Eventos

Etiquetas:
30/12/2023

Cervo daralle a benvida ao 2024 cunha festa na Praza dos Campos, en San Ciprián. Na carpa alí instalada haberá animación musical a partir das 01:30 horas a cargo de Alma Latina e DJ Medusa.

30/12/2023

O 2 de xaneiro volven celebrarse actividades para nen@s, con idades comprendidas entre os 3 e os 14 anos, para pasar unha tarde divertida a cargo de Bea, voluntaria do Taller de Manualidades, como aconteceu hai uns días.

O horario será o seguinte: 
- Nen@s de 3 a 9 anos, dende as 16 ás 18 horas.
- Nen@s de 10 a 14 anos, dende as 17 ás 19 horas.

O lugar de celebración destas actividades será o Local do Antigo Matadoiro.

Os nen@s ata 6 anos deben estar acompañados dun adulto.

Para presentar a solicitude de participación será preciso poñerse en contacto cos Servizos Xerais ou na Casa da Cultura do Concello de O Valadouro no teléfono
982574000 e 982571516 respectivamente. Informa da ampliación do prazo de inscrición a Concellería Delegada de Asuntos...

leer más
Etiquetas:
30/12/2023

A Fundación Expomar celebrou a súa última reunión do ano 2023, na que fixo balance dos últimos meses e traballou xa coa mirada posta nas súas actividades para 2024 e 2025.

“Aprobouse o Plan de Acción do 2024 e analizáronse as actividades realizadas en 2023, como as xornadas técnicas, o encontro empresarial, e a Feira Nautico Pesqueira, ademais doutras accións realizadas, como a presenza en feiras como Sinaval ou Expomar Cabo Verde”, explica o concelleiro de Turismo e Mar, Ramiro Fernández. 

“Resaltouse o éxito da celebración do día do Orgullo Mariñeiro celebrado este mes de decembro, e que o Padroado aposta por seguir impulsando, e destacouse a participación no Foro de Turismo de Huelva e na asemblea fundacional da Rede Nacional de Turismo mariñeiro celebrada en Isla Cristina (Huelva)”, sostén pola súa parte a...

leer más
Etiquetas:
29/12/2023

A sala de exposición da biblioteca municipal de Viveiro acolle ata o día 6 de xaneiro, sábado, o belén instalado pola asociación Bágoas da Terra. Pode visitarse de 12:00 a 13:30 horas e de 17:30 a 20:30 horas

É un belén que ten figuras ataviadas co traxe tradicional galego, algunhas delas en movemento, e construcións feitas a man polo artesán Hortensio Gómez. Os murais e o cartel son obras de Esther Raposo.

 

29/12/2023

O Casino de Mondoñedo celebrará un baile de fin de ano, que comezará ás 01:00 horas da madrugada do luns, 1 de xaneiro, e contará con ambientación musical.

Para asistir hai que retirar as tarxetas ata este sábado, 30 de decembro, pola mañá. O prezo, que inclúe consumicións ata fin de existencias, para os socios do colectivo organizador é de 20 euros e os que non o son deberán pagar 25 euros.

A reserva de tarxetas pode facerse a través dos teléfonos 686.39.03.19, 609.28.01.91 ou 657.35.88.69.

 

Etiquetas:
28/12/2023

O Concello de Riotorto, coa colaboración de asociacións veciñais e culturais do municipio, organiza un baile de fin de ano, que terá lugar no centro sociocultural Avelino Díaz, nas Rodrigas, a partir da unha da madrugada do día 1 de xaneiro de 2024. A entrada é gratuíta.

Haberá verbena amenizada polo dúo Belinda, servizo de bar e ás 05:30 horas servirase chocolate gratis.

 

Etiquetas:
28/12/2023

O Concello de Barreiros organiza unha viaxe para o vindeiro mércores, 3 de xaneiro, a XuvenLugo dirixida a nenas e nenos de Barreiros.

A excursión inclúe a entrada e a viaxe de balde.

As persoas interesadas en anotar ás súas crianzas na viaxe, teñen para formalizar a inscrición ata o día 2 de xaneiro nas oficinas xerais do concello.

Terán prioridade o alumnado do CEIPS do municipio e a cativada instrita nas escolas deportivas de Barreiros.

XuvenLugo é un espazo de ocio infantil e xuvenil situado dentro do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo. É un gran espazo cheo de atraccións, inchables, xogos, animacións e deportes para pasar unha tarde moi divertida.

 

27/12/2023

A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense pon en marcha un programa de Xeoturismo a través do Plan de Sostibilidade Turística 2022-2024, que arrincará este sábado, día 30. Deste xeito avanza na execución do PST, que está cofinanciado pola Mancomunidade, co apoio da Deputación de Lugo, a Xunta de Galicia e a Secretaría de Estado de Turismo.

O programa de Xeoturismo inclúe rutas e visitas xeolóxicas guiadas, tamén con motivo do Xeolodía, e formación. A adxudicación recaeu nun equipo técnico e consultor conformado por expertos guías, xeólogos e intérpretes do patrimonio coordinados pola empresa de turismo activo e axencia de viaxes Volta Montana.

A presidenta da Mancomunidade, Rocío López, explicou hai uns días que “este programa de xeoturismo, que comeza agora e seguirá durante o 2024, está composto de catro...

leer más
Etiquetas:
27/12/2023

O local das Asociacións da Pontenova acollerá unha festa de aninovo para dar a benvida ao 2024. Está organizada polo colectivo Centro de Iniciativas Turísticas coa colaboración do Concello da Pontenova.

Empezará á unha da madrugada do día 1 de xaneiro e haberá música a cargo de DJ Bombardero.

 

Etiquetas:
27/12/2023

A comisión de festas da parroquia da Órrea, no concello de Riotorto, organiza un evento para despedir o ano 2023. Será o sábado 30 e o domingo 31.

O sábado 30 a partir das 23:00 horas haberá chocolatada e verbena amenizada polo cantante Dani Pardo. E ao día seguinte celebrarase unha misa solemne ás 14:00 horas e a continuación sesión vermú, na que tamén actuará Dani Pardo.