Eventos
A asociación Fontes Claras organiza o Entroido na parroquia viveirense de San Pedro este sábado, 10 de febreiro, desde as 21:30 horas.
Será na Escola de San Pedro e haberá pinchos gratuítos, bebidas a prezos populares, premios para os mellores disfraces (nas categorías individual, parella e grupo) e música en directo a cargo do dúo Samba.
La asociación motera Motoreo organiza un campeonato de tute en A Pontenova para el día 2 de marzo, sábado. Se disputará desde las 19:00 horas en el Local de Sociedades.
Podrán participar un máximo de 64 parejas y las inscripciones deben hacerse a través de los teléfonos 676.47.95.84 o 617.93.55.56.
O Concello de Viveiro anuncia a programación do Entroido 2024, cunha oferta de actividades para todas as idades. A alcaldesa, María Loureiro, espera que tanto “os veciños e veciñas de Viveiro, como quen nos visita nestas datas, gocen dun programa de Entroido cheo de actividades, co que mantemos e enxalzamos esta festa popular, involucrando a toda a cidadanía”.
“Un ano máis agradecemos a todas as entidades locais, cuxa colaboración fai posible que celebremos un gran Entroido en Viveiro. Este ano o programa conta con opcións para todas as idades, que percorren ademais distintos puntos da nosa vila”, sinala a concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega.
O programa comezará o xoves 8 de febreiro, co “Juepeo especial de Comadres”, mentres que o venres 9 celebrarase o entroido escolar, “A mañanciña”, polas...
leer másO Concello de Riotorto organiza unha comida de Entroido, que se celebrará o 21 de febreiro, mércores ás 14:30 horas.
O menú estará composto por sopa, cocido completo, sobremesa e café. Será servido por Mesón O Sarredo e haberá música coa actuación do dúo Muralla. O prezo é de 27 euros por persoa.
As persoas interesadas en participar deben apuntarse nos centros veciñais ou no Concello antes do 18 de febreiro.
Os días 20, 21, 27 e 28 de febreiro terán lugar as xornadas de formación en Xeoturismo para guías e empresas de turismo activo que teñan intención en traballar no territorio da Mariña como guías de actividades xeoturísticas. Deste xeito continuará o programa de Xeoturismo da Mancomunidade, que arrincaba o pasado mes de decembro. En febreiro tamén están previstas dúas novas actividades de xeoturismo: unha por Burela o 17 e outra por Foz o 24.
O programa de Xeoturismo enmárcase no Plan de Sostibilidade Turística 2022-2024, que está cofinanciado pola Mancomunidade - co apoio da Deputación de Lugo -, a Xunta de Galicia e a Secretaría de Estado de Turismo.
Desde a Mancomunidade a súa presidenta, Rocío López, explica que “as xornadas de formación en Xeoturismo para guías e empresas de turismo activo serán os días 20,...
leer másO Concello de Burela presenta a súa programación de Entroido. Serán un total de seis días con numerosas actividades, dende o venres día 9 de febreiro ata o mércores 14, día do Enterro da Sardiña.
“Chega o entroido e con el as ganas de divertirse, de disfrazarse e de manter o espírito participativo para continuar con este dinamismo que move Burela”, sinalou a alcaldesa do municipio, Carmela López.
"Tanto o Concello como as entidades que se suman á celebración organizando bailes e concursos estamos a traballar arreo para darlle auxe ó entroido", afirmou pola súa banda Patricia Eijo Palmeiro, concelleira de Festas e Festexos.
Dentro da programación destacan as actividades que se realizarán na carpa da praza da Mariña. A primeira delas será a Festa Xuvenil, que inaugurará a programación...
leer másO Concello organiza o Antroido 2024 en Ribadeo coa colaboración de Acisa e de diversas empresas, asociacións e colectivos ribadenses. O cartel xa foi presentado.
Coa idea de dinamizar diversos espazos da vila como o da zona vella, o sábado 10 de febreiro a 01.00 da madrugada terá lugar o sorteo de tres grandes premios: 2000 euros en metálico doados polas charangas Aturuxo e A Choca, 500 euros en metálico doados polos locais da zona vella Ribadeo e 200 euros en vales de compra, doados por ACISA Ribadeo.
Non menos importante será o premio que se reparta o domingo 11, Lardeiro, o día máis tradicional do Antroido ribadense, e que ten como protagonistas á Comparsa do Cocho e a figura da Mascarita. Ir vestido de Mascarita será precisamente a chave para poder optar a unha viaxe para dúas persoas ao Carnaval dos...
leer másDesde la Junta de Cofradías explican que “Celso Arango López, nació en Palma, pero podemos considerarlo viveirense por su vinculación arraigada a nuestra ciudad, por parte paterna descendiente del Dr. Psiquiatra Celso Arango y por parte materna de Marisa de la familia de los López Nécega-López. Su profesión no le impide pasar su tiempo de ocio- vacacional en Viveiro con su familia. Desarrolla su labor en la investigación, docencia y la clínica en el campo de la psiquiatría. Su gran trayectoria profesional, la cual se puede corroborar en su inmenso currículo, demuestra que aun siendo una persona joven desarrolla una dilatada y grandiosa actividad en el campo de la Psiquiatría”.
Y añaden: “sería interminable enumerar los Títulos Académicos, puestos en la docencia, investigación, obras destacadas en libros, artículos, revistas nacionales e...
leer másA Pontenova celebrará un Carnaval infantil o domingo 11 de febreiro a partir das 17:00 horas no pavillón municipal Tito Margaride. Haberá xogos música e baile.
Está organizado polo Centro de Iniciativas Turísticas (CIT) de A Pontenova coa colaboración do Concello.
O Vicedo celebrará o Entroido o sábado 17 de febreiro con sesión vermú e verbena.
As actividades, organizadas pola comisión de festas de Santo Estevo, comezarán ás 13:30 horas con sesión vermú amenizada por Borja Dinastía. A partir das 16:30 horas haberá festa infantil con inchables e DJ e ás 21:30 horas terá lugar o desfile infantil con premios e cea merendola.
A verbena empezará ás 22:30 horas e estará amenizada pola orquestra Unión y Fuerza e Discomovil Eventec. E ás doce e media da noite sortearase unha gran cesta e farase o desfile de adultos.