da Semana Santa fóra da súa época de celebración, ademais de ofrecer unha oferta turística e cultural para a poboación local e visitante. 

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, destaca que esta “é unha oportunidade perfecta para seguir poñendo en valor a proxección internacional da nosa Semana Santa”. “Dende o...

leer más
Etiquetas:
13/09/2023

O Concello de Burela celebra unha nova edición da Semana Europea da Mobilidade, que terá lugar entre o sábado día 16 e o venres día 22 de setembro. Unha semana chea de actividades de moi diversa índole para promover a sostibilidade e a accesibilidade. 

Lina Gómez Pardo, concelleira de Cultura en Burela e responsable do Centro de Educación Medioambiental Gaia, destaca "o compromiso do Concello tanto co medio ambiente como coa promoción dun estilo de vida saudable, que son dous dos eixos centrais da programación desta nova Semana da Mobilidade”. 

A concelleira tamén sinala a aposta do Concello “polo uso da rúa para realizar as actividades, non só nas prazas, e sacar fóra aquelas actividades realizadas en ximnasios, aulas ou pavillóns”. Así mesmo, animou á veciñanza a “facer uso do zapato como o mellor vehículo...

leer más
Etiquetas:
12/09/2023

A Deputación de Lugo botou a andar este martes a segunda quenda de viaxes da terceira edición do programa Coñece a túa provincia.Faranse excursións gratuítas dun día os martes, mércores e venres, nas que participarán máis 1.230persoas de 55 entidades da provincia ata o 7 de novembro.

A Deputada de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas, Mayra García Bermúdez, e o Deputado de Participación Cidadá, Iván Castro Díaz, foron os encargados de dar a benvida ás primeiras entidades participantes desta nova quenda de viaxes: aasociación de veciños San Cristovo de Mouricios, de Chantada, e a asociación cultural e de veciños Fumiña-Paraxes, da Pastoriza. Os chantandinos visitaron o Pazo de San Marcos e achegáronse ao municipio de Cervo, mentres que o colectivo pastoricense coñeceu o traballo que realiza a Produtora de Audiovisuais, e os...

leer más
Etiquetas:
11/09/2023

O lugar de Trasbar celebrará a próxima fin de semana, do 15 ao 17 de setembro, a romaría de Santa Eufemia. 

A cita festiva foi presentada pola rexedora, Dolores García Caramés, o edil de Zona Rural, Adrián Arias, e por unha representación da asociación de veciños do Burgo de Trasbar, que se encarga da organización dos festexos.

A Romaría dará comezo o venres ás 23:00 horas da man de Disco Móbil Conxuro.
O sábado, ás 13:00 horas será a misa solemne na honra de Santa Eufemia cantada polo Coro de Cervo,   e a continuación terá lugar a sesión vermú da man do grupo Fussion, que repetirá na verbena con Disco Móbil Conxuro, a partir das 22:00 horas. Ao remate, haberá unha degustación gratuíta de caldo galego para os/as asistentes.

O domingo, ás 13:00 horas volverá haber misa, na honra de...

leer más
Etiquetas:
10/09/2023

O 23 de setembro terá lugar a segunda baixada das carrilanas en Riotorto.

A actividade está organizada pola Asociación de Carrilanas os Meiregos, club formado por veciños e amigos de Meira e esta celebración ten o dobre obxectivo de reivindicar esta práctica e ao mesmo tempo traer turismo á zona e axudar aos negocios.

As inscricións poderán realizarse ata o 20 de setembro ás 23.59 horas.

Os menores de idade enviarán ao organizador da carreira a autorización correspondente para poder participar na proba, envío obrigatorio ao asociacionosmeiregos@gmail.com.

A xornada dará comezo ás 11.00 horas coas verificación técnicas e administrativas, de 13.00 a 14.00 horas haberá un pincheo. Ás 14.30 horas comezará o remonte...

leer más