Eventos
Muras celebra esta fin de semana a oitava edición da Feira do Mel, coa colaboración da área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. O deputado Daniel García, o alcalde de Muras Manuel Requeijo e a tenente alcalde Paula Gómez, acompañados por Isabel Goti e Manuel Ferreira da Casa do Mel de Goente , presentaron o programa de actividades, que pon en valor a calidade do mel das producións locais.
A feira, que se abrirá o domingo ás 10.00 horas, na Praza do Viveiró contará cunha trinta de postos de venda de mel e outros produtos derivados ou elaborados con mel -hidromel, cervexa, cera -, entre eles oito postos de produtoras e produtores de mel de Muras que participarán tamén na cata de mel que se celebrará o sábado pola tarde.
Manuel Requeijo valorou a Feira do Mel como "un evento consolidado co que fomos...
leer másO Concello de Trabada organiza un campamento de Nadal dende o 26 de decembro ata o 5 de xaneiro dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos que estean empadroados en Trabada ou que teñan familiares empadroados aquí coa finalidade de promover a conciliación da vida laboral e familiar das familias.
Desde o Concello explican que “imos contar cunha programación ampla e variada, dende obradoiros de manualidades e de cociña, actividades interxeracionais cos maiores, proxección de películas ou contacontos así que non dudedes en anotarvos. Tedes prazo ata o 20 deste mes”.
Xa está aberto ao público o belén 'Viveiro ante o berce' no atrio da Igrexa de Santa María de Viveiro.
O belén considérase como un dos máis importantes de Galicia, destacando pola súa beleza, a dimensión das súas pezas, a extensión do conxunto do propio belén e por estar instalado nun enclave histórico-monumental único.
"O belén é un dos referentes do Nadal da Mariña e de Galicia, e constitúe un importante reclamo turístico e cultural para o municipio. A súa relevancia atrae a unha gran cantidade de visitantes, o que supón un impulso económico destacable para a economía local", asegurou a alcaldesa, María Loureiro.
Viveiro ante o berce estará aberto ata o 14 de xaneiro.
A programación cultural do Concello de Cervo inclúe para esta fin de semana un espectáculo de malabares o venres, 8 de decembro, e un monólogo de Avelino González para o sábado, día 9.
O venres ás 17:30 horas terá lugar o show titulado "Cirkote, espectáculo de malabares" a cargo de Kote Malabar. Será nas Escolas Vellas de Cervo, coa colaboración da asociación Airiños do Xunco.
E o sábado ás 19:00 horas o actor Avelino González ofrecerá o monólogo "Contos de Contrabando" no auditorio da Casa da Cultura, en San Ciprián.
A Asociación de Veciñ@s de San Román do Vicedo, coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, organiza unha visita da Apalpadora para este domingo, 10 de decembro, ás 17:00 horas, na Casa da Cultura do Vicedo. É para todos os públicos con entrada de balde.
“Dende as montañas máis profundas da nosa terra chega a Apalpadora! A filla do lexendario Apalpador colle o testigo do seu pai e baixa nestas datas para visitar aos nenos e nenas galegas. Cun cesto cheo de castañas e os seus tradicionais xoguetes de madeira contaravos como é a vida na alta montaña e as súas marabillosas lendas, para transmitir valores como o respecto polo monte, o coidado do rural e a importancia dunha alimentación sa e sostible”, explican os organizadores desta actividade.
A Fundación Expomar organiza a celebración do chamado “Día do Orgullo Mariñeiro”, que terá lugar en Burela e en toda a Mariña Lucense o vindeiro 15 de decembro.
No acto de presentación do "Día do Orgullo Mariñeiro", que tivo lugar este martes no Hotel Nordés de Burela, participaron a alcadesa de Burela e presidenta da Fundación Expomar, Carmela López, e o xerente, José M. González ‘Brais’, xunto coa delegada territorial de Pesca da Xunta de Galicia, Mariña Gueimunde, e o concelleiro de mar e turismo de Burela, Ramiro Fernández.
Tamén estiveron presentes representantes do comité organizador Expomar e do padroado da fundación, os directores dos colexios públicos de Burela, as responsables das empresas de cáterin que se van encargar do reparto da comida nos colexios, Eurest e Twitty, e outros representantes...
leer másLa asociación Amadores da Música, de Ribadeo, obsequia a sus socios y socias al corriente de pago de la cuota de este año 2023 con una participación de 50 céntimos de euro de Lotería Nacional para el sorteo extraordinario de Navidad del número 67.150.
Por segundo año la junta directiva de Amadores da Música decidió dárselo a conocer a sus asociados a través de los medios de comunicación al no poder comunicárselo por carta a las nuevas direcciones, como consecuencia del cambio de la numeración en viviendas de Ribadeo. En el año 2021 la mayoría de las cartas enviadas fueron devueltas a la asociación por Correos.
Amadores da Música ruega a sus asociados que comuniquen su nueva dirección postal a través del correo amadoresdamusica@yahoo.es, para renovar la base de datos y...
leer másA campaña de Nadal do Centro Comercial Histórico de Viveiro comeza nestes días cunha morea de actividades, concursos e sorteos.
Este ano seguen apostando por reforzar a decoración da rúa, e repartiron mais de 120 árbores de luces leds que estarán colocados nas entradas dos comercios “e decoramos os escaparates de tódolos negocios asociados cun lazo de vinilo vermello semellando o envoltorio dun agasallo. A idea é transmitir que o mellor agasallo deste Nadal é mercar no comercio local, o comercio de proximidade”, explican desde o CCH.
A atmosfera navideña tamén será musical, posto que as rúas estarán ambientadas con panxoliñas, grazas ó fío musical instalado nos últimos anos por todo o centro urbano.
Desde a asociación indican que “se instalou a árbore de luces xigante nos Xardíns Noriega Varela (zona...
A asociación Os Sendeiros, de Foz, anuncia que o sábado 23 de decembro porá o tradicional Belén de Cumes e nesta ocasión a cima elixida será o alto do Virín, no municipio de Foz. Esta actividade é gratuíta e os participantes poderán levar algunha figuriña para o belén.
A saída será ás 10:00 horas desde a capela do Carme, en San Martiño. E o último día para anotarse é o 22 de decembro. Os interesados poden contactar cos teléfonos 606.71.84.82 (Laura) ou 670.36.90.17 (Morís).
A Asociación Cultural e Deportiva As Minas, da Pontenova, ten en marcha ata o 14 de xaneiro a oitava campaña de recollida de alimentos non perecedoiros, roupa e xoguetes para persoas necesitadas.
Os alimentos poden entregarse nos supermercados Superti e Gadis, na Librería Droguería Eugenia e na clínica Son Saúde. A roupa e os xoguetes recóllenos no IES Enrique Muruais e no CEIP Plurilingüe A Pontenova.
O recadado será entregado ao Concello da Pontenova, á Cruz Vermella e a Cáritas para que o repartan entre as persoas que o necesitan.