Eventos

Etiquetas:
30/01/2024

O Concello de Cervo xa ten todo a punto para celebrar un entroido por todo o alto, con actividades e festa para todos os públicos que xirarán en torno aos tres desfiles que se celebrarán en Cervo, en San Ciprián e en San Román de Vilaestrofe.

A rexedora, Dolores García Caramés, e a tenente alcalde, Mali Méndez, presentaron a programación xunto cos representantes das Asociacións Airiños do Xunco e a asociación Mulleres Rurais As Espalladoras, colectivos estes últimos que se encargan da organización dos entroidos de Cervo e de San Román, respectivamente; ademais de representantes da A.C. Comisión de Festas de Lieiro, que colaboran no Entroido de San Ciprián coa venta de bolos preñados e de chocolate e sobremesas típicas destas datas; e de membros da asociación de montes veciñais de San Román e da asociación de veciños de Vilastrofe, que...

leer más
Etiquetas:
30/01/2024

Este domingo, 4 de febreiro, a guía mariñá Ana Pena (Guía tu día) organiza unha visita guiada no concello de Ribadeo. 

“Comezaremos ás 10:30 horas visitando o barrio indiano e admirando a súa arquitectura. Continuaremos polo casco histórico que nos levará a coñecer a gran importancia comercial desta vila e os seus personaxes ilustres. Ademais percorreremos a senda litoral que conecta varios miradoiros e lugares de interese co afamado faro de Illa Pancha”, explica Ana Pena.

Desde Guía tu día engaden que “se trata dunha ruta moi completa de 4km (ida) e apta para todos os públicos, incluídas mascotas. A duración será de 3 horas e media aproximadamente. O custo da actividade é de 10 euros/persoa, 7 euros para os menores de 18 anos e gratuíta ata os 8 anos. 

As persoas que desexen anotarse ou...

leer más
Etiquetas:
30/01/2024

Tres establecementos hostaleiros do municipio de Trabada acollerán cantos de taberna este venres, 2 de febreiro, de 20:00 a 23:00 horas. É unha actividade organizada polo Concello.

No Mesón Camiño Norte actuará o grupo En faldas y a lo loco, no Bar O Porfirio estará Mon & Cia e na Taberna da Curuxeira cantará A Chocolateira.

Etiquetas:
29/01/2024

O Concello de Viveiro, consonte o previsto na Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, na Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia e, no que sexa de aplicación, os RD 887/2006, de 21 de xullo, e Decreto 11/2009, de 8 de xaneiro, e ao obxecto de incentivar a participación cidadá nos actos programados para o martes de Entroido, con motivo da celebración do desfile de Entroido, establece as normas reguladoras de participación, axudas económicas e premios que se outorgarán aos participantes que interveñan nos citados actos, de acordo coas seguintes

BASES

PRIMEIRA.- DEFINICIÓN DO OBXECTO Constitúese como obxecto das presentes bases a regulación do procedemento aplicable para o outorgamento dos premios do concurso de disfraces do desfile de Entroido organizado polo Concello de Viveiro.

... leer más
Etiquetas:
29/01/2024

O Concello de Mondoñedo organiza o desfile de Entroido para o 17 de febreiro, sábado, a partir das 17:30 euros. Repartiranse 5.000 euros en premios.

Todos os participantes poderán anotarse no correo entroidomindoniense@gmail.com ou no teléfono 982.50.71.77. O prazo máximo para inscribirse será ata as 12 horas do venres 16 de febreiro. Á hora de inscribirse facilitaranse os seguintes datos: nome e DNI completo da persoa representante, nome do disfrace e un teléfono de contacto. Os dorsais deberán ser recollidos entre as 16 e 17 horas do sábado no edificio municipal do Campo dos Paxariños (antiga oficina de Emprego). Ás 17 horas, os disfraces deberán estar preparados para atender ás indicacións da organización e proceder ao seu posicionamento no desfile, para que discorra coa máxima orde...

leer más
Etiquetas:
29/01/2024

A Sala Bahía, de Foz, acollerá bailes con actuacións musicais en directo os catro domingos de febreiro, organizados polo Concello de Foz. Son de 19:00 a 22:00 horas e o prezo da entrada é de 5 euros.

O domingo día 4 actuará Cuarteto Principal, o seguinte estará amenizado polo trío Primera Línea, o día 18 cantará o dúo D´Vicio e o último domingo do mes a actuación correrá a cargo do dúo Matices.

 

Etiquetas:
28/01/2024

En Burela tivo lugar a presentación do calendario 2024 elaborado pola comisión do centenario da Confraría de Pescadores San Juan Bautista.

A alcaldesa, Carmela López, e o concelleiro de mar, Ramiro Fernández, membro da comisión, estiveron no acto de presentación deste traballo cargado de historia e que pon en valor a labor tan importante da Confraría para con Burela.

Os calendarios repartiranse en diferentes puntos da localidade e Casa Consistorial é un deles.

Etiquetas:
28/01/2024

A parroquia viveirense de Galdo celebrará o seu Entroido o 17 de febreiro, Sábado de Piñata. A festa, que empezará ás 22:30 horas, estará amenizada polo trío Karma.

A entrada será libre e haberá premios e agasallos para os mellores disfraces e lambetadas propias do Entroido.

Está organizado pola asociación de veciños Camiño de Galdo e colaboran Espectáculos Seiramar e o Concello de Viveiro

“Ven a troulear con nós! Temos comida, bebida e premios para os mellores disfraces!”, anuncia a organización.

Etiquetas:
27/01/2024

Cangas de Foz acollerá catro bailes con actuacións musicais en directo os catro sábados de febreiro, organizados polo Concello de Foz. Son de 20:00 a 23:00 horas e o prezo da entrada é de 5 euros.

O sábado día 3 actuará José Manuel Abanico, o seguinte estará amenizado polo dúo La Hora Bruja, o día 17 cantará Miguel La Clave e o último sábado de mes a actuación correrá a cargo de Ángel América.

 

Etiquetas:
27/01/2024

O Concello de Riotorto organiza unha festa de Entroido Infantil para o 13 de febreiro, martes, no pavillón municipal.

Será de 17:00 a 20:00 horas e haberá inchables e chocolate con churros para todos os asistentes.