Eventos
O acendido oficial será ás 19:30 horas na Praza do Concello, dando así o pistoletazo de saída a máis dun mes de actividades, que se prolongarán ata o día de Reis.
Tras este acto, acompañado da agrupación musical Dambara-Santo Inocencio, terá lugar a actuación do grupo de rock The Hot Tubes sobre o escenario da Praza da Mariña.
A banda porá ritmo á tarde navideña burelesa a partir das 20:00, interprentando en directo os temas máis relevantes do pop rock nacional e internacional.
A concelleira da Aula Universitaria da UNED en Foz, Elena Martínez Pena, e a coordinadora da mesma, Marta Muiña Rodríguez, presentaron hoxe, venres, a nova programación formativa para este mes de decembro, que inclúe tres cursos.
Deron conta de tres novas actividades abertas a todo o público, apostando por estes cursos para poder ofrecer coñecementos sobre temas tan interesantes como os que se detallan a continuación e para os que está aberta a inscrición:
- Francés Básico. Nivel A2 do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCERL) equivalente ao (DELF A2), os venres do 1 de decembro ao 22 de marzo de 17:00 a 19:30 horas. (Presencial e online).
- MULLER. Falamos claro, do 11 ao 19 de decembro (luns e martes) de 18:00 a 20:30 horas. (Presencial e online).
- Curso para opositores: nocións fundamentais sobre a Constitución Española de 1978 e a lei...
leer másO alumeado de Nadal de Vilaronte, parroquia do municipio de Foz, será inaugurado este domingo, 3 de decembro, ás 19:00 horas no atrio da igrexa de Vilaronte.
Esta actividade está organizada pola Asociación Cultural O Atrio, que anuncia: “despois do acendido para pasar un bo rato tod@s xunt@s contaremos coa actuación do grupo Mar Aberto, de Foz, e haberá caldo de pita e chocolate quentiño, que estes días de frío entra moi ben. Tamén teremos sorteos e estade atentos porque ese día acontecerá algo que non pasa en Vilaronte dende 1986. Estamos seguros que vos gustará a tod@s, sobre todo aos máis peques”.
Este evento conta colaboración do Concello de Foz.
A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo ven de presentar a súa campaña de Nadal, que inclúe panxoliñas, obradoiros para os máis cativos da casa, un photocall moi especial na rúa Rodríguez Murias, e a XIII Festa do Comercio.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, anunciou que “vai comezar decembro e Acisa pon en marcha os seus motores á máxima potencia para, xunto co Concello de Ribadeo, facer da nosa vila o destino navideño de referencia. Á programación xa anunciada fai uns días, que inclúe a pista de xeo, a celebración da XIII Festa do Comercio e outras moitas actividades anunciadas por parte do Concello, desde Acisa pretendemos completalas con algunhas mais”.
Cruzado Iglesias subliñou que “o que queremos dende a nosa asociación é contribuír a crear e manter o espírito destas...
leer másOs participantes terán a oportunidade de gozar das impresionantes vistas da Serra do Xistral, ademais de visitar o dolmen de Santo Tomé ou o Prado das Chantas. Tamén coñecerán mais sobre a vida dos cabalos salvaxes e a tradición reflectida no curro onde se celebra a Rapa das Bestas. Ana Pena, de Guía Tu Día, será a encargada de conducir esta ruta.
A Mariña en Ruta rematará o 16 de decembro en Lourenzá. Esta visita será guiada por Carmen Delia, de La Guiateca.
A Mariña en Ruta é un proxecto que está promovido pola Mancomunidade de Concellos coa colaboración da Xunta de Galicia e da Deputación de Lugo. De outubro a novembro foron programadas 16 actividades, unha por cada concello que conforma o xeodestino e onde a artesanía da comarca ten un papel destacado.
As actividades de A Mariña...
leer másO Concello de Burela celebra esta semana, nos días 2 e 3 de decembro, o seu mercado de nadal, que terá lugar na carpa situada na praza da Mariña.
O horario de funcionamento do mercado será de 11:00 a 20:00 tanto o sábado como o domingo. Ademais, o sábado día 2, de 11:30 a 13:30 e de 17:30 a 19:30, haberá obradoiros infantís coas monitoras da aula Gaia de educación medioambiental.
A convocatoria para participar no mercado, aberta a principios de mes para asociacións, entidades, artesáns e comerciantes, resultou ser un éxito, e o mercado contará finalmente con 30 postos de todo tipo.
A concelleira de Comercio de Proximidade de Burela e responsable da aula Gaia, Lina Gómez Pardo,anima a veciñanza a acudir ao mercado “para seguir dinamizando o comercio local nestas datas sinaladas, algo...
leer másO alcalde, Dani Vega, anima á veciñanza a achegarse ao parque de San Francisco ás sete da tarde. Tamén se inicia o Mercado do Nadal, que se prolongará ata o día 10 na contorna da praza de abastos.
O rexedor dixo que “mañá, venres, inauguramos o Nadal. Acenderemos o alumeado a partir das sete da tarde, despois inauguraremos o Mercado do Nadal e a continuación o photocall de Acisa para promocionar a nosa vila. E a partir de aí serán todas as actividades”.
Vega subliñou que “todos os días hai algo en Ribadeo. Sempre hai unha disculpa para vir visitar Ribadeo e os veciños e as veciñas teñen todos os días unha actividade arredor do Nadal”.
O alcalde convida a asistir: “mañá convidamos a todos os que queiran acompañarnos no parque de San Francisco ao acendido do alumeado de Nadal”.
...
O Concello de Riotorto organiza unha comida de Nadal para o día 20 de decembro, mércores, ás 14:30 horas.
O comida será servida por Mesón O Sarredo e o menú inclúe empanadillas, callos, costela con patacas fritas, sobremesa e café. E actuará o dúo Estrellas. O prezo é de 25 euros por persoa.
Para participar hai que apuntarse nos Centros Veciñais ou no Concello antes do 17 de decembro.
O Concello de Foz ten preparada unha programación para as vindeiras semanas cargada de actividades. Para esta primeira semana de decembro o protagonismo é para o acendido do alumeado de Nadal, que se fará este venres, 1 de decembro.
A concelleira de Cultura, Inés López Couto, anuncia: “este venres, 1 de decembro, ás 18.30 horas na praza Conde de Fontao prenderemos o botón de acendido das luces de Nadal. Este é o primeiro evento dun Nadal cargado de actividades para os máis pequenos e para os maiores. Estaremos acompañados pola Banda de Música de Foz, que comezará a súa tempada de concertos de Nadal; agradecémoslles sempre a súa boa disposición a participar nos eventos do concello”.
O alcalde, Fran Cajoto, explica: “será un día cheo de sorpresas e ilusión para os máis pequenos. E ao longo do mes iremos colocando...
leer másO Concello de Barreiros está a compilar fotos antigas para elaborar entre todas e todos o calendario 2024 do municipio. Será un almanaque para o que a veciñanza aporta estampas das súas vivencias escolares ou dos seus devanceiros. Fará lembrar eses momentos pasados mes a mes axudando a evitar que os recordos se perdan na memoria esquecida.
Aquelas persoas que queiran compartir as súas fotografías poden poñerse en contacto co Concello a través da páxina de facebook ou nas oficinas municipais.