Eventos
O Concello de Viveiro presenta a súa programación para estas festas de Nadal cunha oferta de actividades variada, ampla e con opcións para todas as idades. Á longa lista de propostas súmase tamén o Belén ‘Viveiro ante o Berce’, considerado un dos máis importantes de Galicia, que se pode visitar dende o pasado día 5 de decembro.
“Con esta programación chea de actividades para todas as idades agardamos que Viveiro se encha unha vez máis de visitantes de toda a comarca e de toda Galicia, co impulso que isto supón para o noso comercio e a nosa hostalaría” afirma a alcaldesa María Loureiro.
A concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega, reafirmou o compromiso do Goberno local “coa cultura, especialmente a cultura en galego, para celebrar estas datas tan sinaladas cunha oferta diversa e para todos os...
leer másPapá Noel visitará Lourenzá este venres, 22 de decembro. Para as 16:00 horas está prevista a súa chegada ao Centro de Día e a continuará fará un percorrido polas rúas de Vilanova, no que estará acompañado por membros da asociación VespaFaba & Clásicos e a música da Asociación Cultural Osorio Gutiérrez. E ás 18:00 horas recibirá aos nenos e nenas nos baixos da Casa do Concello.
É unha actividade organizada polo Concello de Lourenzá.
Barreiros recibirá a visita de Papá Noel este sábado, 23 de decembro, ás 19:00 horas.
“Achégate este sábado ás 19:00 horas ao centro sociocultural de San Cosme onde contaremos coa presenza de Papá Noel, que agardará a todas as crianzas que queiran darlle a súa carta e facer realidade os seus desexos”, anuncia o Concello de Barreiros.
A igrexa de Vila do Medio, en Burela, acolle un belén que pode visitarse este xoves 21 e o sábado 23
Na igrexa de Vila do Medio, en Burela, está instalado un belén tradicional elaborado pola veciñanza dese barrio. Poderá visitarse este xoves, 21 de decembro, de 17:30 a 19:30 horas e o sábado 23 de 12:00 a 13:30 e de 17:30 a 20:00 horas.
O Concello de Burela agradece á veciñanza do barrio de Vila do Medio o seu traballo para crear ano tras a ano este tradicional belén.
O Motoclub Ruta N-634 organiza a sexta edición da súa Papanoelada Moteira en Mondoñedo este sábado, 23 de decembro. Será a partir das 16:00 horas na Praza da Catedral e haberá sorteos, agasallos, inchables e chocolate.
Este evento contará coa presenza de Adrián Méndez, mindoniense campión nacional de enduro na categoría de 65 centímetros cúbicos que presentará a súa nova moto, de 85 cc.
Este venres, 22 de decembro, ás 20:30 horas no Salón de Actos do Centro Cívico vaise celebrar a V Gala do Emprendemento Local no Concello de Xove, organizada polo Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local.
A condución desta Gala correrá a cargo dalgunhas das actrices de teatro máis relevantes de Galicia, concretamente das Fillas Bravas do Grupo de Teatro Chévere, que con total seguridade van facer as delicias de todos os presentes.
O obxectivo da Gala é pór en valor o talento emprendedor e o apoio ao empresariado local. Neste sentido, a Gala vaise centrar na intervención da gandeira Lucía González e Simón Huerta de Balea Verde.
Explicarán como lles xurdiu a idea empresarial; cales foron as principais motivacións; cales cren que son as súas calidades como persoas emprendedoras;...
leer másA concelleira de Cultura, Inés López Couto, anuncia que despois da emocionante tarde de acendido das luces de Nadal, a comezos deste mes, agora chegan as vacacións invernais dos máis pequen@s da casa e os días con máis actividades en Foz.
Inés López especifica que “esta fin de semana Papá Noel estará esperando a visita de tod@s os que queiran estar un ratiño con el na súa casiña situada na praza do concello. O domingo 24 a partir das 12 da mañá todos os que queiran poderán achegarse a visitar a Papá Noel e pedirlle que cumpra os desexos de última hora, xa que esa noite terá moito traballo para chegar a todas as casas. Non estará so porque os nenos do coro da Escola de Música percorrerán as rúas animando con panxoliñas. Pero antes os elfos de Papa Noel estarán polas rúas: poderás atopalos se te achegas a ver o espectáculo de teatro infantil...
leer másA Biblioteca Municipal de Ourol organiza a visita de Papá Noel con contacontos de Nadal para o día 21 de decembro, xoves. Será ás 18:00 horas no Edificio Multiusos de Ourol.
Esta actividade está destinada a nenos e nenas a partir de 3 anos e ás súas familias, que poderán levar as súas cartas para Papá Noel.
A inscrición para asistir está aberta ata o 20 de decembro a través do seguinte enlace: https://forms.gle/p9sEpKhNvsnT8dbr9.
Os interesados poden obter máis información a través dos teléfonos 982.55.90.19 ou 608.69.40.51.
A Asociación Cultural O Pasatempo organiza a visita a Mondoñedo da Apalpadora, cun contacontos musical infantil, que terá lugar no auditorio municipal o domingo 24 de decembro ás 17:00 horas.
A entrada a esta actividade é de balde.
O colexio Juan Rey, de Lourenzá, acollerá un campamento de Nadal que se desenvolverá os días 22, 26, 27, 28 e 29 de decembro e 2, 3, 4, e 5 de xaneiro. Está organizado pola Anpa do centro e o Concello de Lourenzá, para nen@s nados entre os anos 2020 e 2012.
Farán actividades como talleres de cociña e de manualidades, baile, xogos, navideños ou obradoiros. A tarifa é de 25 euros. As prazas son limitadas e o prazo para apuntarse remata o 19 de decembro.
Os organizadores explican: “unha das prioridades para a nosa asociación é axudar a conciliar aos pais, por iso este Nadal a Anpa e o Concello traballan para levar adiante o Campamento de Nadal. Haberá prazas limitadas e teran preferencia @s nen@s empadronad@s no noso Concello e tamén se son socio@s da Anpa. Non esquezas cubrir a inscrición! No caso de ir varios...
leer más