Do 1 ao 9 de febreiro estará aberto o prazo para inscribirse no Desfile de Entroido de Viveiro

O Concello de Viveiro, consonte o previsto na Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, na Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia e, no que sexa de aplicación, os RD 887/2006, de 21 de xullo, e Decreto 11/2009, de 8 de xaneiro, e ao obxecto de incentivar a participación cidadá nos actos programados para o martes de Entroido, con motivo da celebración do desfile de Entroido, establece as normas reguladoras de participación, axudas económicas e premios que se outorgarán aos participantes que interveñan nos citados actos, de acordo coas seguintes

BASES

PRIMEIRA.- DEFINICIÓN DO OBXECTO Constitúese como obxecto das presentes bases a regulación do procedemento aplicable para o outorgamento dos premios do concurso de disfraces do desfile de Entroido organizado polo Concello de Viveiro.

SEGUNDA.- CATEGORÍAS Establécense as seguintes categorías: Categoría adultos: carrozas, comparsas, grupos, parellas e individual. Categoría infantil: individual, parellas e grupos Para estes efectos, entenderase carroza como vehículo de tracción mecánica, con plataforma e un mínimo de catro participantes

TERCEIRA.- REQUISITOS DOS PARTICIPANTES Poderán participar no concurso e ser beneficiarios destas axudas calquera particular, asociación ou entidade legalmente constituída, así como os “grupos ocasionais” que cumpran as condicións previstas nestas bases. Neste último caso, os seus integrantes deberán nomear un representante debidamente autorizado para actuar no nome do grupo. Os participantes poderán inscribirse unicamente nunha categoría: carrozas, comparsas, grupos, parellas e individual. A documentación a presentar no rexistro municipal, será a seguinte:

1.-Particulares

- Ficha de inscrición establecida ao efecto.

- Copia do DNI do concursante ou titor, para o caso de menores de idade.. - Declaración xurada de non estar incurso en ningunha das circunstancias establecidas no artigo 13.2 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións.

2.- Asociacións legalmente constituídas e grupos ocasionais

- Ficha de inscrición establecida ao efecto. Deberá indicarse o nome, apelidos e DNI do representante do grupo.

 - Declaración xurada de non estar incurso en ningunha das circunstancias establecidas no artigo 13.2 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións.

O prazo de inscrición para o desfile é do 1 a o 9 de febreiro de 2024 no rexistro ou na sede electrónica do Concello de Viveiro.

CUARTA.- NORMAS DO DESFILE Para participar no concurso será necesario cumprir as seguintes normas: - Ter colocado en todo momento o dorsal que será facilitado pola organización do desfile. - Gardar a orde de saída durante todo o desfile deixando unha distancia prudente entre os participantes. - Será de competencia do xurado valorar a impuntualidade dos participantes - Os participantes do desfile que se acompañen de calquera tipo de instalación ou estructura (dispositivo, artefacto, plataformas, carroza, etc .) deberán velar en todo momento pola seguridade dos demais participantes e do público asistente e serán responsables dos danos que poidan ocasionar . - Queda prohibida a utilización de calquera material pirotécnico. - Non está permitido participar no desfile con animais. - Non se permiten representacións de carácter obsceno que poidan ferir a sensibilidade dos espectadores, moitos deles nenos. - É imprescindible ir ataviados co disfrace no momento da entrega de premios, que se efectuará ao remate do desfile

QUINTA.- COMPOSICIÓN DO XURADO O xurado estará composto, como mínimo, por tres membros designados pola organización do concurso. A decisión do xurado é inapelable e poderá declarar deserta algunha das categorías dos premios.

SEXTA.- PREMIOS E AXUDAS Os premios establecidos neste artigo outorgaranse mediante moeda de curso legal, que poderán recoller no propio Concello. Os premios para cada unha das categorías son os seguintes:

ADULTOS: CARROZAS GRUPOS COMPARSAS CON MÚSICA: 1º PREMIO: 700 € 2º PREMIO 500 € 3º PREMIO 300 € 4º PREMIO 200 € 1º PREMIO 300 € 2º PREMIO 250 € 3º PREMIO 200 € 4º PREMIO 100 € 1º PREMIO 300 € 2º PREMIO 250 € 3º PREMIO 200 € 4º PREMIO 100 € PARELLAS INDIVIDUAIS 1º PREMIO 100 € 2º PREMIO 80 € 3º PREMIO 60 € 4º PREMIO 40 € 1º PREMIO 80 € 2º PREMIO 60 € 3º PREMIO 50 € 4º PREMIO 40 € AO HUMOR: 100 € AO ORIXINALIDADE: 100 € INFANTIL: INDIVIDUAIS PARELLAS GRUPOS 1º PREMIO 80 € 2º PREMIO 60 € 3º PREMIO 50 € 4º PREMIO 40 € 1º PREMIO 100 € 2º PREMIO 80 € 3º PREMIO 60 € 4º PREMIO 40 € 1º PREMIO 300 € 2º PREMIO 250 € 3º PREMIO 150 € 4º PREMIO 100 €

Establécese, ademais, unha axuda especial por importe máximo de 200 €, que se concederá a cada unha das carrozas participantes no desfile, para poder optar a dita axuda, teñen que estar inscritas no prazo establecido.

SÉTIMA .- PROCEDEMENTO DE ENTREGA DE PREMIOS

Unha vez rematado o desfile, o xurado levantará acta na que consten os premiados por orde decrecente e por categorías, facendo se entrega dos premios correspondentes, unha vez tramitado o expediente que corresponda, emitíndose xustificante da referida entrega.

OITAVA.- CANCELACIÓN DO DESFILE A organización resérvase o dereito de poder cancelar o desfile, incluso o mesmo día da súa celebración.

NOVENA .- ACEPTACIÓN DAS PRESENTES BASES E PROTECCIÓN DE DATOS DE CARÁCTER PERSOAL A presentación da ficha de inscrición supón a aceptación incondicional das presentes bases e das condicións, requisitos e obrigas contidas nestas. A organización do concurso resérvase o dereito de calquera modificación que por forza maior se vira obrigada a efectuar. A concorrencia ao proceso de concesión de subvencións implicará a manifestación tácita do consentimento inequívoco ao tratamento de datos de carácter persoal e á súa publicación de acordo co previsto na Lei orgánica 15/99, de 13 de decembro, de Protección de datos de carácter persoal. A finalidade da recollida e tratamento dos datos persoais será estritamente a xestión e tramitación do expediente correspondente.