A Asociación Cultural e Deportiva As Minas, da Pontenova, ten en marcha ata o 14 de xaneiro a oitava campaña de recollida de alimentos non perecedoiros, roupa e xoguetes para persoas necesitadas.
Os alimentos poden entregarse nos supermercados Superti e Gadis, na Librería Droguería Eugenia e na clínica Son Saúde. A roupa e os xoguetes recóllenos no IES Enrique Muruais e no CEIP Plurilingüe A Pontenova.
O recadado será entregado ao Concello da Pontenova, á Cruz Vermella e a Cáritas para que o repartan entre as persoas que o necesitan.