Eventos
Tras presentar a marca turística e de territorio A Mariña. Galicia de corazón o pasado 15 de xaneiro a Mancomunidade de Concellos levará a FITUR 2024 esta nova proposta de identidade e presentará a campaña de comunicación Toma o teu tempo ante autoridades, turoperadores, prensa especializada e profesionais do sector.
Toma o teu tempo será presentada a través dunha peza audiovisual que formará parte do acto A Mariña. Galicia de corazón que a Mancomunidade realizará o vindeiro xoves, 25 de xaneiro, ás 16:30 horas no stand de Galicia en FITUR. Neste evento, intervirá a presidenta da Mancomunidade, Rocío López, acompañada polo delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, a directora da Área de Promoción da Axencia Turismo de Galicia, Carmen Pita e o presidente da Deputaicón de Lugo, José Tomé para introducir a campaña e para amosar tamén a...
leer másA cea baile do Xoves de Comadres en Foz celebrarase o día 8 de febreiro ás 21:00 horas na Sala Bahía. Está organizada polos colectivos locais Afammer e Asociación de Amas de Casa, coa colaboración do Concello de Foz.
O menú inclúe entrantes, codillo asado, postre, pan, viño, refrescos, cervexa e chupito. O prezo é de 22 euros para as socias dos colectivos organizadores e de 25 euros para as que non o son.
Para participar hai que anotarse nos locais sociais das Amas de Casa ou de Afammer.
A parroquia cervense de Rúa celebra as súas festas da Candelaria do 2 ao 4 de febreiro.
O venres 2 a partir das 12:30 horas haberá misa solemne acompañada polo Coro de Cervo e despois sesión vermú amenizada polo grupo La Bamba, que tamén actuará na verbena xunto á orquestra Marbella e o DJ Litainer .
O sábado empezarán as actividades ás 12:30 horas con misa solemne cantada polo Coro de Cervo. Despois haberá sesión vermú co dúo La Hora Bruja e pola noite na verbena actuarán as orquestras Finisterre e Fania Blanco Show.
E o domingo a partir das 13:00 horas celebrarase misa solemne cantada polo Coro de Cervo e a continuación haberá sesión vermú amenizada polo grupo Fénix.
Estes festexos están organizados pola Comisión de Festas de Rúa coa colaboración da comunidade...
leer másTeatro afeccionado, actividades para a picaraxada, música ou charlas conformar a axenda cultural de Ribadeo para o primeiro trimestre de 2024, que foi presentada pola concelleira Begoña Sanjurjo.
A edil de Cultura contou que “comezamos a presentación desta programación trimestral, que xa tivo como saben neste mes varios eventos vinculados á época de Nadal, inmersas nunha proposta da Área de Igualdade que ten tamén un cariz cultural. Hoxe mesmo, na Casa do Viejo Pancho, o público xeral terá ocasión de ver o documental Chicas nuevas 24 horas, un traballo audiovisual de Mabel Lozano, que analiza o tema da trata de mulleres. E este domingo comezamos a programación de teatro afeccionado cunha obra que estaba prevista para a Mostra de Teatro Daniel Cortezón e que daquela tivo que adiarse. Sempre é un pracer para o público ribadense...
leer másAs festas de San Blas en Vilaxoane (Foz) celebraranse do 2 ao 4 de febreiro nun recinto cuberto con carpa e calefacción.
Empezarán os festexos o venres 2 cunha verbena amenizada polo dúo Belinda e a orquestra Principal.
O sábado 3 é o Día do Patrón e haberá misa solemne ás 13:00 horas e despois procesión, bendición do tradicional Pan de San Blas e imposición do Santo todo o día. A sesión vermú estará amenizada polo grupo Fénix, que tamén actuará na verbena xunto á orquestra La Favorita.
E o domingo 4 celebrarase a Festa dos Callos San Blas 2024, organizada pola peña Fálame Sempre. A partir das 13:30 haberá sesión vermú co DJ Take Sound. A reserva anticipada de tickets para a festa dos callos farase ata o día 28 de xaneiro na Librería A Rapadoira.
A asociación O Noso Foz e o Concello de Foz presentaron as actividades para o Entroido 2024.
O programa comeza coa coroación da raíña, que será o vindeiro sábado día 27 na carpa situada na rúa Atalaia, na que a raíña saínte, Uxía Valmayor Forés entregará a coroa a Carlota Fernández del Riego. “Estamos cos últimos preparativos, relativos á colocación e decoracións definitivas”, explicou Fátima Novo, presidenta de O Noso Foz. “É moi importante para nos que se coiden os detalles e sobre todo que os asistentes desfruten moito e se atopen a gusto”, indicou Inés López, concelleira de Cultura.
Sendo o primeiro ano como Festa de Interese Turístico, Foz prepara con mimo todas as actividades “tentamos que todo saia da mellor maneira, os grupos están traballando moito en facer uns traxes incribles e a organización estase...
leer másRibadeo a contrapunto é a nova marca turística do Concello, que será presentada nun acto na Casa de Galicia o vindeiro 25 de xaneiro. A escritora e xornalista Sonsoles Ónega será a encargada de dar a coñecer os potenciais ribadenses. O alcalde, Dani Vega, presentou esta mañá no salón de plenos a campaña de promoción, xunto á concelleira de Turismo, Marta Saiz, e á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez.
Concello e Acisa asistirán xuntos a Fitur 2024 con tres obxectivos: “evidenciar o potencial turístico de Ribadeo, expoñer as liñas estratéxicas que nos guían e mostrar as ferramentas que utilizaremos para consolidarnos como un dos piares turísticos do norte de Galicia. En Madrid presentaremos a nova campaña publicitaria, manteremos reunións e estableceremos contacto con diversos axentes turísticos e entidades...
leer másO Centro Comercial Histórico de Viveiro comeza este luns 15 de xaneiro unha nova campaña para que os clientes poidan escoller ó seu empregado favorito tanto de comercio como de hostalaría.
O obxectivo desta campaña consiste en realizar un recoñecemento a tódolos empregados, polo bo facer e pola atención ó público. Sabemos que estar cara ó público moitas veces tórnase complicado, non sempre é doado atender as peticións dos clientes e por iso queremos premiar tanto a fidelidade dos clientes como o bo desempeño dos empregados.
A forma de participar é moi sinxela, só hai que descargar a App ViveiroCCH onde está habilitada a campaña co nome do Concurso e pódense ver tódalas fotos dos empregados participantes e o negocio onde traballan.
Hai dúas categorías, por un lado comercio e por outro...
leer másO lugar de Sampaio, na parroquia pontenovesa de Vilaboa, celebrará as festas de San Paulo os días 3 e 4 de febreiro, sábado e domingo.
O sábado haberá misa ás 13:30 horas e a continuación sesión vermú amenizada por DJ Bombardero, que tamén actuará na verbena, a partir das 22:00 horas, xunto coa cantante Verónica Cambón.
E para o domingo está programada sesión vermú amenizada por Verónica Cambón a partir das 13:30 horas.
O campo da festa estará cuberto cunha carpa calefactada.
Este festexo está organizado pola Asociación de Veciños de Sampaio.