Unha trintena de postos participarán na Feira do Mel de Montaña de Muras, que se celebra os días 9 e 10 de decembro co apoio da Deputación de Lugo

Muras celebra esta fin de semana a oitava edición da Feira do Mel,  coa colaboración da área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. O deputado Daniel García, o alcalde de Muras Manuel Requeijo e a tenente alcalde Paula Gómez, acompañados por Isabel Goti e Manuel Ferreira  da Casa do Mel de Goente , presentaron o programa de actividades, que pon en valor a calidade do mel das producións locais.

A feira, que se abrirá o domingo ás 10.00 horas, na Praza do Viveiró contará cunha trinta de postos de venda de mel e outros produtos derivados ou elaborados con mel -hidromel, cervexa, cera -, entre eles oito postos de produtoras e produtores de mel de Muras que participarán tamén na cata de mel que se celebrará o sábado pola tarde.

Manuel Requeijo valorou a Feira do Mel como "un evento consolidado co que fomos cumprindo os obxectivos que nos marcamos inicialmente de promocionar o mel de montaña e  poñer en valor as producións locais"  e convidou "a achegarse a Muras para disfrutar do produto e dun espazo único como o Viveiró, nun día que reflicte o dinamismo e vida que hai no rural”

Daniel García explicou que “desde a área de Medio Rural valoramos especialmente estas iniciativas que inciden na diversificación produtiva, promovendo actividades como a apicultura que xeneran rendas complementarias para as persoas que viven no rural e contribúen ao mantemento do medio natural” e valorou “o traballo que o goberno municipal de Muras ven desenvolvendo para dinamizar económica e socialmente o concello a partir do aproveitamento do monte”.

A feira e cata de mel compleméntase cun programa lúdico con demostracións de cociña -con Lucía Freitas- , obradoiros de cocina ou elaboración de cera para as máis pequenas e actuacións musicais para amenizar a xornada.  

Sábado 9 de decembro

17.30 horas
Cata de Mel de Montaña
20.00 horas
Conferencia “Invernada das abellas” a cargo do biólogo e apicultor Miguel Vélez
21.30 horas
Degustación de liscos de balde, amenizado polo Dúo Musical Pedriñas

Domingo 10 de decembro

Pasarrúas e música en directo para amenizar toda a xornada

10.00 horas
Apertura da Feria
11.00 horas
Obradoiro de cera a cargo da Asociación Casa do Mel de Goente
12.00 horas
Showcooking con Lucías Freitas. propietaria e chefdos restaurantes “Lume” e “A Tafona” galardoado cunha Estrela Michelín

14.00 horas
Xantar
16.00 horas
Obradoiro de cociña para os máis pequenos impartido por “Espacio Vivo”
19.00 horas
Entrega de premios do concurso da cata de Mel de Montaña