Eventos
O Concello de Cervo programa para as festas de Nadal unha axenda chea de eventos e actividades para todo tipo de públicos en colaboración con diferentes asociacións do municipio.
A programación de Nadal arrincará este mesmo sábado 16 de decembro co Mercado de Nadal que terá lugar na Praza do Souto, en Cervo, da man de A Morena e o Concello de Cervo, en horario de 11:00 a 20:00 horas e estará amenizado por Fol do Raxal e Zé Pequeño; no que haberá moitas sorpresas. Ademais, será o escenario no que se entregarán os premios do certame de postais celebrado polo Concello de Cervo, cun agasallo para cada un dos máis de trinta pequenos/as que participaron.
O 21 de decembro o mesmísimo Papá Noel estará de visita nos dous colexios e na Escola Infantil.
O venres, 22 de decembro, haberá un concerto...
leer másA Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense pon en marcha un programa de Xeoturismo a través do Plan de Sostibilidade Turística 2022-2024, que arrincará este mes de decembro. E así avanza na súa execución. O PST está cofinanciado pola Mancomunidade, co apoio da Deputación de Lugo, a Xunta de Galicia e a Secretaría de Estado de Turismo.
O programa de Xeoturismo inclúe rutas e visitas xeolóxicas guiadas, tamén con motivo do Xeolodía, e formación. A adxudicación recaeu nun equipo técnico e consultor conformado por expertos guías, xeólogos e intérpretes do patrimonio coordinados pola empresa de turismo activo e axencia de viaxes Volta Montana.
Desde a Mancomunidade explican que “A Mariña conta cun patrimonio xeolóxico moi relevante en distintos lugares do territorio, desde a costa ao interior. De feito, nos últimos...
leer másCervo terá un Mercado de Nadal este sábado, 16 de decembro, de 11:00 a 20:00 horas.
Celebrarase na carpa instalada na Praza do Souto e estará amenizado pola música de Fol do Raxal e Zé Pequeno.
É a primeira cita deste Nadal no municipio de Cervo e está organizada polo Concello coa colaboración de Marmeladas A Morena.
A ludoteca de Mondoñedo acollerá un campamento de Nadal desde o 22 de decembro ata o 5 de xaneiro. Está dirixido a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos e teñen preferencia os/as empadroados/as en no concello de Mondoñedo.
O prazo de inscrición está aberto ata o 21 de decembro e os interesados en máis información e para presentar as solicitudes deben dirixirse aos Servizos Sociais do Concello ou ao teléfono 982.52.40.03 - extensión 8.
Esta actividade será cofinanciada pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.
O tradicional belén da Rigueira, no municipio de Xove, leva realizándose por estas datas desde hai máis de tres décadas grazas á iniciativa e dedicación da veciñanza desa parroquia. E desde o pasado domingo, 10 de decembro, pode visitarse tódolos sábados, domingos e festivos de 16:00 a 19:00 horas na Igrexa da Rigueira, excepto Noiteboa e Fin de Ano, días nos que pechará ás 18:00 horas.
A Asociación Musical A Chocolateira (Eco das Minas) organiza actividades de Nadal na Pontenova os días 16, 22 e 29 de decembro.
O sábado 16 na Casa do Salmón terá lugar un obradoiro de acuarela para maiores de 12 anos. Será impartido por Rocío Fernández Paz de 16:30 a 18:30 horas.
O día 22 haberá Cantos de Nadal a cargo da agrupación tradicional A Chocolateira polas rúas da Pontenova desde as 20:00 horas.
E o 29 de decembro a Apalpadora visitará a Casa da Cultura ás 12:00 horas.
Os organizadores anuncian: “acércase o Nadal e temos preparadas cousiñas bonitas para celebrar estas datas cheas de arte, ledicia e música. Obradoiros, panxoliñas, visitas sorpresa... Gardade datas, que o noso tren ven cargadiño de diversión. Rocío Fernández Paz será quen nos inicie no...
leer másA Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo celebra o sábado, 16 de decembro, ás 11:30 e 18:00 horas no Auditorio Municipal Hernán Naval o seu tradicional Festival de Nadal, dentro dos actos do 30 aniversario do centro. Na sesión da mañá será o alumnado máis pequeno do centro o que participe. Xa na sesión da tarde serán as grandes agrupacións das diferentes especialidades instrumentais e de danza.
No repertorio deste ano non faltan as panxoliñas pero tamén hai cabida para outros ritmos como a música moderna ou a tradicional. “O de Nadal é, xunto con fin de curso, o festival que máis éxito ten tanto entre o alumnado coma entre o público de aí que cada ano procuremos ofrecer cousas novas tanto a nivel de repertorio coma de posta en escena”, explica Hugo García, responsable da EMMeD.
Pero, sen dúbida, o...
leer másLa Asociación de Pensionistas e Xubilados Val de Miranda, de A Pontenova, organiza una comida baile para el 16 de diciembre, sábado, que será la última de este colectivo en 2023.
Se celebrará a las 14:00 horas en el Local de las Sociedades.
La comida será servida por el restaurante O Lar de Balbina y después actuará el dúo Muralla para amenizar el baile hasta las 20:00 horas.
El plazo para apuntarse finaliza el día 12 de diciembre y puede hacerse a través de los teléfonos 659.98.84.51, 619.41.40.23 o 676.05.33.92.
A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza unha ruta polo río Sor, no municipio de O Vicedo, para o 16 de decembro, sábado. A distancia a percorrer son 13,5 quilómetros -da Ponte do Porto a Morgallón- e a dificultade é baixa. Ao rematar a camiñada os participantes xantarán nun restaurante desa zona.
A saída será ás 08:30 horas desde o Cantón de Vilanova de Lourenzá e as inscricións deben facerse antes das 14:00 horas do 13 de decembro, chamando aos teléfonos 658.09.71.33 ou 699.70.60.31. O prezo é de 25 euros para os socios do colectivo organizador e de 35 euros para os que non o son.
O 50º aniversario do CEIP Juan Rey, de Lourenzá, celebrarase cun xantar que terá lugar no Multitusos Ponte de Cuñas o día 17 de decembro, domingo, ás 14:30 horas.
O menú está composto por: mexillóns ao vapor, pescada en salsa de marisco, solombo de porco con cogomelos, pan, sobremesa, café viños tino e branco, cervexa, auga, refrescos e licores.
O prezo é de 35 euros, pero para os nenos e nenas de ata 9 anos custa 17,50 euros.
O prazo para anotarse está aberto ata o 10 de decembro.